You are currently browsing the monthly archive for Decembro 2010.

Repasando no noso blog (si, aínda temos diso, aínda que sexa tan antigo coma pintar bisontes nas paredes) as entradas correspondentes ao 2010 que remata parece mentira que nos pasasen tantas cousas. Desde logo, nós non o esperabamos. Nos últimos doce meses tivemos de todo, a saber:

– Un cambio de local de ensaio, despois de que o anterior o levase por diante o progreso (o AVE, non o de Lugo).

– Un monte de concertos de presentación da Cuarta potencia.

– Varias visitas ilustres (coma esta dos Nueva Vulcano ou estoutra dos Vistalegre), coas súas festas correspondentes.

– Algunhas críticas que nos fixeron sentir moi orgullosos e outras que nos fixeron rir, entrevistas que nos fixeron sentir gratitude, programas de televisión nos que se acordaron de nós (coma este), e mesmo un libro no que saímos (disque tamén nos citan nun libro de texto de Primaria…)

Aniversarios que pasaron desapercibidos, homenaxes nos que participaríamos mil veces e o noso quinto cumpreanos, que celebramos con versións e unha gomaza histórica.

Debuts acojonantes como L’Uomo di Gomma, o supergrupo xurásico no que toca o baixo Roi.

– Un karaoke no que aparece o noso ‘Calamar’ e un recopilatorio de rock compostelán, Come on Pelegrín, no que sae o ‘Tigre, tigre!

– O Rock en Costa, por suposto!

– O inicio de Detrás da canción, un proxecto en acústico que nos levará por cincuenta localidades galegas de aquí a maio (levamos vinte, máis ou menos), e que nos está abrindo un camiño de guitarras acústicas, trebellos simpáticos e electrónica doméstica que non dubidedes que aproveitaremos para as cancións que veñan no futuro, se é que veñen (as cancións e o futuro).

– E, de postre, un concerto en Varsovia con nevada histórica incluída, unha desas cousas que se recordan toda a vida.

Moitas gracias a todos e a todas os que nos viñestes ver, ou nos levastes tocar, ou nos visitastes, ou nos apreciastes aínda que fose un pouquiño neste 2010. Que teñades un 2011 menos apocalíptico do que se anuncia por aí. E recordade: queredes a goma, pero a goma págase.

 

Gracias ao amigo Rubén Santamarta, aquí está o PDF de La Voz do venres pasado, na que sae a Cuarta potencia como un dos discos destacados do 2010 en Galicia. Merci!

O suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, di hoxe que Cuarta potencia é o segundo disco imprescindible do 2010 en Galicia. O primeiro é o de TAB, e o terceiro o de Nadadora, así que imaxinádevos o que nos alegra o recoñecemento…

Cando teñamos PDF colgámolo!

Hoxe estamos con Detrás da canción en Lugo, mañá en Verín e o domingo en Xinzo. As datas e os sitios, aquí abaixo:

DETRÁS DA CANCIÓN en LUGO
Obradoiro: Telecentro, 18.00h.
Concerto: Casa da Música, 20.00h.

DETRÁS DA CANCIÓN en VERÍN
Obradoiro: Telecentro, Casa da Xuventude, 18.00h.
Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.

DETRÁS DA CANCIÓN en XINZO DE LIMIA
Obradoiro: Telecentro, Casa da Cultura, 18.00h.
Concerto: Salón de actos, Casa da Cultura, 20.00h.

Seguimos adiante con Detrás da canción. Esta fin de semana estaremos en versión acústica en Lugo, Verín e Xinzo de Limia. Antes, como sabedes, Carlos Valcárcel, de Projecto Mourente, dará un curso exprés para facer música na casa.

DETRÁS DA CANCIÓN en LUGO
Obradoiro: Telecentro, 18.00h.
Concerto: Casa da Música, 20.00h.

DETRÁS DA CANCIÓN en VERÍN
Obradoiro: Telecentro, Casa da Xuventude, 18.00h.
Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.

DETRÁS DA CANCIÓN en XINZO DE LIMIA
Obradoiro: Telecentro, Casa da Cultura, 18.00h.
Concerto: Salón de actos, Casa da Cultura, 20.00h.

E na ronda de amigos, o que pasa esta semana é que o xoves Charades dan en Madrid o seu último concerto nunha boa temporada. Dános moita pena! Ademais, o venres estarán aquí, na Capitol de Santiago DC, os Nueva Vulcano, con The New Raemon e Joan Colomo (vaia colección de másters!), nunha festa de BCore. Parece que, despois de tres anos de insistencia, Tule vai por fin visitarnos, aínda que ata que non o vexamos non o creremos.

(A escena transcorre no antigo refectorio dun convento, no que acaban de tocar os The Homens)

Martin Wu: Gracias por vir.

Espectador duns 60 anos e pinta de antigo hippy: Mira unha cousa, Ames é cerca do Milladoiro, de Calo e por aí?

Martin Wu (sorprendido): Mmmm… bueno, si, Milladoiro pertence ao concello de Ames, de feito.

Espectador: E en Ames hai granxas de pitos?

Martin Wu: Pois non lle sei…

Espectador: Pois debe de habelas, porque o meu veciño compra unhas polas que llas traen de Ames e di que poñen dobre, di “mira que poñen estas polas de Ames, eh, son a ostia!”

Martin Wu: …eh…

Espectador: Si, si, polas de Ames.

Martin Wu: …de Ames, si…

Espectador: Aha… Por certo, gustástesme moito, sodes o primeiro grupo que toca en XXXXX ao que se lle entende o que canta, hai outros que levan tantos instrumentos que… para iso que non canten.

Perdoade a falta de noticias; nada máis aterramos (de milagro, o pollo dos controladores cazounos nada máis saír do avión) de Varsovia, xa nos puxemos coa semana fantástica de Detrás da canción, a saber: onte luns estivemos en Chantada, hoxe en Sarria (desde onde escribo) e mañá en Quiroga. O xoves libramos, e venres, sábado e domingo pasaremos por Ourense, O Carballiño e Celanova, respectivamente.

Temos gana de contarvos moitas cousas da nosa viaxe a Polonia, e agora mesmo pouco tempo. Quede apuntado xa o noso agradecemento eterno a Ana Garrido, lectora de galego na Universidade de Varsovia, sen quen nunca teriamos chegado tan lonxe, no xeográfico e no figurado. E tamén a nosa admiración por xente coma Abel, vigués-polaco que en tres meses sairá en chancletas á neve; ou Ana Somoza, a anterior lectora, que nos subiu ao pico mesmo do Palacio das Artes e das Ciencias (a casa da cultura da Diputación de Varsovia); ou Tomek, Aitor e toda a xente que coñecimos e que tivo o valor para vir vernos ao Saturator nunha noite de tranvías avariados, metro de neve e 20 graos baixo cero no exterior.

En breve, fotos e historias (esperamos).

Ah! Xa tedes Tea party, o primeiro EP de L’Uomo di Gomma, no Bandcamp. Enjoy!