You are currently browsing the monthly archive for Novembro 2009.

E moi pronto, nas vosas tendas habituais (as poucas que quedan) e na rede.

Recordade que do noso myspace penduran as dúas cancións de avance de Cuarta potencia, ‘Tigre, tigre!’ e ‘Perfecto’.

Advertisements

Mentres uns van ver a estrea madrileña do disco de Nueva Vulcano e dos Vistalegre, outros investigan os diversos misterios que ocorren na administración de xustiza porriñesa e outros máis se aplican a durísimas dietas, aquí quedan outro par dos vídeos (‘En Malta’ e ‘Desaparece’) que Óscar N. Aguado nos fixo na Festa da Chuvia, en Ribeira, esta primavera pasada.

O xoves que vén tocamos no Museo Provincial de Lugo, entre tinas romanas e o torques de Burela. Jaureguizar contaba onte por que nesta peza en El Progreso.

Recordade que do noso myspace penduran as dúas cancións de avance do disco, ‘Tigre, tigre!’ e ‘Perfecto’.

Este é o aspecto que vai ter por fóra a Cuarta potencia. Vinilos e cedés estanse acabando de gratinar na República Checa, e nuns días terédelos nas tendas, nos nosos concertos e tamén na rede.

Recordade que no noso myspace podedes seguir escoitando as dúas cancións de avance do disco, ‘Tigre, tigre!’ e ‘Perfecto’. Esperamos que vos gusten!

Unha de oldies: rebuscando en fotos e vídeos antigos, atopamos a gravación que Óscar N. Aguado nos fixo en primavera na Festa da Chuvia de Ribeira. Este pedazo (o final do bolo, tocando ‘Prende o sol’ e facéndolle a do látigo á guitarra) non está nada mal.

No noso myspace podedes escoitar outra canción máis do disco novo, que esperamos recibir da fábrica nestes días. Neste caso o tema chámase ‘Perfecto’. No mesmo myspace segue colgado ‘Tigre, tigre!’.

Ah, e este é o cartel da dobre presentación de Cuarta potencia, o 17 dec en DC e o 18 dec na Coruña.

Ir quince minutiños antes polo local: locución que se aplica á pretensión imposible, pero totalmente imposible.. Vamos, que nin de coña.

Á volta da fin de semana prometemos poñernos as pilas para preparar a presentación da nosa Cuarta potencia, o xoves 17 de decembro en Santiago DC (Sala Nasa, 21.30 horas) e o venres 18 na Coruña (Le Club Directo, 22.00 horas). Ben, tampouco é que haxa moito que preparar: a campá xa está encargada, os foguetes veñen de camiño, as explosións quedaron planificadas, os amplis están ben chombados e as guitarras ben afinadas. A parte disto, algunha sorpresa haberá, se non nos pode a folgazamia.

Marchamos de fin de semana recordándovos que no noso Myspace tedes ‘Tigre, tigre!’, un avance do disco, e recomendándovos que escoitedes aos Vistalegre, o supergrupo de Sant Feliu de Guíxols.

No noso Myspace podedes escoitar un avance de Cuarta potencia, o noso novo disco, que estará nas tendas e na rede o próximo mes de decembro. A canción chámase ‘Tigre, tigre’. A ver que tal!

Houbo moitas cousas bonitas a semana pasada na homemaxe aos Beatles que se levou a cabo na sala Capitol de DC: tocar para un local a rebentar, escoitar aos Niño y Pistola ensaiando I am the walrus na ducha dos camerinos, flipar coa Eleanor Rigby que fixo Narf, sentar (por descuido!) sobre a americana de Camilo Franco (perdón!), …

A primeira parte do concerto pode verse aquí e aquí, e hai tamén fotos por aquí (gracias ás persoas ás que roubamos os enlaces). A hora inicial pode escoitarse no arquivo do programa Planeta Furancho, que dirixe o amigo Vituco Neira en Radio Galega Música. A nosa interpretación por aplastamento de Please please me e Helter skelter, ao final da noite, tentaremos conseguila en breve.

Para os que xa non somos tan chavales, tamén foi un gusto coincidir cos Burgas Beat, aos que algúns xa admirábamos, e moito, cando eran Cosecha Roja. E moito máis cando Carlos Rego, ese crack, nos anuncia que a tan mítico grupo ourensán lle acaban de editar un disco con todo o que tiñan gravado nos noventa, e que, ademais, van presentalo por aí en directo. Para empezar, o sábado en Ourense. Viva!