You are currently browsing the monthly archive for Xaneiro 2008.

Sentíndoo moito, debido problemas de saúde, vémonos na obriga de suspender os concertos na Sala Baranda (O Barco) e no Local Social da Gentalha (Compostela), este venres e este sábado.

Pedímosvos mil disculpas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Gripazos aparte (nestes días afectan ao 66,6% dos Homens, e é fácil adiviñar quen é o Super Homen que librou), PORTUGAL MOLA!

Gracias á xente de Porto, Matosinhos, Castelo da Maia e Penafiel por aguantarnos.

Gracias aos Sizo e aos Green Machine por ser os mellores grupo de Portugal (e dunha parte moooi grande do estranxeiro).

Gracias á xente de Audiencia Zero (Daniel, Buteiro, Ricardo…) e achegados (Ortega&Pacheco e primos e irmaos, etc, etc, etc).

E gracias sobre todo a Pedro Cadima, o máis grande entre os grandes. Que tres días máis fantásticos nos deches, amigo!

Ala, despois de botarmos uns cantos sapos pola boca (gracias por aguantarnos!), toca falar de algo diametralmente oposto, algo que non ten nada que ver coa Sgae. Falemos de música!

A fin de semana que vén tócanos enfocar a carriña en dirección sur: volvemos a Portugal. A minixira, organizada por eses cracks de Audiencia Zero, inclúe dous concertos (un deles cos estupendos Sizo, o mellor grupo portugués do momento, palabra), unha entrevista de cobertura nacional no Radio Clube Português e dous showcases (jarl) noutras tantas tendas da Fnac para os que, se todo sae ben e nos dá tempo, habemos preparar algo especial en acústico.

E ah, por dios, que papadelas nos vamos meter…

Venres, 25 de xaneiro.

Showcase. Fnac Santa Catarina, Porto. 17.00 horas.
Concerto. The Homens + Sizo. Tertúlia Castelense, Castelo da Maia, 23.00 horas.

Sábado, 26 de xaneiro.

Showcase. Fnac Norte Shopping, Matosinhos. 17.00 horas.
Concerto. The Homens. Bar do Lago, Penafiel. 22.30 horas.

Tedes que disculpar. Hoxe había algunhas cousas que contar (rollos de vídeos, etc.), pero a cazolada antiSgae de onte e a súa repercusión mediática (escasa, como era previsible, eles pagan páxinas de publicidade nos xornais e nós non) fixo que o plan cambiase. Así que primeiro anoto unha declaración de Teddy Bautista en La Voz e logo comento.

El presidente de la SGAE, Eduardo Bautista, explicó la vocación de la sociedad para la defensa de los derechos de autor frente a la «demagogia de los que piden que sea libre; podrá serlo cuando el pan o las medicinas que los autores también tienen que pagar sean libres».
Demagóxico (e asqueroso) é pretender que botemos o moco polos pobres presuntos autores, que non teñen pan nin menciñas, o mesmo día no que exhibes con toda a chulería do mundo un edificio de 10 millóns de euros.
Demagóxico é dicir que se aposta polos novos valores da música e que na túa presentación en sociedade “los rostros más buscados fueron los de populares como Los del Río o Tam Tam Go!”, e outros famosetes de medio pelo.

Demagóxico é ir de progresista e defender un sistema no que os únicos que gañan son Los del Río, Tam Tam Go!” e outros famosetes de medio pelo.

Demagóxico é dicir que se defende aos autores impoñendo un modelo de acceso á cultura restrictivo e elitista: se tes pasta, les, escoitas e ves; e, senón, fastídiaste. Coma no século XVIII.

Demagóxico é dicir que se defende aos autores cando se fai desde unha asociación rexida pola democracia censitaria: tanto vendes, tanto vales. Coma no século XVIII.

Demagóxico é dicir que non se ten ánimo de lucro e conformar de tapadillo unha rede de empresas, paraempresas, medioempresas e intereses cruzados que se están forrando.

Demagóxico é dicir que se defende aos autores sendo a ÚNICA maneira que existe de percibir os dereitos derivados de, por exemplo, emisións radiofónicas. É dicir, que se na radio poñen unha canción de The Homens, a que cobra por iso é a SGAE. Nós, que non somos socios, temos dúas alternativas: reclamar a NOSA PASTA á SGAE (demostrando que canción se emitiu, en que programa, a que hora, etc.) ou renunciar aos NOSOS DEREITOS para que estes señores lle dean un pouco máis de brillo aos corredores dos seus edificios.

Demagóxico é dicir que se defende aos autores e facerlles pagar PREVENTIVAMENTE aos grupos pequenos por editar un disco, vender as entradas dun concerto, etc, coa promesa de que logo “xa lles devolverán a pasta” (sen a correspondente comisión por gastos dunha xestión que o grupo non solicitou).

Demagóxico é dicir que se defende aos autores cobrando polos dereitos de artistas que non son socios (e outros que nin sequera saben que a SGAE existe).

Demagóxico é dicir que “la música se muere” e ingresar 343 millóns de euros no 2006.

Demagóxico é dicir que se defende aos autores e impedirlles de facto (acosando as redes p2p, “canoneando” os cds e os aparatos) que difundan a súa música da maneira que mellor lles parece.

Demagóxico é dicir que se defende aos autores e pretender que, gracias aos manexos anteriores, nin dios coñeza aos grupos emerxentes e nin dios lles vaia aos concertos. Os chavales, a ver aos triunfitos, que iso é arte.

Demagóxico é disfrutar da xestión dun imposto preventivo, que se cobra “por se acaso”, e comparalo con “impuestos que se pagan por carreteras por las que nunca vas a circular”. Vou ter que darlle unha volta ao meu concepto de Estado.

Demagóxico é aparentar que se ten a razón cando, realmente, o que se ten é a forza a través da capacidade de presionar aos politiquillos de turno (ningún quere ter diante unha manifestación de semideuses creadores encabezada por Pilar Bardem).

Demagóxico é dicir que se defende aos autores metendo detectives privados en vodas, denunciando a discapacitados, ameazando aos buseiros, acosando aos hosteleiros, extorsionando aos propietarios de salas que (oh, pardillos) organizan concertos de grupos que non son socios e que, con todo, teñen que pagar igual.

Demagóxico é parapetar a cultura detrás dun exército de avogados (ou de policías, coma onte no Obradoiro).

Demagóxico é dicir que se defende aos autores cobrándolles a quinta parte do que gañan por pouco máis que ofrecer “protección” (coma a mafia nos peiraos de Nova York).

Demagóxico é defender aos autores sen dicir como, sen contar como se reparten os cuartos, sen explicitar a que se dedica cada un dos chiringuitos que se montan, porque “prexudicaría os intereses dos asociados”.

Demagóxico é defender aos autores á forza, aínda que estes non queiran.

E, con respecto ao de onte (e esta é unha apreciación individual de servidor, Martin Wu), tamén é bastante demagóxico ir de rojeras e dar leccións de patriotismo barato e logo facerlle o xogo a esta tropa.

Sen facer ruído e medio de tapadillo (e nós que pensamos que non tiñan vergoña, o sindicato de piratas presenta hoxe en Compostela o seu mausoleo-camposanto da música, coa presenza dunha auténtica pléyade de jóvenes promesas.

Por iso, recorto e peto de http://antisgae.blogaliza.org/:

Anti SGAE

Komando antiSGAE – Acción cultura libre
17 Xaneiro 2008
Caceirolada anti-sgae

Este xoves 17 de xaneiro con motivo da celebración da ” 5ª Noite dos Autores” por parte da SGAE o Komando Anti-SGAE / Acción Cultura Libre convoca a celebrar unha caceirolada de protesta ás 19:30h. na praza do Obradoiro.

…do Sono-tone, Tres é o segundo mellor disco do ano. Non está mal, coa de cousas chulas que se editaron, non? Moitas gracias!

E a semana que vén, a Portugal!

A fin de semana pasada comprobamos a querencia que ten a xente por traernos produtos do mar aos concertos, cousa que agradecemos enormemente. Se en Ferrol o que nos trouxeron foi unha nécora manca e cocida, na Coruña houbo quen puxo no escenario un calamar-choco-pulpo-pota, azul e de trapo (hai fotos do momento, e agradeceríamos que nolas enviasen!). Moitas gracias!
Con todo,  como non queremos abusar, este venres, en Melide, pensamos ir nós buscar o material. Así que, antes de tocar, temos o firme propósito de mandarnos unha pulpada brutal. Severino, apúntate, que o pulpo non é verdura!

The Homens

Venres, 11 de xaneiro. 01.00h. Pub Gatos, Melide

Entrada de balde!

Para que non se enferruxe a maquinaria, o venres vai o primeiro bolo do 2008!

The Homens

Sala Mardi Gras, A Coruña.

Venres 4 de xaneiro, 22.30 horas, 5 euros.