You are currently browsing the monthly archive for Abril 2008.

Aquí van algunhas fotos da churrascada coa que despedimos catorce anos das nosas vidas. A maior parte de nós tiñamos pelo o día que entramos por primeira vez na Xurásica…

Que eu recorde, estes días andamos de despedida Samesugas, Royalties, The Homens, Fame Neghra, Redullos, Street Fighter, Tonatiu, Pesadelo em Mouronçom, Por Teléfono e outros moitos que ou non lembro.

Vainos custar non desviarnos cando pasemos polo barrio para comprobar que tes a porta ben pechada… Agur, Xurásica.

(A foto é de Janite; en breve, imaxes da despedida).

(engadido: si, esta é a casa na que fixeron todos e cada un dos seus quince ensaios os míticos Pollegros).

 

Cita dobre para esta fin de semana: vémonos o venres ou o sábado!!!

The Homens
Sala Liceum, Porriño
Venres, 25 de abril. 23.00 horas
6 euros (entrada reducida para socios)
 
Sala Universal, Cedeira
Sábado, 26 de abril. 00.00 horas
3 euros

Xa había tempo que non subiamos fotos aquí, así que velaquí algunhas imaxes do sábado pasado en Vilalba. Gracias a toda a xente que foi ao Fardela, e saúdos a César e á súa mai!

Roi, intimidado ante a Montaña de Empanada; dándolle debaixo da luz.

Publico diante do escenario… e tamén detrás.

Wu, poñendo perdidos os pantalóns; Púlpez, director comercial desta casa.

Cun pouco de retraso temos que anunciar que este mércores 16 (é dicir, hoxe), ás oito da tarde (uséase, de aquí a un pedazo), Xocas estará no centro social A Gentalha do Pichel, en Compostela, participando nun debate sobre creación cultural centrado no (infra) mundo da música. Sentarán con el Uxía Senlle, Guadi Galego, Carlos Valcárcel (Projecto Mourente), Anxo (Desequilibrio Mental) e Jara Ortiz (Lúa de Fouce).

Ánimo, Patroni, que tu palabra es la leeeeeeeyyyy…

Nada máis chegar de Xinzo (gracias a toda a xente da Sala Clan!!!) atopámonos con que se van pechando algunhas das cousas que máis ilusión nos fan para os próximos meses. É unha honra para nós, como supermegafans que somos, anunciar que The Homens acompañaremos a Charades na fin de semana do 20 e o 21 de xuño nos concertos que darán en Vigo (Fábrica de Chocolate) e en Ferrol (Run Rum). Se aínda non escoitastes o mellor disco do 2008, xa o podedes facer aquí ou aquí, por exemplo.

En todo caso, quédanos máis próxima esta fin de semana, na que estaremos a Vilalba. Cabe apuntar que a última vez que servidor (Wu) actuou alí fíxoo cun repertorio de pasodobles e cun solo de En er mundo aínda hoxe estarrecedor…

The Homens

Sala Fardela, Vilalba.

Sábado 19 de abril, 23.00h.

 

En breve, máis aventuras en lo-fi, como a nosa probable incursión extrapeninsular, os callos carballineses da Gazpara ou a incrible atracción dos cobradores da ORA de DC pola nosa queridísima carriña…

O Regueifeiro, ese buceador impenitente, envíanos dúas fotos curiosas. Na primeira, Xosé Mendes demóstrase precursor directo de The Homens no estético e no musical, na portada do seu “MANOLIÑO – SINGLE MUY RARO DE VINILO DE 1973 CANTADO EN GALLEGO”; na segunda, Martin Wu aparece aproveitándose dunha Jaguar ao lado de dúas luminarias do pop do país, durante a gravación do que vai ser o segundo disco de Projecto Mourente. A ver se se lle pega algo (a Wu, naturalmente).

 

Sisi, parecen tres, pero é Mendes tres veces…

Aí mesmo, a Xinzo, habemos de ir o sábado que vén.

(Por que demonios me cambian as cousas de sitio os do WordPress?)

The Homens

Sala Clan, Xinzo

Sábado 12 de abril. 00.00 horas

Entrada de balde

 

 

 

Por algunha razón ou malentendido que descoñecemos e nos é alleo, hoxe aparece nalgúns xornais e webs que tocamos en Vigo cos Loretta Martin esta fin de semana; non é así, trátase dunha data que tiñamos pensada hai tempo pero que ao final non se vai levar a cabo.

Pedimos disculpas a calquera persoa á que teñamos confundido e tamén aos xornalistas. Perdón de verdade!

De momento, estas son as datas para abril:

Día 12-4, Xinzo. Sala Clan.

Día 19-4, Vilalba. Fardela.

Día 25-4, Porriño. Bar Liceum.

Día 26-4, Cedeira. Universal.