You are currently browsing the monthly archive for Xullo 2013.

Por causa do terrible accidente de tren de onte, o Concello de Santiago decidiu suspender toda a programación festiva do Apóstolo, incluído, naturalmente, o noso concerto cos Samesugas do sábado pola mañá. The Homens queremos expresar a nosa solidariedade coas vítimas e coas súas familias. E queremos saber, tamén.

Image

 

Para celebrar a nosa reunión do día 27 estamos subindo todo o material que xuntamos desde 2005 nunha páxina de Bandcamp. De momento están arriba todas as edicións oficiais, aínda que a idea é subir tamén rarezas, cancións que fixemos para recopilatorios, cachos de concertos, fotos comprometedoras e vídeos de primera. 

1017687_10151574380469440_1857313910_n

 

Pola hora vella, si. The Homens regresamos provisionalmente aos escenarios o próximo día 27 e vámolo facer recuperando algunhas cancións e algunhas cousas dos nosos inicios como banda, hai sete ou oito anos (que tampouco é tanto). Na imaxe, o noso xefe de estilismo valoran a posibilidade de recuperar a raia horizontal como proposta estética; segundo parece, Amancio Ortega xa se enterou de que volvemos ás táboas e apurou a poñela de moda outra vez.

homens_zonaC5

The Homens estamos de volta. Provisionalmente, de momento por un único concerto, pero aí andamos. O próximo sábado 27 de xullo contra o mediodía volvemos ao escenario dous anos despois da nosa última cabalgada oficial, no 2011, gracias á insistencia e o apoio de Carlangas, de Novedades Carminha, organizador do asunto. O bolo é perfecto, ademais, porque acompañaremos aos Samesugas nunha sesión vermú garaxeira na sala Zona C de Santiago DC

Para a ocasión vamos recuperar a nosa formación orixinal de trío; Cristovo non pode achegarse, e ben que o sentimos. Tentaremos tocar, ademais, moitos dos temas dos primeiros EPs do grupo; se tedes algunha suxerencia será ben recibida.

Ata o momento levamos un par de ensaios e as sensacións son moi boas. Fáltanos ritmo de partido, esquecéronnos algunhas letras e xa non recordábamos como zumban os ouvidos despois dun entreno dos Homens. En fin, nada grave.

Esperámosvos.