You are currently browsing the category archive for the ‘Uncategorized’ category.
A Clásica: dise da enchenta que un se pega o día antes dun concerto importante cos obxectivos de a) relaxar a tensión da véspera e b) chegar ao bolo cunha resaca considerable.
Para celebrar a nosa reunión do día 27 estamos subindo todo o material que xuntamos desde 2005 nunha páxina de Bandcamp. De momento están arriba todas as edicións oficiais, aínda que a idea é subir tamén rarezas, cancións que fixemos para recopilatorios, cachos de concertos, fotos comprometedoras e vídeos de primera.
Esta fin de semana vamos a Carballo, Betanzos e Foz con Detrás da canción.
Venres 25: BETANZOS
Obradoiro: Aula de Teleformación – Centro Cultural Santo Domingo, 18.00h. Concerto: Aula de Culturla – Edificio Liceo, 20.00h.
Sábado 26: CARBALLO
Obradoiro: Telecentro, Pazo da Cultura. 18.00h. Concerto: Pazo da Cultura, 20.00h.
Domingo 27: FOZ
Obradoiro: Telecentro – Casa da Xuventude. 18.00h. Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.