You are currently browsing the monthly archive for Novembro 2010.

… teñen en común moitas erres e máis que nos próximos días vamos tocar por alá: hoxe DETRÁS DA CANCIÓN está no Telecentro de Becerreá (18.00 o obradoiro, 20.00 o concerto); mañá no Barco (o obradoiro no Telecentro ás 18.00, e o concerto no Teatro Lauro Olmo ás 20.00); e o domingo no Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade de Monterroso (tamén ás 18.00h o obradoiro e ás 20.00 o concerto).

Despois de tocar en Monterroso, a metade da expedición (Tomás Ageitos, Marcos Payno e Cristovo, ao que o traballo lle impide vir) volve para Santiago, e os demais marchamos para Madrid, e de Madrid para Varsovia, onde tocaremos o mércores no club Saturator, ás 20.00 horas. Polo visto, ese día pola mañá habemos falar de rock galego na Universidade. Xa vos contaremos.

L’uomo di Gomma estarán mañá xoves, ás nove e media, na Sala Capitol de Santiago DC, celebrando o aniversario de Opachavales.com, con bandas como Fluzo, Metralletas Lecheras e Tetra&Freek. Unha boa alternativa mentres se espera polo seu triunfante primeiro EP, a punto de saír do forno.

Este é o programa de mareas que temos de aquí a fin de ano. Chégalle ben!

Novembro

Venres 26: DETRÁS DA CANCIÓN en BECERREÁ. Obradoiro: Telecentro, 18.00h. Concerto: Telecentro, 20.00h.
Sábado 27: DETRÁS DA CANCIÓN no BARCO DE VALDEORRAS. Obradoiro: Telecentro, 18.00h. Concerto: Teatro Lauro Olmo, 20.00h.
Domingo 28: DETRÁS DA CANCIÓN en MONTERROSO. Obradoiro: Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade, 18.00h. Concerto: Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade, 20.00h.

Decembro

Mércores 1: THE HOMENS en VARSOVIA (formato trío e en eléctrico). Saturator, Listopada 22, Varsovia (Polonia). 20.00h.
Luns 6: DETRÁS DA CANCIÓN en CHANTADA. Obradoiro: Telecentro, 18.00h.Concerto: Igrexa Parroquial, 20.00h.
Martes 7: DETRÁS DA CANCIÓN en SARRIA. Obradoiro: Telecentro – Casa da Cultura, 18.00h. Concerto: Salón de Actos, Casa da Cultura, 20.00h.
Mércores 8: DETRÁS DA CANCIÓN en QUIROGA. Obradoiro: Telecentro, Casa da Cultura, 18.00h. Concerto: Salón de actos, Casa da Cultura, 20.00h.
Venres 10: DETRÁS DA CANCIÓN en OURENSE. Obradoiro: Telecentro, 18.00h. Concerto: Auditorio Municipal, 20.00h.
Sábado 11: DETRÁS DA CANCIÓN en O CARBALLIÑO. Obradoiro: Telecentro, 18.00h. Concerto: Auditorio Municipal, 20.00h.
Domingo 12: DETRÁS DA CANCIÓN en CELANOVA. Obradoiro: Telecentro, Edif. Mosteiro, 18.00h. Concerto: Salón de Actos do Claustro Barroco, 20.00h.
Venres 17: DETRÁS DA CANCIÓN en LUGO. Obradoiro: Telecentro, 18.00h. Concerto: Casa da Música, 20.00h.
Sábado 18: DETRÁS DA CANCIÓN en VERÍN. Obradoiro: Telecentro, Casa da Xuventude, 18.00h. Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.
Domingo 19: DETRÁS DA CANCIÓN en XINZO DE LIMIA. Obradoiro: Telecentro, Casa da Cultura, 18.00h. Concerto: Salón de actos, Casa da Cultura, 20.00h.
Luns 27: DETRÁS DA CANCIÓN en ALLARIZ. Obradoiro: Telecentro, Casa da Mocidade, 18.00h. Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.
Martes 28: DETRÁS DA CANCIÓN en A CAÑIZA. Obradoiro: Telecentro, Casa da Cultura, 18.00h. Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.
Mércores 29: DETRÁS DA CANCIÓN en PONTEAREAS. Obradoiro: Conservatorio Municipal Reveriano Soutullo, 18.00h. Concerto: Centro Artístico Sportivo, 20.00h.

Defecar: Por algunha razón que se escapa, os que tocamos en grupos, xente culta e preparada, pasamos un montón de tempo falando de necesidades fisiolóxicas básicas, a saber: comer, beber, foder e cagar. A este último e esquecido tema de conversa dedicaremos este pequeno vocabulario de sinónimos de defecar, atribuído cada un ao seu músico autor. Agradécense aportacións a maiores.

Estame tocando tela: teño moitas ganas de cagar. Paul Mellish, batería dos Fulsomes.

Liberar a Nelson Mandela: cagar. Santi García, Vistalegre. (Existen variacións como liberar a Willy ou liberar al soldado Ryan).

Asomar la tortuguita: ter moitas ganas. Álex García, Samesugas.

Darle sabor al caldo: cagar. Roger Ortega, Vistalegre.

Facer a de ***, sendo *** o nome dun músico que non vamos mencionar: cagar xusto antes de saír tocar. Varios.

Alternativa gráfica: pinzar o índice e o pulgar deixando asomar a punta do nariz: ter moitas ganas de cagar. LeRoi, baixista de The Homens e de L’uomo di Gomma.

Poñer unha conferencia con Lima ou capital mundial a distancia similar: cagar. Martin Wu, The Homens.

Vou facer algo que ninguén pode facer por min: vou cagar. Seve, Iribarnes

Dentro de quince días marchamos por aí adiante. O día 1 de decembro tocamos no Saturator, en Varsovia, gracias á intercesión de Ana, a lectora de galego da universidade da capital polaca. Por cuestións de calendario, iremos en formación trébol: Cristovo quedará por aquí, pero tomaremos un par delas á súa saúde.

Estamos tan emocionados que non sabemos se levar bermudas ou slip…

O rocanrol galego ten novos reis, L’uomo di gomma. Se o venres non fostes velos debutar en Santiago DC, tedes dúas opcións: unha, rasgarvos as vestiduras por térvolo perdido (foi enorme, enormísimo); a outra, esperar uns días a que colguen no seu Bandcamp as cancións que rexistraron, first take, a mañá despois, aínda na goma.

É que se non vos enterastes é porque non andades ao que hai que estar… Mañá venres debutan L’Uomo di Gomma en La Radio, Santiago DC, e se volo perdedes vades estar chorando de rabia o resto da vida… Avisados!

Escapade de DC, que aínda habedes levar uns paos aproveitando que nos visita o apóstol da ignorancia… Se non tedes ánthrax que botar mañá sábado no Obradoiro, podedes vir comer, bailar e idear plans de catolicidio ao Camiño a Teo, en Solláns, Calo. Toda a información, aquí.