You are currently browsing the monthly archive for Xaneiro 2011.

Santiago DC, que é a nosa casa; Ribeira, que é coma se o fose; e Negreira, que está aí ao lado, son os lugares aos que nos vai levar en formato acústico Detrás da canción na próxima fin de semana. Esperamos vervos!

Venres 4: SANTIAGO DE COMPOSTELA
Obradoiro: Telecentro, Facultade de Xornalismo, 18.00h. Concerto: Centro Cultural do Ensanche, 20.00h.

Sábado 5: RIBEIRA
Obradoiro: Telecentro, Confraría de Pescadores, 18.00h. Concerto: Auditorio Municipal, 20.00h.

Domingo 6: NEGREIRA
Obradoiro: Telecentro, Casa da Cultura, 18.00h. Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.

Esta tremenda fotaca sacóunola Janite, por suposto, o outro día no Teatro Principal de Pontevedra.

Venres 4: SANTIAGO DE COMPOSTELA

Obradoiro: Telecentro, Facultade de Xornalismo, 18.00h. Concerto: Centro Cultural do Ensanche, 20.00h.

Sábado 5: RIBEIRA

Obradoiro: Telecentro, Confraría de Pescadores, 18.00h. Concerto: Auditorio Municipal, 20.00h.

Domingo 6: NEGREIRA

Obradoiro: Telecentro, Casa da Cultura, 18.00h. Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.

Non contento con regalarnos optimismo e botellas de caña tostada (a coñecida Goma de Mourente), Carlos, Mourente, acaba de subir uns vídeos do concerto acústico que demos o domingo pasado en Marín nos que non quedamos tan mal. Poden verse abaixo ou picando aquí e máis aquí. Iso si, en canto chegue á casa afeito as pseudobarbas!

Un Homem a outro dos Homens: Oes, se falleces déixasme escribirche un obituario que se titule ‘Un Tocornal del bajo’?

Si, efectivamente, estamos deixando que nos medren as barbas, uns con máis éxito que os outros.

Ir na furgoneta con Mourente é sentir como sóbe a agulla no marcador do optimismo; é poder falar de lingüística medieval e de porno guarro; é recordar vellos tempos e descubrir cousas novas; é comprobar con datos que a cousa pinta mal e, ao tempo, buscar solucións prácticas e imaxinativas; é facerlle a falsada de obrigalo a subir ao escenario a cantar unha canción sen previo aviso e diante da súa familia e que acabe dándoche as gracias; é vitamina contra os que temos tendencia ao ludismo; é, tamén, acabar de tocar e atopar dous pisos de pizza esperando detrás do escenario. Ir na furgona con Mourente é un gusto!

E nós repetimos pracer esta semana, nunha nova tirada de Detrás da canción:

Venres 21: TUI

Obradoiro: Telecentro, Área Panorámica, 18.00h. Concerto: Sala Área Panorámica, 20.00h.

Sábado 22: PADRÓN

Obradoiro: Aula de informática do Centro Social, 18.00h. Concerto: Auditorio do Centro Social, 20.00h.

Domingo 23: MARÍN

Obradoiro: Telecentro, Biblioteca, 18.00h. Concerto: Salón de Actos da Biblioteca, 20.00h.

Probas no Auditorio de Lalín

Venres 21: TUI

Obradoiro: Telecentro, Área Panorámica, 18.00h. Concerto: Sala Área Panorámica, 20.00h.

Sábado 22: PADRÓN

Obradoiro: Aula de informática do Centro Social, 18.00h. Concerto: Auditorio do Centro Social, 20.00h.

Domingo 23: MARÍN

Obradoiro: Telecentro, Biblioteca, 18.00h. Concerto: Salón de Actos da Biblioteca, 20.00h.

Un grupo imprescindible, L’uomo di Gomma, e un sitio imprescindible, o Bar Tolo (Fonte de San Miguel, 8, Santiago DC). Pode haber mellor plan para a noite do martes? Alí nos vemos, mañá ás 21.00 horas.

Aquí vai outra tirada máis de Detrás da canción. Esta fin de semana vamos a Pontevedra, Lalín e Fisterra. Vémonos alá, ou que?

DETRÁS DA CANCIÓN – The Homens e Projecto Mourente

Venres 14: PONTEVEDRA

Obradoiro: Telecentro, Campus da Xunqueira, 18.00h. Concerto: Teatro Principal, 20.00h.

Sábado 15: LALÍN

Obradoiro: Telecentro, Auditorio Municipal, 18.00h. Concerto: Auditorio Municipal, 20.00h.

Domingo 16: FISTERRA

Obradoiro: Aula de informática, Concello, 18.00h. Concerto: Salón de actos do Concello, 20.00h.

Empezamos o 2011 con vídeos:

Neste de aquí podedes ver as dúas cancións que fixemos hai algo máis dun ano no Beatles Revolver, a homenaxe aos máis grandes que se fixo na Sala Capitol de DC. Arrancamos con Please, please me e rematamos montando unha bulla do quince con Helter skelter, que quedou moi ben.

– E nestoutro está parte da despedida do ano o pasado venres 31 en Radio Galicia – Cadena Ser, con César Carracedo no micro, Manel Pardo na cámara e Miguel Varela ao son (todos eses nomes que sabemos de carrerilla os que prendemos a radio ás 7 da mañá e non a apagamos ata a noite: unha honra!).

Mañá martes 4 estamos no Multiusos da Xunqueira de Redondela con Detrás da canción. Ademais de asistir ao curso de música caseira de Projecto Mourente (18.00) e de escoitar o noso concerto (20.00), os que veñades poderedes dar testemuña dalgunha das resacas máis longas da historia. Dígoo polo silencio sospeitodos dalgúns que ou morreron no intento ou aínda están coa bolsa de xelo encima da cabeza…

Hai alguén aí?