You are currently browsing the monthly archive for Decembro 2007.

Dáme a min que o 2007 vai ser un ano difícil de esquecer… Porque o 2007 foi 0 ano de Tres, o ano de Sant Feliu, de Santi, de Víctor, de Tule, de Berta e de toda a xente do Atzavara; o ano no que fomos tres veces e media a Carballo (e ningunha delas compramos lotería de nadal), do Artenativa, da festa da UAB, do aniversario da Molinera, do Orgullo LGTB, o ano da carriña!!!; do Rock en Costa máis roquista; do glorioso debut de Projecto Mourente, que parece terlle collido gusto ao tema, e de Fanny & Alexander; o ano no que os Adolescents nos volveron á adolescencia; no que nos namoramos aínda máis de Nueva Vulcano; do videoclí, que deber estar a punto de saír, que ganas!; no que nos dixeron que en 2008 quedamos homeless total; no que coñecimos o Cau del Pescador e a Euskal Etxea e tantos e tantos restoráns e asadores que hai polo mundo adiante (e por iso xa valeu a pena vivilo); e de demasiadas cousas boas como para que me acorde delas todas xuntas e, ademais, ande pola rede buscando enlaces coma un friqui. Lástima que, contra o final, o ano se nos estropease cunha inesperada noticia luctuosa

GRACIAS POR ESTE 2007!!!

NO 2008 MÁIS E MÁIS BONITO!!!!!

Advertisements

Esteeeee, unha pregunta: se algúns somos tan sumamente estúpidos que animamos á xente a que descargue as nosas cancións, se queremos que as copien e as regalen aos parentes, se nos encanta que as empreguen gratuitamente para ilustrar vídeos varios… vai haber CD-Rs, DVDs, discos duros, memorias USB, etcétera, libres de canon para almacenar os temas de The Homens? Ou, do contrario, quen vai levar eses cartos que non lle corresponden?

En definitiva, quen nos vai meter a man na carteira?

Velaquí a modesta aportación de The Homens á cada vez máis potente Liga Nacional de Bilarda, vía Besbelliña. Necesitamos un Gasol palanador xa!

Por moitas, moitísimas, razóns que non vén a conto explicar, Ferrol arrasa. Esta fin de semana, no Run Rum, volvímolo comprobar. Amigos e amigas, ferrolanos e ferrolanas: o de traernos nécoras (vale, en realidade só foi unha, a saber o que fixestes co resto da fonte, so famentos) ao escenario foi do máis friqui, divertido e bonito que nunca nos pasou.

Moitas gracias a todos! Vémonos en XANEIRO no Mardi Gras.

1197848360_f.jpg

A foto é de fotolog.com/casalupita . Gracias!

Nalgunha outra ocasión temos xa expresado a nosa idea de que Ourense é a auténtica Rock City, GZ, baseándonos coma sempre en probas incontrovertibles como a lonxitude e densidade das patillas dos habitantes da súa escena. Mirándoo desde o mesmo prisma pseudocientífico, non nos queda máis remedio que nomear Ferrol como Pop City, GZ. De onde senón terían saído luminarias coma os Quant, os Bang 74 ou Boy Elliott? Por que, senón, se ían celebrar nos seus arredores algúns festivais clave no mundo da melodía? Como podería ser, senón, que ata os grupos máis contundentes e proletarios tivesen o seu corazonciño novaoleiro?

Esta fin de semana tócanos outra visita máis. Non vos fagades os de Cobas e vide!!!

 THE HOMENS

15 de decembro, 22 horas, 5 euros. Sala Run Rum, Rúa Real 223, Ferrol.

Definitivamente, tocar dúas datas seguidas e ter un fondo físico deplorable son cousas bastante incompatibles. Así que, desde a convalecencia postconcertil queremos darvos as grazas a todos os que estivestes en Carballo e en Vigo esta fin de semana, queremos declarar a nosa admiración absoluta por Kiko, da Reserva, e polas tortillas da súa mai, queremos afirmar o noso amor incondicional polos Zarpaelamor DJs, e queremos recomendarvos encarecidamente aos Sizo, toda unha revelación, do mellor que vimos en moito tempo.

dscf4532.jpg

Aquí unha vista dos Homens encerrados no cercado no que se convertiu o escenario da Fábrica de Chocolate…

dscf4558.jpg

… e aquí os Zarpadilleis en plena sesión (o de que empezasen con Parchís foi petición de Martin Wu, e só a el hai que botarlle a culpa).

(As fotos son dos Zarpa).