You are currently browsing the monthly archive for Maio 2009.

Seguro que xa vistes o cartel pegado por aí adiante, se vivides en DC; senón, quedades avisad@s de que o Rock en Costa volve este ano con máis rocanrol!!!

Costa_pequeno

Advertisements

Homem: Que tal o concerto, como o viche?
Músico fenomenalmente peinado: Ostia, bien, joder, cojonudo, vamos… er… por lo menos os movéis en el escenario!

Borjita: Espírito maligno que se mete no corpo das persoas humanas para que fagan coros con moitazzzzzzzzzzz ezezzzzzzzzzzz…

Homem: Que tal, que che pareceu o concerto?
Amiga: ¡COMO DIOS! ¡YA NO PARECÉIS MARICONES!!!

Xa queda menos! Nun par de meses, a continuación de Tres estará medio gravada. Nós seguimos dándolle: de momento temos montadas unhas catorce cancións, algunhas completamente rematadas, e outras ás que en ocasións lles faltan cachos de letra, ou letras enteiras, ou finais, ou aires, ou transicións, ou o que sexa. A verdade é que xa hai ganas de ver como queda o disco; aparentemente, vai saír bastante máis cabreado que o anterior, supoño que porque nós tamén estamos algo máis cabreados. E hai que botar o bicho fóra!

Manifestacións, nomeamentos, discursos máis ou menos pomposos e actos máis ou menos repipis… Nestes días que preceden ao día de nuestras letriñas, recomendamos un plan: ir ver o concertazo do sábado na Alameda, organizado polo Pichel, no que actúan a Magnifique Band de Homes sen Medo, s amigos de Quempallou, e sobre todo dous grandes entre os grandes, Royalties e Projecto Mourente. Se hai que extinguirse, extingámonos bailando.

Vaia discazo o que acaban de sacar os GalegoZ. Viñeron da Galiza interior ten temas impresionantes: Apocalipse agora é do máis grande que se escoitou por aquí en moito tempo. Por encima de ser tan bos, os pavos din cousas cousas coma esta: “En realidade montamos o grupo para meternos coa Igrexa e co PP” (via Vieiros, non perderse a entrevista e o vídeo).

E xa se pode descargar polo moroco na Regueifa!

Ah, Compostela, faro cultural de Occidente, estaste poñendo máis mussoliniana cada día que pasa… É sabido que tocar nesta meca do pailanismo cultural era fastidiado para os grupos pequenos (é dicir, os que non poidan facer desembolso para pagar o alugueiro dunha sala ou non lles presten o Multiusos ou o auditorio do Monte do Gozo para tocar a 80 euros o ticket). Pois ben, parece que agora a diana dos showstoppers está posta nos poucos sitios que quedaban, tipo a sala Nasa ou a Gentalha do Pichel. Este último local está ao borde do peche, e precisan colaboración. Cortamos e pegamos directamente da súa web.

Como sabedes, há meses que o conde Roa mantém umha cruzada para fechar os nosso centro social.

Um último passo separa-nos de ter todos os papéis do local em regra: habilitar um elevador para discapacitados/as. O custo é de 10.000 €, mas só temos um mês para o lograr. O primeiro pagamento da máquina, aliás, deverá ser feito nesta mesma semana (5000€).

Este é o prazo que nos dá a Cámara Municipal para solucionarmos os problemas de acesibilidade; se nom o cumprirmos, o Pichel será clausurado.

No local já estám disponíveis os bonos de ajuda; também disponibilizamos um número de conta de Caixa Galicia: 2091 0316 92 3000223595
(Devedes pôr no conceito
“achega para o elevador”)

Que o Pichel continue aberto custa 10.000 €, mas calar a boca do conde Roa nom tem preço!!

En maior ou menor medida, todos os músicos (ou pseudomúsicos, como é o meu caso, son Wu) temos ídolos, ou espellos, ou faros, ou como se lle queira chamar. Máis ou menos todos precisamos mirar para alguén e dicir: “eu quero tocar coma ese”, “eu quero moverme coma ese”, “eu quero levar a correa da guitarra tan baixa coma ese”. En numerosas ocasións é difícil comprender por que ese batería peñazo que dá tantos golpes nos timbais é ídolo de alguén, ou como é que alguén pode admirar a ese baixista que padece horror vacui sonoro. O máis difícil, con todo, é entender por que a maior parte dos guitarristas admiran a eses tipos que se corren encima do escenario movendo os dedos a toda castaña e facendo solos máis aburridos que a misa de doce.

Eu teño un ídolo guitarrístico claro desde hai moitos anos, algo así como dez ou doce. Chámase J. Pombo, é capaz de facer tres octavas coa man esquerda e poucos teñen tanto estilo coma el bailando nunha Telecaster. Non é peloteo, non é que Pombo sexa o meu amigo (que tamén), é que é así.

O grupo de Pombo, The Lorchas, toca o sábado no Centro Sociocultural do Castiñeiriño, en Santiago DC, ás nove da noite e de balde, cos tamén composteláns Dirty Socks. Os Lorchas (as tres jotas, J.Pombo, J.Torres e J.Iglesias) son probablemente o mellor grupo que deu a cidade nos últimos dez anos, e non son moi pródigos en actuacións, asi que convén ir aproveitando. E flipando. Flipando largamente.

Lorchas e Dirty Socks, no CSC do Castiñeiriño

Lorchas e Dirty Socks, no CSC do Castiñeiriño

Pero que disaign extremo!!!

Non o noso, evidentemente, que aínda está en proceso de creación e que dificilmente se achegará a esa cualificación, senón o novo de Fanny+Alexander. Pode descargarse aquí.