You are currently browsing the monthly archive for Xaneiro 2010.

A Xurásica 2 é historia: Adif e a súa revolución no transporte para ricos mandáronnos vaciar a casa na que ensaiamos os Lorchas, os Royalties, os Samesugas e máis nós e marchar coa música a outra parte, porque o derrubo é inminente. Así que, por segunda vez en menos de dous anos, outra vez estamos na rúa, buscando local para ensaiar. No medio dunha xira e co fácil que está o tema…

Se sabedes de alguén que teña unha casa ou un local no que unha ducia de roqueiros limpos e responsables se poidan meter a ensaiar, agradecémosvos que nolo fagades saber. Está visto que o rocanrol é para xente con chalé e garaxe.

Adeus, Xurásica 2

Adeus, Xurásica 2

Advertisements

Eufalo.tv, un “documental colaborativo sobre a lingua e os falantes”.

Piña negra: volume brutal; é dicir, o de sempre. Piña negra arriba: úsase cando o volume dos amplificadores e dos monitores é tan alto sobre o escenario que che retemblan as cachas.

Estivo moi ben o do venres en Vigo: vimos a xente á que queremos, coñecimos a xente á que admiramos, fomos perseguidos por un equipo de televisión durante case toda a tarde e a noite, tocamos a un volume considerable, suamos coma porquellos e aínda houbo uns cantos que se achegaron ao escenario a dar os parabéns, e non sabedes como emociona iso. O amigo Arume dos piñeiros describe o concerto aquí, e Iotaiota postea aquí unhas fotos acojonantes.

Se é que temos moita sorte. Gracias a todos!!!

The Homens en La Iguana Club - Fotos de Iota Iota

The Homens en La Iguana Club - Fotos de Iota Iota

Ah, e, ademais, andando a fin de semana enterámonos de que partirlle os fuciños a alguén non é tan grave dependendo de quen sexa o agresor…

Iso, que con gallumbos ou sen eles, mañá venres estaremos en Vigo presentando Cuarta potencia. Vídevos que van ser unhas risas.

The Homens
VEN 22 XAN, 00.00 h. 5€
La Iguana Club, Vigo

Ah, moitas levamos feito en Vigo, a onde volvemos este venres para tocar (La Iguana Club, 22 xan, 00.00 horas, 5 euros)… Pero ningunha como aquela sesión de fotos que nos fixo Janite na praia de Samil para Tres, en pleno agosto do 2007, o mesmo día no que tocabamos no Artenativa de Valga. Unha desas imaxes é a do famoso intercambio de gallumbos que pasamos a publicar aquí abaixo, a ver se mostrando carnes gañamos algo de público.

O novo disco das Charades xa está á venda, e podedes escoitalo no seu myspace. É moi bonito!

E, para os que nos preguntades por que deixamos de levar camisetas de raias (ben, ninguén nos pregunta, pero temos gana de facer o chiste), dirémosvos que llas vendimos todas a estas dúas mozas canadenses para conseguirmos, en tempos de crise, dinero cash.

Gracias, Noel 🙂

Óscar Iglesias sácanos hoxe moi guapos e moi ben acompañados no suplemento Luces de El País. O texto pode lerse aquí.

A preciosa foto de abaixo fíxonola o Regueifeiro o día 17 de decembro na sala Nasa, e sérvenos para pedirvos un favor: se tedes máis imaxes dese día ou do seguinte, no Le Club da Coruña, faríades o favor de enviárnolas a thehomens@gmail.com ? Andamos escasos…

A última vez que tocamos na Iguana, en Vigo, corría o 11 de febreiro do 2006, a xente especulaba vendendo e comprando pisos, dabamos o noso noveno concerto (cos Mallory Knox), eramos tres, Wu só tiña dous pedais e Roi non gastaba ningún. Janite retratounos como se ve máis abaixo no camerino do mítico local ao que volveremos o día 22.

…que podedes descargar Cuarta potencia desde a nosa web? E que o podedes escoitar tamén no noso myspace? E que o podedes comprar nas vosas tendas habituais, ou pedilo en sitios coma este, este, ou incluso coma este? Ou que o podedes encargar directamente a Lixo Urbano escribíndolles a lixourbanodiscos@gmail.com mentres se prepara a súa tenda online?

Ai si? Disculpade entón.