You are currently browsing the monthly archive for Outubro 2010.

Nace por fin a primeira banda interesante (importante!) desde 1994. O supergrupo xurásico L’uomo di Gomma (Josete, Ramón, Pombo e LeRoi) debutará o venres 12 de novembro no Club La Radio de DC, ás 22.00 e por 4 euros que logo eles gastarán en viño. De momento teñen páxina en Facebook e un Bandcamp que empezarán a encher de cancións (tremendas) dentro de moi pouco.

Coño, quedoume isto escrito de tal maneira que me falta dicir que, para colmo, son bellísimos y un verdadero encanto… Ah, ars longa, vita brevis…

Ah, outro novo grupo xurásico, os Tommy Gun, concursan en Musicando Carvalho Calero. Podedes votarlles aquí.

 

Advertisements

Wu, botando liñas de micro no escenario improvisado do primeiro piso dun antigo colexio: Ah, eu que de cativo soñaba con tocar no CBGB

Le Roi: …e acabaches tocando no EGB

Achégase a primeira tirada de Detrás da canción, o proxecto que nos levará por 50 localidades galegas, a nós e ao Projecto Mourente, de aquí ao mes de maio. Para a semana estamos o luns 11 en Monforte (obradoiro e concerto no Edificio Multiusos), o martes 12 en Castro Caldelas (obradoiro e concerto no Telecentro do Castelo), o venres 15 en Sigüeiro (obradoiro no Telecentro de Sigüeiro e concerto no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa), o sábado 16 en Arzúa (o obradoiro no Edificio Sociocultural e o concerto no Recinto Feiral) e o domingo 17 en Melide (obradoiro e concerto no Edificio Multiusos). Os obradoiros son ás 18 horas e os concertos ás 20.

Tedes máis información e a posibilidade de inscribirvos na web de Detrás da canción.

Detrás da canción unha actividade destinada a mozos e mozas a partir dos 12 anos. Por unha parte, pretende demostrar que compoñer cancións e gravalas é algo doado e que calquera pode facer cunha mínima calidade; e, pola outra, mostrar como o galego é un idioma tan válido coma calquera outro para a expresión musical. Consiste nun curso de música caseira, dirixido por Carlos, que explica en dúas sesións de 50 minutos como compoñer, gravar e colgar unha canción en internet con ferramentas moi básicas; e, posteriormente, nun concerto acústico noso. A acción está incluída na programación Bocaberta, da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Onte saímos entrevistados (e facendo o tonto, como é habitual) en VClips, o programa de VTelevisión. Podedes vernos aquí; saímos do medio para o final, pero a canción de Fluzo que hai antes é bestial.

Este inverno vai ser diferente para nós. Despois de cinco anos xirando sen parar en formato eléctrico hipervitaminado, estamos dándolles unha volta ás cancións para presentalas cun son máis ou menos acústico dentro da actividade Detrás da canción, que empeza para a semana. Nela andamos embarcados nós e o noso querido irmán Carlos Valcárcel, Projecto Mourente, e vainos levar a cincuenta localidades galegas de aquí ao mes de maio.

Detrás da canción é unha actividade destinada a mozos e mozas a partir dos 12 anos. Por unha parte, pretende demostrar que compoñer cancións e gravalas é algo doado e que calquera pode facer cunha mínima calidade; e, pola outra, mostrar como o galego é un idioma tan válido coma calquera outro para a expresión musical. Consiste nun curso de música caseira, dirixido por Carlos, que explica en dúas sesións de 50 minutos como compoñer, gravar e colgar unha canción en internet con ferramentas moi básicas; e, posteriormente, nun concerto acústico no que nós tentaremos revirar as nosas cancións e non pasar moita vergoña (é fodido tocar sen un monte de vatios petándoche nas cachas!). Para levalo a cabo contamos co apoio económico da Xunta e co asesoramento técnico e a paciencia de Tomás Ageitos, que nos vai poñer a andar.

Para a semana estamos o luns 11 en Monforte (Telecentro), o martes 12 en Castro Caldelas (Telecentro), o venres 15 en Sigüeiro (Telecentro), o sábado 16 en Arzúa (Edificio Sociocultural) e o domingo 17 en Melide (Edificio Multiusos). Os obradoiros son ás 18 horas e os concertos ás 20.

Tedes máis información e a posibilidade de inscribirvos na web de Detrás da canción.

Alá vamos!

Aínda non remataron a súa xira os Vistalegre e xa estamos desexando que volvan visitarnos… Foron dous días de comer moito e tocar moi forte, e de emocionarnos coas súas cancións e co boa xente que son. Marc, Santi, Roger, Xavi, Albert, volvede pronto e nunca pasedes fame!

Aquí abaixo van un par de fotos roubadas do Facebook de Santi García, a quen adoramos cada día un pouco máis.

Para a semana contámosvos de que vai unha aventura que nos levará durante todo o inverno a tocar en cincuenta localidades galegas en formato case case acústico. Unhas risas!