You are currently browsing the category archive for the ‘Tres’ category.

Ah, moitas levamos feito en Vigo, a onde volvemos este venres para tocar (La Iguana Club, 22 xan, 00.00 horas, 5 euros)… Pero ningunha como aquela sesión de fotos que nos fixo Janite na praia de Samil para Tres, en pleno agosto do 2007, o mesmo día no que tocabamos no Artenativa de Valga. Unha desas imaxes é a do famoso intercambio de gallumbos que pasamos a publicar aquí abaixo, a ver se mostrando carnes gañamos algo de público.

Advertisements

Enorme a reportaxe do último suplemento EXIT do Xornal de Galicia sobre o bizarrismo roqueiro do país, con Rafa Anido ameazante na portada, unha recua de grandes grupos e unha homenaxe máis que merecida á mellor sala (?!…realmente é moito máis!) de toda Galicia, A Molinera de Cao, onde tivemos a honra de presentar o noso Tres e o resto dos EPs. Podedes lelo enteiro aquí.

Os lectores do Xornal de Galicia consideraron que o noso Tres foi o mellor disco do 2008. Gracias a miles!!! Podedes ver a reportaxe no suplemento Exit picando aquí.

Xa pensando no 2009, non se pode dicir que non choiemos. O xoves 22 deste mes vai haber na sala Nasa de Santiago DC un concerto solidario con Lydia Cacho, unha xornalista mexicana perseguida por mafiosos e políticos (juntos de la manooo se les ve por el jardíiiiinnnn…) por denunciar as tramas de pederastia e pornografía infantil no seu país. Isto é o que di a nota da organización:

“Un grupo de avogados internacionalistas levarán o caso de Lydia Cacho, xornalista e escritora mexicana, diante do Tribunal Internacional de La Haya en febreiro do 2009. Ela será a primeira persoa a quen a Fundación Lydia Cacho apoie na súa batalla legal contra un Gobernador e un empresario que pactaron a súa detención ilegal e a súa violación a cambio de dúas botellas de brandy. O seu delito: ter denunciado unha rede de pederastas con empresarios e políticos mexicanos implicados. A súa vida hoxe aínda corre perigo”.

“Axúdanos a financiar a súa defensa. O traballo de quen se arrisca para informar de asuntos infames cómpre ser defendido. A FLC dá apoio económico e legal a persoas e colectivos que tras denunciar delitos de corrupción e impunidade contra dereitos humanos, son ameazados e as súas vidas corren perigo”.

Naturalmente, nós habemos estar, tocando, claro, e tamén The Ellas, Kimuru e Quico Cadaval. Máis información sobre o concerto, entradas e demais aquí.

22 de xaneiro 2009 (xov): Sala Nasa, Santiago D.C. 21.30h. Concerto solidario con Lydia Cacho. Con The Ellas, Kimuru e Quico Cadaval.

6 febreiro 2009 (ven): Sala 600, Melide. 00:30h.
15 de febreiro 2009 (dom): Sala Nasa, Santiago DC. En principio con Os da Ria, Quempallou e Dakídarria, organizado pola plataforma Galiza non se vende.
27 febreiro 2009 (ven): El Ensanche, Vigo. 23:00h.
7 marzo 2009 (sab): La2, Barcelona. Con Samesugas. 22.00h.
21 marzo 2009 (sab): Babel, Lugo. 23:30h.
5 abril 2009 (dom): Aturuxo, Bueu. 21.30h.
17 abril 2009 (ven): Liceum, Porriño. 23.00h.
30 Abril 2009 (xoves): Fábrica de Chocolate, Vigo, 22.00h.

La bola que a todo el mundo le molaaarl...

(A foto, tomada en novembro no Ultramarinos, é mangada do Facebook do grupo, vía Keko).

Vai aló un ano desde que se editou Tres, e desde aquela pasaron unhas cantas cousas… Gracias a todos os que viñestes vernos nestes meses de presentación, aos que mercastes o disco, aos que o baixastes de interné e tamén a todos os demais!

Por certo, se queredes que toquemos na vosa sala, salón, festa, festi, chigre ou tigre podedes poñervos en contacto desde xa coa nosa nova oficina de contratación, Morcego Management!

Morcego Management
Contacto: Alberte Leis
tlf/fax. (+34) 619 535 692
morcegorabudo (arroba) gmail.com

Autoparabéns

Autoparabéns

…, que dicía Lenin, se se está esta fin de semana en Corcubión? Botarlle unha orella, por exemplo, ás festas das Mercedes, onde estaremos tocando Fol Baleiro, Snatch e máis nós.

E se se está en Bruxelas a mediados de outubro? Pois ir ver o videoclip do Calamar, de Roi Fernández e Isaac Cordal, nada menos que ao Cinéma Vendôme… Moitas gracias!

O Ruta 66 deste mes dános unha alegría aos Homens: vén cunha peza sobre nós, escrita por Carlos Rego (gracias!). Podedes lelo aquí.

E que ninguén se esqueza de que o venres hai peregrinaxe xurásica a Ferrol!

SAMESUGAS + ROYALTIES + THE HOMENS

Festival Parrockcheira

Praza Vella, Ferrol Vello

Venres 12 de setembro, 22.00h.

Na nosa cidade favorita e cos nosos grupos favoritos… Pode haber algo mellor que a Primeira Peregrinaxe Xurásica???

SAMESUGAS + ROYALTIES + THE HOMENS

Festival Parrockcheira

Praza Vella, Ferrol Vello

Venres 12 de setembro, 22.00h.

 

Engadido: Despois de gañar en Cans e de estar a punto de facelo no Musiclip de Barcelona, o videoclip do Calamar, obra deses monstros que son Isaac Cordal e Roi Fernández, foi terceiro no festival de curtas do Brincadeira 2008, que se celebrou en Ordes a principios de agosto. Gracias pola parte que nos toca!

Estamos folgazáns. Tanto que, case mediado o mes de xullo, resulta un pouco curioso poñer aquí que cos concertos de Ferrol e Vigo coas Charades, en xuño, rematou a xira de inverno de Tres, non? Foron cerca de dez meses sen tregua, desde que alá por outubro saíra o disco, nos que coñecemos ducias de persoas fantásticas, chupamos varios milleiros de quilómetros de carriña (moitos milleiros…), arruinámonos e saímos a flote en incontables ocasións, fastidiamos a saúde en varias ocasións, aprendemos tres ou catro lecciós e, sobre todo, pasámolo xenial con toda a xente que veu vernos. Moitísimas gracias a todos e todas. Agora chega o verán, que é o mellor que hai, e nesta páxina iremos colocando as datas que vaian aparecendo. Esperamos vervos de novo moi pronto!

En todo caso, tampouco é que no último mes estivésemos exactamente ociosos. Hai xa unhas semanas que empezamos a traballar no que, se os axentes do fisco ou a saúde non o impiden, debería ser o próximo que gravemos. A cousa aínda está en fase moi embrionaria, pero polo que parece o material vai ser un cruce entre Eskorbuto e o Piper at the gates of the dawn hahahaha… E sospeito que vai haber grandes sorpresas!

Falamos!

Esperando o Bus en Bebenhausen (a foto é de Ber).

Esperando o Bus en Bebenhausen (a foto é de Ber).

O videoclip do Calamar que nos fixeron Roi Fernández e Isaac Cordal, da Fundación Intemperie, segue facéndonos felices coma cucos: onte pola noite gañou o premio do xurado do Festival de Cans!!! Gracias eternas a eses dous cracks audiovisuais!

Mañá sábado estaremos na Alameda de Santiago DC, na Festa do Dezassete da Gentalha do Pichel, con Ataque Escampe, Sacha na Horta e os nosos estimadísimos Os da Ría, a resposta galega a Eros Ramazotti. Iso si, se non queredes perdervos nada, ide á hora (empeza ás oito, pero alí hai onde cear): o Concello de Santiago, sempre sensible ás iniciativas cidadás, obriga a que o festival remate supercedo. Gustaríanos saber se hai algunha ordenanza municipal que só permita que acaben máis alá da medianoite concertos de tipos como MClan ou a basura que Bugalletti e compañía traen ás festas. Gracias por matar esta cidade!

Por outra parte, o vídeo do Calamar, da Fundación Intemperie, segue dándonos sorpresas moi gratas. Ademais de ser finalista no Festival Musiclip de Barcelona, agora vai proxectarse no Festival de Cans, e mañá sábado 17 aparecerá, con entrevista incluída, no programa da TVG Miraxes, no que tamén sairán os últimos vídeos de Ruxe Ruxe e Lamatumbá. O domingo pasado, o clip do Calamar apareceu en Onda Curta; podedes velo aquí.