You are currently browsing the monthly archive for Marzo 2009.

Vaia dous sitios aos que iremos esta fin de semana, Ribeira e Bueu. Coincide que son os dous lugares aos que, en verán, adoitamois ir poñer moreno o rabaco (!?), pero, ademais, as citas son especiais por moitas cousas.

Da do venres hai moitas ganas: convidounos o noso amigo, conselleiro e mentor, Tomás Ageitos. El e os seus compañeiros do colectivo Bastantes Llon organizan a quinta edición da xa clásica Festa da Chuvia, un festón que dura dous días. Nós estaremos o primeiro, o venres 3, no palco Ruído na rúa, ás 23.00, con Spinning Jenny ( un nome bonito!). Algo antes, ás 21.00, Os Jalochos (Charanga Punki), Os Festicultores Troupe, Os Chiquiliquatres e Os Bodegueros andarán por Ribeira de pasarrúas. Para o sábado, entre outras cousas, esta xente ten preparado un maratón no que participan todas as bandas da vila, e as actuacións de monstros como Galegoz, Bodega Bodega, Os Tres Trebóns, Lamatumbá e Inllorfeis. Un luxo.

Logo, o domingo estaremos nunha das salas máis míticas de Galicia, o Aturuxo de Bueu, desde a que Leiro leva anos facendo un traballo estupendo. Habemos estar tocando arredor das 21.00 horas.

The Homens no Aturuxo (Bueu), 29-10-2006

The Homens no Aturuxo (Bueu), 29-10-2006

(Así de sentida foi a nosa última visita ao Aturuxo, en Bueu. A foto é de Audiência Zero, o que nos recorda que vos temos que contar que o 18 de abril volveremos a Portugal, ano e pico despois, para actuar en Braga).

Advertisements

Esta tarde, ás 18.30 horas, na praza do Obradoiro de Santiago D.C., hai un acto de apoio á sala Nasa fronte a eses pájaros que queren sacar tallada política e impoñer a Cultura Única. Copiamos e pegamos de aquí:

O noso titular sería este:
Como resposta aos ataques sufridos nos últimos meses a sala Nasa convoca un acto ridiculista en defensa da liberdade de expresión coincidindo co día mundial do teatro o venres 27 de marzo ás 18,30h. Na praza do Obradoiro.

O titular dos que nos atacan sería este:
Como un ataque aos cidadáns de Santiago, unha sala que homenaxea a terroristas convoca aos simpatizantes do movimento de liberación nacional a un acto ilegal de kale borroka coincidindo co 8º aniversario da matanza de Netanya.

Cal sería o teu?

Se o teu é máis parecido ao noso, e coñeces ou frecuentas as actividades da sala Nasa, gustaríanos convidarte a que veñas sacarte dúas fotos de familia con nós na praza do obradoiro o venres 27 de marzo ás 18,30h.

Xa foi o de Lugo. Resultou curioso actuar no mesmo escenario no que, hai moitos anos, Pandora puña en práctica os seus shows erótico-artísticos acompañada de Yuma, o seu fiel cadelo. Pero mellor foi volver atoparse con Miguel, ao que había moito tempo que non viamos, e coa xente lugocha en xeral (moitas gracias por vir!).

Agora toca fin de semana de repouso e logo dobre cita: o venres 3 de abril estaremos en Ribeira, convidados polo maestro Tomás Ageitos á Festa da Chuvia (e non sabedes as ganas que hai!), e o 5 en Bueu, de volta no mítico Aturuxo.

Parar é de covardes!

(Por certo, aquí vai unha reportaxe que sae hoxe no Público sobre o pop en catalán. Mola, e tamén dá envexa).

Onte comprobamos na Nasa que hai bandas, amigo, que xogan noutra división: os GalegoZ terán en breve temas (temazos!) novos no seu Myspace.

E mañá a Lugo!

The Homens

Sábado 21 de marzo, 23.30h.
Sala Babel, Lugo.

Valeu de vivir de rentas!

O sábado volvemos a Lugo, lugar de grandes aventuras a raias (véxase o último parágrafo desta entrevista que nos fixo o gran Xavier Valiño) e cidade que convén ter en conta para moito máis que para comer, porque MOLA. Estaremos aló polas once e media da noite na sala Babel, que ten moi boa pinta.

(A foto de máis abaixo fíxonola Benjamín na carpa de A Cultura Circula, en Lugo, en maio do 2006. Xa choveu!)

The Homens

Sábado 21 de marzo, 23.30h.
Sala Babel, Lugo.

The Homens en A Cultura Circula, Lugo 2006

The Homens en A Cultura Circula, Lugo 2006

Movidas amarillas: aquelas verduras que estaban tan ricas, que non son espárragos, nin millo, que son redondicas, pero non son plátano frito, nin calabaza, nin calabacín, nin pementos, que están tan boas con salsa; ah, patacas!

Nota: cando na carriña vén este individuo, habitualmente as movidas amarillas convértense en pringuels…

A servidor (Wu) non hai cousa que máis lle rebente que ter media ducia de cables entre os pés mentres está tocando; por iso encinta esparce, mide e tarda media hora en estar a gusto sobre o escenario. A outros, sen embargo, vailles a cochambre, e son felices fozando engrellados entre os jacks.

O outro día en La [2] de Apolo, penso que tocando Non podo máis, vin como se abalanzaba sobre min un baixista de metro noventa e me metía un talegazo do quince. O pavo aínda anda hoxe amilagrado porque ao SEU baixo non lle pasou nada. Á miña Telecaster algo si que lle pasou…

Leñazo na Apolo

Leñazo na Apolo

Revisando os vídeos da minixira da pasada fin de semana a Catalunya (poucos, e entre eles NINGÚN dos Homens tocando… algún día escribirei sobre o gran problema que temos nesta banda para levar cámaras e, sobre todo, utilizalas, hehehe) dáse un conta do grandes que foron catro días na carriña cos Samesugas. Desde a nevarada que papamos en Burgos, na viaxe de ida, aos paseos resacosos por Sant Feliu na mañá do sábado ou a emoción de ver a La [2] de Apolo petada, absolutamente todo foi memorable:

– Ser Samesuga por un par de días, aínda que fose a costa das costas fastidiadas de Álex (gracias pola confianza, e a recuperarse!)

– Volverse atopar con Santi Garcia e facer plans para o disco que gravaremos con el no verán, e tocar para amigos para sempre como Tule, Berta, Guillem, Víctor, Bethan, Agus, os Bullitt (perdón por deixarvos a casa feita unha cochambre e por levantarvos a reserva de cervexas…), e todos os demáis guixolenses.

– Coñecer en persoa a Miguel e David, de Crack! Records, que, ademais de editarnos un single precioso e de levarnos tocar a Barcelona, tiveron moitísimo que ver co número de xente que nos foi ver: estiveron horas repartindo folletos de promo do noso concerto á entrada do dos Buzzcocks, na Apolo grande, e iso seguro que axudou.

– Atopar o sentido da vida a través do crust xunto con Bernardo, que, coma sempre, é o que máis sentido ten de todos nós. Gracias eternas, man; sen ti non vamos a ningunha parte.

– Rebautizar o noso directo (vía Agus) como Grandes éxitos tocados máis rápido.

– E, como sempre ocorre nunha xira, por pequena que sexa, gravar a cincel grandes frases para a posteridade como as que seguen:


“Cordero lechaaaaal que quitas el pecado del mundooooo…”

“Carroña, te gusta la carroña, sodes carroña, pizza carroña, carroñeeeeeroooouuuu…”

“Cada vez que me acerco a Burgos danme ganas de poñerme tripis nos ollos

“O meu verdadeiro mito erótico é Ángels Barceló

“Por el día es un simple funcionario de Hacienda, pero por la noche se convierte en un terrible depredador sexuarrl… PAELLADORRRR!!!”

“A min non me apetece unha birra, o que me apetece é sacarme a chorra”

Therapy piiiiilloooooow…

“Como vou saber onde está a autopista a Burgos se cando compraches este mapa de última xeración aínda nin se fundara”

“Alberte, que se saca primeiro [da furgo]?”

ACTUALIZACIÓN URXENTE:

“A vós nunca se vos fan tarzanitos nos pelos do cu?”

Samesugas e The Homens en Sant Feliu de Guíxols e Barcelona

Samesugas e The Homens en Sant Feliu de Guíxols e Barcelona

En canto recuperemos o sono, a voz e a cordura contarémosvos como nos foi nunha das mellores fins de semana que vivimos como grupo. En todo caso, moitísimas gracias a todos os que nos fostes ver estes días a Sant Feliu de Guíxols e a Barcelona, que fostes moitos (é que non fallou ninguén!!!!!). E moitísimas gracias tamén á xente de Crack! Records. E veneración eterna á xente de Sant Feliu, a Santi, a Tule, a Berta, a Guillem, a Agus, a Víctor, aos Bullitt e a todos os que facedes que marchar da Costa Brava nos coste tanto cada vez que vos visitamos…

E sobre todo, gracias a Ber e á máis grande banda de rocanrol desta esquina do mundo, os Samesugas, que, aínda con baixas, estiveron enormes dentro e fóra de furgoneta. Cordero lechaaaaaaaaal que quitas el pecado del mundoooooo…

(En breve máis información, fotos, etc. No puedorl…)

Se estades na Costa Brava, en Barcelona ou nas proximidades, queremos vervos!

Alá vamos!

SAMESUGAS + THE HOMENS

VENRES 6 DE MARZO

SANT FELIU DE GUÍXOLS. TEATRE MUNICIPAL.

22.00h. ENTRADA: 7 EUROS

SÁBADO 7 DE MARZO

BARCELONA. LA [2] DE NITSA

00.30h. ENTRADA 13 EUROS

(8 euros socios Plastic Club / Gratis con tarxeta-abono Primavera Sound ’08)

COLABORA ATZAVARA CLUB

cartel_DEF_internet