You are currently browsing the monthly archive for Agosto 2010.

Boas!

Despois dun mes de agosto de plácida desconexión, volvemos en setembro con novidades, que vos iremos contando nos próximos días. De momento, o máis próximo que nos vai pasar é un concerto que daremos o día 10 de setembro en Teo, con Meiga do Norte e Medomedá, o grupo deste crack; será especial, porque ao parecer vai facerse no campo da festa vello de Cacheiras, xusto o que servidor (Wu) ve pola ventá da súa casa. Veciños, perdón pola estorrentada.

Un pouco máis adiante no mes visitarannos os Vistalegre, o supergrupo de Sant Feliu de Guíxols no que tocan Marc Clos (Nueva Vulcano), Roger Ortega (Nomorelies) e, chachán, Santi García (Nomorelies), o noso súperprodutor, ao que por fin conseguiron arrincar da Costa Brava. O bolo cae nun día raro, o martes 28 de setembro, na sala Moon de DC, pero vale a pena. Nós quentaremos o ambiente e eles pasaraannos por encima, evidentemente. O seu disco, que sae nuns días, pode comprarse xa na tenda de BCore.

Xa en outubro, se todo vai ben, iniciaremos unha xira invernal que nos levará por medio cento de localidades galegas en formato acústico (si, si, con percusión, melódica, campanitas e demais trangalladas). Pero diso falamos mais tarde, ok?