You are currently browsing the monthly archive for Maio 2010.

Pois iso, que facemos cinco anos en breve, e queremos celebralo o próximo xoves día 3 de xuño contra as 22.00 horas, na Casa das Crechas de Compostela. Para a ocasión temos medio preparado un repertorio especial no que non vai haber ningunha canción nosa. Nin a primeira, prometido. Farémolas de amigos (Samesugas, Nueva Vulcano, algunha vella gloria do punk de DC…) e de admirados (desde Paul Collins aos Kiss pasando polos HHH, os Pointed Sticks, os Barracudas, os Undertones e varias sorpresas máis), e recuperaremos cousas que faciamos hai tempo. No escenario vainos acompañar xente moi importante para nós.

Marga Tojo (gracias de novo!) explicábao mellor onte no Galicia Hoxe.

E aquí abaixo, un pedaciño da película Out of the blue, de Dennis Hopper, que morreu esta fin de semana. Os que tocan son precisamente os Pointed Sticks.

Advertisements

Arbi!!!: Aluguer de furgonetas para grupos de rocanrol, cos mellores prezos, eeeeeehhhh…

Nese escenario case tropical que se pode ver máis abaixo vivimos o venres pasado un dos concertos máis chulos da nosa carreira deportiva. A actuación no patio do colexio Martín Códax, en Vigo, foi do máis bonito que nos ten pasado. Tivemos diante ao público máis entregado e máis guapo que se pode soñar (ducias de rapaces e rapazas de 3 a 16 anos!), asinamos máis autógrafos que para pedir unha hipoteca (acordádesvos cando aínda se podían pedir?), e, gracias ao sol de xustiza (era a unha da tarde) e aos trinta e tantos graos, adelgazamos uns cantos quilos que xa nos ían sobrando. Despois, os profesores leváronnos comer a un lugar absolutamente incrible. E, para rematar a xogada, de volta na casa, descubrimos que acababamos de vivir un reencontro brutal sen nos dar de conta…

A próxima cita é en DC, o día 3 de xuño, na Casa das Crechas, onde celebraremos o noso quinto aniversario. Para a ocasión estamos preparando (a ver se damos) un repertorio especial no que non vai haber nin unha soa canción nosa, cousa que agradará a máis de un. Ademais, esperamos contar coa colaboración de amigos que significaron moito para nós durante este último lustro. Contámosvos máis en breve.

O venres que vén vamos facer algo que nos ten moi ilusionados: a iso da unha do mediodía tocaremos para centos de rapaces e rapazas (se lles apetece e nos aguantan) no colexio Martín Codax de Vigo. O ano pasado tiveron nada menos que a Budiño… A ver se estamos á altura da audiencia!

Por outra parte, a nosa amiga Andrea entrevistounos para a revista do seu instituto, o Rosalía, en DC. Dixemos moitas tonterías porque mentres a facíamos estabamos comendo bocatas de xamón asado sen xamón asado (palabra!), e así non hai quen se concentre. O resultado pódese ler aquí.

Seguimos con efemérides, e parece que estamos na época. Se damos feito, o próximo 3 de xuño, xoves, habemos facer unha festa na Casa das Crechas, en DC, para celebrar o quinto aniversario do noso primeiro concerto. Foi o 19 de xuño do 2005, no compostelanísimo festival Rock en Costa que a Asociación Xurásica organizou aquel ano (tocaron tamén Pollegros, Samesugas, Redullos e Post Mortem). A nosa intención para a festa do día 3 é montar un repertorio composto unicamente por versións, as moitas que fomos facendo ao longo dos meses que levamos circulando; xa vos iremos contando como queda o listado, pero, como suporedes, haberá cancións dos Undertones, de The Beat, de Kiss ou de Karina. Admítense suxestions, naturalmente. Ao escenario subirán algúns amigos que nos axudaron durante este tempo. Esperamos vervos alí, aos que estabades no Castiñeiriño no concerto fundacional e tamén aos que nos coñecestes andando o tempo.

Para os fans da revista Cuore e de escrutar o deterioro físico das persoas, aquí vos vai unha foto daquel día.

The Homens, xuño do 2005. Foto Rockeye.

Iso, que mañá pola noite estamos en Melide compartindo pulpada e escenario cos Desbrozadora, que xa nos apetecía. Empezamos á 1.00, no Pub Gatos.

Onte deunos un subidón de adrenalina tremendo, e non é para menos: por fin temos local de ensaio propio e acondicionado, con insonorización caseira pero efectiva, espazo para que o batería estire os brazos, cuarto de baño (por primeira vez en toda a vida!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!), churrasquerías próximas e alfombra chinesa do MerkAsia. Ao mellor agora ata nos dá por ensaiar! Se Roi me envía as fotos, cólgoas, orgulloso que está un…

Por último, os Unfinished Sympathy sepáranse. Ademais de que eles eran moi bos chavales, o seu Rock for food foi a banda sonora da nosa carriña na xira de Tres (“all across the country to your neighborhood”…). Unha pena!

The Homens + Desbrozadora

VEN 7 MAI, 01.00h

Pub Gatos, Melide

Este venres estaremos en Melide, capital da movida nocturna galega. Presentaremos Cuarta potencia no Pub Gatos, acompañados nos amigos de Desbrozadora.

A última vez que fomos por Melide caeu unha nevada tal que tivemos que quedar a durmir alí, todos mocas, tamén é verdade…

Roi, resgardándose do frío de Melide. Feb 2009

Marga Tojo fai xustiza na edición dominical do Galicia Hoxe, cun precioso artigo sobre Lixo Urbano, o auténtico motor do underground de DC nos últimos 15 anos. Pódese ler aquí.

Mario e Alberte, fundadores de Lixo Urbano e másters en todos os sentidos