You are currently browsing the monthly archive for Febreiro 2010.

Nueva Vulcano e The Homens sumarán forzas a próxima fin de semana nunha serie de concertos por Galicia. Os cataláns presentan o seu último disco, Los peces de colores, e os galegos fan o propio coa súa Cuarta potencia, e estarán o xoves na sala Moon de Santiago DC e o venres na Mardi Gras da Coruña. Nueva Vulcano seguen camiño o sábado actuando con The Fingers en La Iguana Club, en Vigo.

Nueva Vulcano son un fenómeno de culto para moitos. Agora presentan o seu terceiro disco, Los peces de colores (BCore, 2009), despois de Principal primera e do impresionante Juego entrópico, que os mantivo durante catro anos nos escenarios. Nesta ocasión, Artur Estrada canta máis alto e máis claro que nunca, e as súas incribles letras saen a relucir, apoiadas  por esa guitarra sucia e a veces tímida, polo baixo monumental de Wences Aparicio e pola batería contundente de Albert Guàrdia.

Pola súa parte, os composteláns The Homens presentan o seu cuarto traballo, Cuarta potencia, melodía a volumen atronador, inocencia pop e nihilismo negro, un disco que mostra á banda preocupada polas melodías e polas letras e, á vez, máis ruidosa que nunca.

Nueva Vulcano + The Homens
XOV 04 MAR, 22.30 h. 8/10€
Sala Moon, Santiago DC

Nueva Vulcano + The Homens
VEN 05 MAR, 22.00 h. 10/12€
Sala Mardi Gras, A Coruña

Nueva Vulcano + The Fingers
SÁB 06 MAR, 22.00 h. 8/10€
La Iguana Club, Vigo

 

 

Advertisements

Xa están á venda as entradas anticipadas para os bolos que faremos os días 4 e 5 de marzo cos Nueva Vulcano, aos prezos que indicamos máis abaixo. Que ganas!

Nueva Vulcano + The Homens

4 de marzo: Sala Moon, Santiago DC. 22.30h. Anticipada 8€ (A Reixa Tenda), taquilla 10€.

5 de marzo: Sala Mardi Gras, A Coruña. 22.00h. Anticipada 10€ (El Beasto), taquilla 12€

O Xornal falou o domingo da Casa Xurásica; é de supoñer que esta semana vaian as máquinas tirala.

E xa temos imaxe para os bolos dos Nueva!

Agora que xa sabemos que non haberá macrofestival xacobeo (oh, drama), recordámosvos que podedes investir os cartos que vos custaría esa entrada en ir a bolos como os que daremos a principios de marzo nós cos incomparables Nueva Vulcano (4 de marzo na sala Moon, de Santiago DC, e 5 de marzo na Mardi Gras da Coruña; eles seguen ruta ata Vigo e tocan na Iguana o día 6, xa sen nosoutros). Ademais, ao contrario do que pasa neses megafestis, non fai falta que pasedes tres horas diante do espello, podedes vir vestidos como vos dea a gana, e non vai haber 25.000 persoas rodeándovos. Iso fixo.

O domingo sacan no Xornal unha reportaxe sobre a auxe e a caída da Xurásica 2, e o xoves falan de nós en A Nosa Terra. Gracias polo interese!

Boa fin de semana.

Charlie Faber pinchou onte o noso Rei azul no seu programa, Sateli3. Podedes escoitar o programa aquí; nós estamos contra o final.

Varados como estamos no proceso de mudanza (vamos, que nós mudar mudábamonos, o caso é para onde), agarrámonos a cousas como as ganas que temos de que se editen xa libros coma este de Fernando Fernández Rego sobre a música pop en Galicia. Ten boa pinta eh?

Boa fin de semana.

O programa El sótano, de Radio 3, pinchou onte cancións de varios grupos xurásicos e da escudería Lixo Urbano, entre eles o noso ‘Perfecto’. Podedes escoitar o programa aquí.

Por certo, aínda á espera de que colguen o disco en Spotify, Cuarta potencia pode oírse xa en Deezer.