You are currently browsing the monthly archive for Abril 2010.

Se non me fallan as contas, o sábado que vén faranse vinte anos do 1 de maio do 1990, o día no que actuaron por primeira vez Ramón, Fandiño e Álex como Fame Neghra.

Parabéns e gracias, fieras.

Fame Neghra arredor de 1997

Vaia co final de semana que nos pegamos… Entre o tributo a Radio Océano do xoves e o concerto en Cangas do venres (máis a chuza que para algúns mediou), houbo que pasar toda a fin de semana en salmuera para recuperarse.

Foi unha honra e un gustazo poder participar na homenaxe aos Radio Océano, e compartir escenario, escaleta e algún suor frío con másters mundiais como Antón Papaqueixos, Fran Amil, Xurxo Souto, Javi Prieto, O Leo, Manu Paino, Os Homes sen Medo, todos os convidados da noite e, sobre todo, con Johnny Rotring e o resto da banda orixinal. Servidor (Wu) nunca o esquecerá. Podedes ler crónicas do evento aquí e aquí, escoitar a retransmisión do evento que fixo Planeta Furancho, da Radio Galega, mirar fotos aquí, aquí e aquí (de Tamara de la Fuente, Xurxo Lobato e Xavier Valiño, respectivamente e nada menos!), e ver vídeos aquí, aquí, aquí, aquí e aquí. Atención especial ao que ocorre contra o 0:50 deste vídeo: ai!

O do sábado tamén estivo moi ben: a SalaSon é preciosa e soa de marabilla, en Cangas cómese de muerte e nós non o fixemos mal. Iván Patiño, porriñés ilustre (coma todos os porriñeses), teclista dos fantásticos Maryland e irmao de Cristovo fíxonos uns vídeos nos que se ve que, home, masas non arrastramos, pero suar aínda suamos. Nas gravacións pode escoitarse Perfecto, Alba nuclear, A liña verde e Prende o sol. Gracias!

O próximo que temos é un bolo en Melide, no Gatos, o día 7 de maio. E despois, unha sorpresa polo noso quinto aniversario!

Hei, que mañá vamos a Cangas! Estaremos contra as 23.00 horas na SalaSon, e xa hai ganas.

The Homens
VEN 23 ABR, 23.00 h.
SalaSon, Cangas de Morrazo

Antes, como xa vos comentamos, contarémonos entre os que van homenaxear esta noite a Radio Océano na Nasa, en DC, porque nós tamén somos tan atlánticos que pillamos a gripe en agosto.

O venres que vén, día 23, estamos en Cangas do Morrazo, no SalaSon, ás 22.00h.

Antes, o xoves, renderemos tributo a un dos grupos seminais do punk e do rocanrol galegos, os Radio Océano. Será na sala Nasa, de DC, ás 21.30, e vai ser emocionante!

Argumento París de Noya ou argumento ad verecundiam: razoamento falaz ao que acode máis dun responsable de pseudo sala de concertos cando se lle piden explicacións por non ter monitores, micros, cables de micro, canais ou sitio para montar a batería, ou simplemente por ten contratado un grupo de rocanrol e pretender despois que toque ao volume dun cantautor cubano. Aplícase deste xeito:

Músico ou técnico: Coño, tío, pero como non tes cables para DOUS micros?

Responsable da pseudo sala: Oye, chaval, que aquí ya tocó la París de Noya y no hubo fallo, eh?

O venres ás 0.00 estamos en Caldas, no Zona Zero.

Mentres, unha foto da zona cero do Castiñeiriño, do solar no que se levantaba a segunda Casa Xurásica. O que se ve é todo o que queda dela.

Aquí se alzaba a Segunda Casa Xurásica

Aquí se alzaba a Segunda Casa Xurásica