Vaia co final de semana que nos pegamos… Entre o tributo a Radio Océano do xoves e o concerto en Cangas do venres (máis a chuza que para algúns mediou), houbo que pasar toda a fin de semana en salmuera para recuperarse.

Foi unha honra e un gustazo poder participar na homenaxe aos Radio Océano, e compartir escenario, escaleta e algún suor frío con másters mundiais como Antón Papaqueixos, Fran Amil, Xurxo Souto, Javi Prieto, O Leo, Manu Paino, Os Homes sen Medo, todos os convidados da noite e, sobre todo, con Johnny Rotring e o resto da banda orixinal. Servidor (Wu) nunca o esquecerá. Podedes ler crónicas do evento aquí e aquí, escoitar a retransmisión do evento que fixo Planeta Furancho, da Radio Galega, mirar fotos aquí, aquí e aquí (de Tamara de la Fuente, Xurxo Lobato e Xavier Valiño, respectivamente e nada menos!), e ver vídeos aquí, aquí, aquí, aquí e aquí. Atención especial ao que ocorre contra o 0:50 deste vídeo: ai!

O do sábado tamén estivo moi ben: a SalaSon é preciosa e soa de marabilla, en Cangas cómese de muerte e nós non o fixemos mal. Iván Patiño, porriñés ilustre (coma todos os porriñeses), teclista dos fantásticos Maryland e irmao de Cristovo fíxonos uns vídeos nos que se ve que, home, masas non arrastramos, pero suar aínda suamos. Nas gravacións pode escoitarse Perfecto, Alba nuclear, A liña verde e Prende o sol. Gracias!

O próximo que temos é un bolo en Melide, no Gatos, o día 7 de maio. E despois, unha sorpresa polo noso quinto aniversario!