You are currently browsing the monthly archive for Setembro 2008.
Despois de tocar o sábado pasado en Corcubión (gracias a Xavier Drok e ao resto da xente por escornarse para que festivais coma este saian adiante), imos botar aproximadamente mes e medio recluídos na Casa Xurásica, tentando renovar o papeliño que vedes na imaxe de máis abaixo (que lle roubamos a Dorfun no flickr, por certo… espero que non lle pareza mal!). De momento non hai moita canción nova, pero empeza a habelas. A próxima cita, se non hai nada raro polo medio, será en DC, no Ultramarinos, a golpe de mércores 19 de novembro.
Por certo, aínda que isto merecerá un post máis longo (en realidade merecería ríos de tinta), só vos queremos apuntar que… si… vai pasar… por fin… OS MÁIS GRANDES … POLLEGROS ESTÁN DE VOLTA!!!!!!
Agora si que si!
The Homens + Snatch + Fol Baleiro
Festas das Mercedes. Praza Castelao, Corcubión
Sábado 25 de setembro, 22.00h
(A todo isto, ese tecnomán que é o Capitán Harvey fíxonos un perfil en Facebook. Non confiedes en que pasemos por alí con moita frecuencia, porque tantas ventaniñas no ordenador son demasiadas para uns viejunos coma nós, pero bueno, quedou ben chulo. Merci, Harvey!)
Engadido: Os Fanny e Alexander teñen nova páxina web! Podedes botarlle un ollo por aquí.
…, que dicía Lenin, se se está esta fin de semana en Corcubión? Botarlle unha orella, por exemplo, ás festas das Mercedes, onde estaremos tocando Fol Baleiro, Snatch e máis nós.
E se se está en Bruxelas a mediados de outubro? Pois ir ver o videoclip do Calamar, de Roi Fernández e Isaac Cordal, nada menos que ao Cinéma Vendôme… Moitas gracias!
Aínda nos pitan os oídos do volume que tiña onte o concertazo que fomos ver á Gentalha do Pichel; Another Year molaron, os fantásticos The Gundown fliparon e os Royalties, engraxadísimos e en mellor forma que Ezequiel Mosquera, case nos fan chorar de emoción. Así que, aínda que esta fin de semana haxa tantas cousas que facer que non queda máis remedio que repartirse (aquí ou aquí, por exemplo), recomendamos non perderse a estes crooners do Castiñeiriño nun dos mellores festivais do país, o Festa A Nosa de Lalín.
Iso si, para os amantes do deporte hai outra cita inexcusable o sábado en Ribadeo: o encontro internacional de billarda entre os combinados nacionais de Galicia e de Alemaña. Os seleccionadores, Puro Viluba e Aitor von Tübingen, xa andan á greña nos medios de comunicación. Disque non lles cabe o pelo dunha gamba por acolá, e bla bla bla…
Como bos paspáns que somos, o venres quedáronnos na casa as cámaras de fotos, xusto o día no que The Homens pasabamos a ser catro e no que os tres grupos en activo da Casa Xurásica (estes másters, estoutros jefes e máis nós) coincidíamos nun festival en Ferrol Vello. Sobre o escenario a sensación é incrible; eses momentos nos que achicábamos por falta de instrumental soan agora máis cheos e vibrantes, e, ademais, darlles unha volta ás cancións sempre é saudable; abaixo do palco xa non sabemos… En todo caso, o primeiro en mandarnos fotos do evento foi Fran da Cabana, sempre atento co seu teléfono móbil. Máis adiante, máis.
Pois si, non se nos ocorre sitio mellor que Ferrol para estrear a que quizá sexa a novidade máis grande que se deu nos catro anos de vida de The Homens: o Parrockcheira será, se nada se torce, o noso primeiro concerto en formación de a catro, con Cristovo ao teclado farfiseiro. Nós estámolo pasando teta facendo cancións novas e adaptando e dando outro aire ás vellas. Se ademais a estrea se produce na primeira ocasión (creo, ao mellor non o é) na que coincidimos sobre un escenario todos os grupos xurásicos do momento, compréndese que esteamos máis contentos que catro reis en catro cestas!
SAMESUGAS + ROYALTIES + THE HOMENS
Praza Vella, Ferrol Vello
Venres 12 de setembro, 22.00h.
Na nosa cidade favorita e cos nosos grupos favoritos… Pode haber algo mellor que a Primeira Peregrinaxe Xurásica???
SAMESUGAS + ROYALTIES + THE HOMENS
Praza Vella, Ferrol Vello
Venres 12 de setembro, 22.00h.
Engadido: Despois de gañar en Cans e de estar a punto de facelo no Musiclip de Barcelona, o videoclip do Calamar, obra deses monstros que son Isaac Cordal e Roi Fernández, foi terceiro no festival de curtas do Brincadeira 2008, que se celebrou en Ordes a principios de agosto. Gracias pola parte que nos toca!