You are currently browsing the monthly archive for Marzo 2010.

Velaquí o vídeo da nosa versión dunha canción que foi o turning point na vida de moitos de nós, homes nacidos nos setenta. Fixémola o mércores na Pecha Kucha Night por Haití (crónica aquí), e non se pode dicir outra cousa que non sexa que, como mínimo, mandámola ao pao.

Aínda que, insisto, e non me entoleedes máis porque TEÑO RAZÓN, o famoso episodio da teta de Sabrina foi cantando Hot girl, outro temazo, no ano vello do 87. Un día falamos do italo disco, se queredes.

A pesar de que dixemos unha e mil veces que nunca máis repetiríamos o de tocar en acústico, a Pecha Kucha Night por Haití que se vai celebrar a noite do mércores 24 na Nasa, en Santiago DC, parécenos  a mellor ocasión para romper a promesa. E que dicir de quen nos liou… Se queredes ser solidarios e asistir (e, de paso, vernos facer o cernícalo), aquí hai máis información. Os fondos recadados irán parar á organización Architecture for Humanity, que reconstrúe vivendas e servizos básicos destruídos polo terremoto que afectou aos haitianos en xaneiro.

Etiqueta en Lastfm: “brit pop palero [sic.] y comarcal”.

Al palo!: locución que se emprega, normalmente en voz moi alta a fin de facerse escoitar entre o ruído dos instrumentos nun ensaio, para indicar que un integrante do grupo a cagou vilmente nunha canción rascando o acorde que non era, tocando na tecla equivocada ou batendo no timbal contrario ao debido.

Se te ergues moi cedo pola mañá, prendes o ordenador e ves que no Spotify subiron por fin o Kara.o.ke de Projecto Mourente e o Finais dos 70s, comezos dos 80s de Fanny+Alexander, que o grupo máis importante do farrucore ten por fin myspace de homenaxe, e, por encima, sobre o mostrador do bar ao que vas tomar o café hai cousas así, un só pode recordar a Andrés Montes e recordar que si, que a vida pode ser marabillosa.

(Se alguén quitou fotos dos concertos do xoves e do venres pasado, cos Nueva Vulcano, que por favor nolas envíe, que coma sempre non levamos máquina!).

Gracias ao gran traballo do amigo Txiki, por fin podemos escoitar a nosa Cuarta potencia no Spotify.

Évos un gusto ter ídolos coma os Nueva Vulcano, tan grandes e á vez tan majos, tan graciosos e tan bos comedores. Esperamos que eles e que vós que nos viñestes ver o pasásedes tan ben coma nós nos concertos da semana pasada. Se sacastes fotos, enviádenolas, por favor, porque coma sempre fomos aos sitios sen cámara.

Pensando xa no día de mañá, o que queda de marzo dedicarémolo a acondicionar o local de ensaio que aparentemente conseguimos alugar. Non está no Castiñeiriño, pero tampouco está tan lonxe do barrio. Esperemos que os veciños sexan igual de comprensivos.

Xa en abril iremos a dúas vilas nas que nunca estivemos tocando, Caldas de Reis (o venres 9) e Cangas (o sábado 10). Temos na cabeza algunha cousa máis (bastante freak, por certo), pero ata aquí se pode ler.

Gracias!

Trote cochinero: ritmo moroso e atrompicado co que toca un grupo despois de cear demasiado (pero que rimas me saen, por dios!)

Quen nos coñece xa sabe que hoxe é un día ben chulo para nosoutros, porque vamos tocar cun dos nosos grupos favoritos de todos os tempos, os Nueva Vulcano. Se queredes vir vernos gozar, xa sabedes, as datas, os lugares e os prezos están máis abaixo. Se queredes vir de moca ao concerto de Santiago, tedes ata as 15.00 de hoxe para participar neste sorteo.

Vémonos estes días!!!

Ah! Onte estivemos no Planeta Furancho da Radio Galega. Podedes escoitar o resultado picando aquí.

E como sempre que tocan os Nueva sae o sol, velaquí a explicación:

Nueva Vulcano + The Homens

4 de marzo: Sala Moon, Santiago DC. 22.30h. Anticipada 8€ (A Reixa Tenda), taquilla 10€.

5 de marzo: Sala Mardi Gras, A Coruña. 22.00h. Anticipada 10€ (El Beasto), taquilla 12€

Promo varia esta tarde-noite.

– Ás 20.00 horas a TVG emitirá, na súa segunda canle, a G2 que se ve pola tdt, unha reportaxe que nos gravaron hai un tempiño no local que ensaio que xa tanto botamos de menos; será no programa Zigzag Diario, que se repite de madrugada e logo se colga na web da CRTVG.

– Ás 23.00 horas Vituco Neira, ese home ao que tanto temos que agradecer, entrevistaranos no Planeta Furancho da Radio Galega. Falaremos do disco e dos concertos dos próximos días.

E os concertos dos próximos días xa nos tardan tanto como a pulpada que nos meteremos entre peito e espalda o venres, probablemente (non é por presionar, Patrón!).

Nueva Vulcano + The Homens

4 de marzo: Sala Moon, Santiago DC. 22.30h. Anticipada 8€ (A Reixa Tenda), taquilla 10€.

5 de marzo: Sala Mardi Gras, A Coruña. 22.00h. Anticipada 10€ (El Beasto), taquilla 12€

Macarrismo na Iguana (Foto Iotaiota)

Macarrismo na Iguana (Foto Iotaiota)