You are currently browsing the monthly archive for Setembro 2010.

Mañá martes 28, ás 21.00h, tocamos na Sala Moon de Santiago DC cos Vistalegre. Para eles será a presentación do seu primeiro discazo para BCore. Para nós, a ocasión de volver ver a uns grandes amigos e de pechar a xira de Cuarta potencia antes de embarcarnos nunha aventura acústica que xa vos contaremos dentro de nada.

Estamos tan ilusionados que ata puxemos publicidade no metro de Londres, como podedes ver aquí.

Vistalegre + The Homens

MAR 28 SET, 21.00 h. 5€

Sala Moon, Santiago DC

Da nosa nota de prensa

O grupo catalán Vistalegre e os composteláns The Homens compartirán escenario o próximo martes 28 de setembro en Santiago DC (Sala Moon, 21.00h., 5 euros). Para os de Sant Feliu de Guíxols será a estrea do seu novo disco, acabado de editar por BCore; para os galegos, o último concerto eléctrico antes de embarcarse nunha extensa xira acústica.

Vistalegre son o novo proxecto do produtor Santi García (ex No More Lies), Marc Clos (cuarto membro de Nueva Vulcano, ademais de reputado músico multiinstrumentista) e Roger Ortega (ex No More Lies). A fijación polo punk e o pop dos anos noventa está latente na manchea de boas cancións con estruturas redondas que conforman o seu primeiro disco, Vistalegre.

Nos seus temas predomina a melodía, a vitalidade e a potencia, e a voz asume un papel fundamental. Electricidade e honestidade, punk-rock directo á vez que complexo harmónica e  rítmicamente, farán gozar coma tolos aos amantes de bandas como Kepone, Nada Surf, Replacements ou os primeiros Posies.

Pola súa parte, a banda de pop extremo The Homens acaba con este concerto a súa xira de presentación de Cuarta potencia, producido polo propio Santi García. Este traballo, continuación do seu celebrado Tres, é enerxía condensada en pílulas dóces, é cantar bonito coa boca espumando rabia. Cuarta potencia é cantar por non chorar.

Xa podedes participar na web de El Correo Gallego no sorteo de catro entradas para ver (e mesmo oír) o concerto que damos o martes que vén cos Vistalegre. Ai pero que ganas!

Vistalegre + The Homens

MAR 28 SET, 21.00 h. 5€

Sala Moon, Santiago DC

Vistalegre, vistos por un llobarro

Vistalegre, vistos por un llobarro


Da nosa nota de prensa

O grupo catalán Vistalegre e os composteláns The Homens compartirán escenario o próximo martes 28 de setembro en Santiago DC (Sala Moon, 21.00h., 5 euros). Para os de Sant Feliu de Guíxols será a estrea do seu novo disco, acabado de editar por BCore; para os galegos, o último concerto eléctrico antes de embarcarse nunha extensa xira acústica.

Vistalegre son o novo proxecto do produtor Santi García (ex No More Lies), Marc Clos (cuarto membro de Nueva Vulcano, ademais de reputado músico multiinstrumentista) e Roger Ortega (ex No More Lies). A fijación polo punk e o pop dos anos noventa está latente na manchea de boas cancións con estruturas redondas que conforman o seu primeiro disco, Vistalegre.

Nos seus temas predomina a melodía, a vitalidade e a potencia, e a voz asume un papel fundamental. Electricidade e honestidade, punk-rock directo á vez que complexo harmónica e  rítmicamente, farán gozar coma tolos aos amantes de bandas como Kepone, Nada Surf, Replacements ou os primeiros Posies.

Pola súa parte, a banda de pop extremo The Homens acaba con este concerto a súa xira de presentación de Cuarta potencia, producido polo propio Santi García. Este traballo, continuación do seu celebrado Tres, é enerxía condensada en pílulas dóces, é cantar bonito coa boca espumando rabia. Cuarta potencia é cantar por non chorar.

Vistalegre + The Homens

MAR 28 SET, 21.00 h. 5€

Sala Moon, Santiago DC


La de Chiquetete (se va a montar): A gorda, a mai de todas as festas, unha tan grande que poñerán placas nos bares nos que pararon os que participaron nela, tan enorme que están prevenidos ata os do 061. Vamos, parecida á que se vai montar o martes 28 cando veñan tocar os Vistalegre (Sala Moon, Santiago DC, 21.00h, 5 euros). Podédeslles escoitar completo o seu discazo no myspace.

Vistalegre, Sant Feliu superband

Vistalegre, Sant Feliu superband

Da web de BCore, que lles edita o disco:

“Muchos estábamos esperando que estos chicos de Sant Feliu de Guixols dieran señales de vida musicales tras la ya lejana disolución de No More Lies. Realmente no podiamos concebir que una banda con tanto talento no tuviera ningun tipo de continuidad. Por fin, la espera ha terminado y ya los tenemos aquí con su nuevo proyecto, Vistalegre.

Por otra parte sería un error pensar que se trata únicamente del proyecto de Santi Garcia. Ha sido la conexión musical y de amistad con Marc Clos (cuarto miembro de Nueva Vulcano y ex-Virtual Noise, además de reputado músico multiinstrumentista) la que ha motivado la creación de esta nueva y refrescante banda, completada con la inestimable y carismática presencia de Roger Ortega (también ex-No More Lies) a la batería. Después de este largo periodo inactivos estos tres “culos inquietos” vuelven con mucha fuerza y muchas ganas de hacer cosas. Este nuevo proyecto es la forma en la que pueden dar rienda suelta a su actitud mas punk, su hambre de furgoneta y carretera, el reencuentro con locales pequeños donde poder transmitir toda su energía y conectar con su público. La fijación por los noventa esta latente en su música que a modo de tributo traducen en un puñado de buenas canciones con estructuras redondas, donde predomina la melodía, la vitalidad, la potencia y donde la voz asume un papel fundamental, son la fórmula perfecta para que este trio funcione a la perfección. Un punto de unión donde electricidad y honestidad, encuentran su razón de ser.

Y como carta de presentación, se han sacado de la manga un disco tremendamente adictivo, de punk-rock directo a la vez que complejo armónica y rítmicamente, que hará disfrutar como locos a los amantes de bandas como Kepone, Nada Surf, Replacements o los primeros Posies”.

O outro domingo fomos Le Roi, servidor (Wu) e Tomás (o fillo de servidor, Wu, montado en bici de tracción animal, é dicir, empurada por servidor, Wu) inspeccionar o antigo campo das festas de Cacheiras, para ver se todo está en orde para venres. E malo será que non estea. Vémonos alí.

XpresaTe-Ho!

THE HOMENS
MEDOMEDA
MEIGA DO NORTE

Venres 10 de setembro. Camo das festas de Cacheiras, Teo
Desde as 22.00h.

Na Nasa, en decembro. Foto de Pista Oculta

Na Nasa, en decembro. Foto de Pista Oculta

‘Trembling hands’ (de ‘Trembling hands’, canción dos gloriosos Samesugas, moi pronto nos quioscos vía El Beasto): estado de desacougo e destemple no que se queda despois de recibir unha terrible descarga eléctrica no local de ensaio, ao tocar un micro, unha guitarra ou mesmo unha parede electrificada non se sabe ben por que.

Quedar Lomana (de Carmen Lomana, de profesión famosa e meretriz): Acabar un cantante cos labios inchados e inmobilizados despois de recibir varias microdescargas do micrófono.