You are currently browsing the monthly archive for Xaneiro 2009.

Enorme a reportaxe do último suplemento EXIT do Xornal de Galicia sobre o bizarrismo roqueiro do país, con Rafa Anido ameazante na portada, unha recua de grandes grupos e unha homenaxe máis que merecida á mellor sala (?!…realmente é moito máis!) de toda Galicia, A Molinera de Cao, onde tivemos a honra de presentar o noso Tres e o resto dos EPs. Podedes lelo enteiro aquí.

Para o 14 de febreiro está prevista a nosa aparición tocando en directo en Banda Curta, o programa de música que a TVG vai emitir os sábados pola tarde a partir do día 31. Na edición na que saímos nós aparecen tamén Catpeople. Presenta o asunto un dos nosos ídolos composteláns, Luis Pardo, que con Gabi Davila comanda o Zona Nueva de Radio Galicia.

Picheleiro tamén é Álvaro Veiga, que nos fixo unha entrevista no noso local para CorreoTV que aínda podedes ver en varias repeticións esta semana na propia cadea ou picando neste enlace con youtube. Atención ás entrevistas finais na rúa, nas que se comproba que a nosa fama é planetaria.

Por outra parte, Boy Elliott & the Plastic Bags, compañeiros de batalla, representantes de Galicia no Liet-Lavlut, grupazo onde os haxa e amigos para sempre, anunciaron a través do Facebook que o deixan. A nós dános pena, moita, pero seguro que o que nos ofrecerán no futuro será polo menos tan bo coma o Planeta 19 e todos eses temazos que deixan gravados. Farewell, my friends!

Como unha vez que se toma carreira xa non se pode parar, aquí van unha novidade que vai facer que o bolo do venres 6 na sala 600 de Melide se convirta nunha festa por todo o alto: se nada se torce, hanos de acompañar no cartel o Projecto Mourente ao completo!Ademais, esa mesma fin de semana temos pensado ir ao estudio de Tomás Ageitos a facer unhas demos cos temas que manexamos ata agora, para escoitarnos e comernos un pouco a cabeza, que falta nos fai.

O que vén xusto despois tamén ten boa pinta: contannos os Samesugas, que estiveron o sábado pasado no concerto de Galiza non se vende na okupa das Atochas da Coruña, que a resposta da xente resultou xenial e o ambiente foi perfecto. Parabéns!

Do que pasou o xoves na Nasa podedes ter algunha idea botándolle un ollo aos vídeos que LeRoi colgou no youtube, aquí e aquí (gracias por gravarnos, Laura!), nos que se ven e se escoitan cancións moi novas e moi vellas. Desde logo, e pese ao vendaval (ao día seguinte sería moito peor, pero o xoves xa apuntaba maneiras), creo que na platea se pasou ben, e no escenario desde logo que foi divertido… Para quen nunca vise a Kimuru en directo, que o faiga, merece moito a pena!

O PRÓXIMO:

6 febreiro 2009 (ven): Sala 600, Melide. 00:30h.

OS DE MÁIS ALÁ:

15 de febreiro 2009 (dom): Sala Nasa, Santiago DC. En principio con Os da Ria, Quempallou e Dakídarria, organizado pola plataforma Galiza non se vende.

27 febreiro 2009 (ven): El Ensanche, Vigo. 23:00h.

6 marzo 2009 (ven): Sant Feliu de Guíxols, lugar e hora por confirmar. Con Samesugas.

7 marzo 2009 (sab): La2, Barcelona. Con Samesugas. 22.00h.

21 marzo 2009 (sab): Babel, Lugo. 23:30h.

5 abril 2009 (dom): Aturuxo, Bueu. 21.30h.

17 abril 2009 (ven): Liceum, Porriño. 23.00h.

30 Abril 2009 (xoves): Fábrica de Chocolate, Vigo, 22.00h.

Que si, que si, que esta semana volvemos á ruta, que no que queda de inverno e na primavera imos facer outra ducia de concertos, estreando cancións novas e sorpresas varias, que nos próximos meses seguiremos cocendo o noso segundo disco longo, gravando maquetas previas, tirándonos dos pelos, facendo contas (e tirándonos dos pelos outra vez), trazando rutas e pasándonos de frenada. Por que senón ía facernos LeRoi un cartel tan chulo coma este?

On the road again! E que dure!!!

On the road again! E que dure!!!

O PRÓXIMO:

22 de xaneiro 2009 (xov): Sala Nasa, Santiago D.C. 21.30h. Concerto solidario con Lydia Cacho. Con The Ellas, Kimuru e Quico Cadaval.

OS DE MÁIS ALÁ:

6 febreiro 2009 (ven): Sala 600, Melide. 00:30h.

15 de febreiro 2009 (dom): Sala Nasa, Santiago DC. En principio con Os da Ria, Quempallou e Dakídarria, organizado pola plataforma Galiza non se vende.

27 febreiro 2009 (ven): El Ensanche, Vigo. 23:00h.

6 marzo 2009 (ven): Sant Feliu de Guíxols, lugar e hora por confirmar. Con Samesugas.

7 marzo 2009 (sab): La2, Barcelona. Con Samesugas. 22.00h.

21 marzo 2009 (sab): Babel, Lugo. 23:30h.

5 abril 2009 (dom): Aturuxo, Bueu. 21.30h.

17 abril 2009 (ven): Liceum, Porriño. 23.00h.

30 Abril 2009 (xoves): Fábrica de Chocolate, Vigo, 22.00h.

Copio e pego directamente de galizaporpalestina.blogspot.com

MANIFESTACIÓN NACIONAL GALEGA POLA PAZ

مظاهرة وطنية غاليسية من أجل السلام

Chamamos ao pobo galego a manifestar o seu rexeitamento aos ataques cometidos contra o pobo palestino, a súa solidariedade total e o seu apoio a causa palestina. Dada a crítica situación que sigue sufrindo o pobo palestino chamamos a aqueles que están en contra dos crimes de guerra e queren reclamar o alto do fogo na faixa de Gaza a asistir á MANIFESTACIÓN O VINDEIRO DOMINGO, DÍA 18, ÁS 12:00 AM. NA ALAMEDA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA. Rógase a difusión deste acto solidario.

ننادي الشعب الغاليسي لإعلان رفضه للهجوم ضد الشعب الفلسطيني و إعلان تضامنه الكلي و دعمه للقضية الفلسطينية بسبب الحالة الحرجة التي مازال يعانيها الشعب الفلسطيني ننادي هؤلاء الذين يرفضون جرائم الحرب و يطالبون بوقف إطلاق النار في قطاع غزة لحضور مظاهرة يوم الأحد الموافق 18 من شهر كانون الثاني ، الساعة 12:00 ظهرا في ساحة ألاميدا في مدينة سانتياغو دي كومبوستيلا الرجاء نشر هذا النشاط التضامني

Galiza por Palestina

غاليسيا من أجل فلسطين

Pois iso, que hai que ir.

Os lectores do Xornal de Galicia consideraron que o noso Tres foi o mellor disco do 2008. Gracias a miles!!! Podedes ver a reportaxe no suplemento Exit picando aquí.

Xa pensando no 2009, non se pode dicir que non choiemos. O xoves 22 deste mes vai haber na sala Nasa de Santiago DC un concerto solidario con Lydia Cacho, unha xornalista mexicana perseguida por mafiosos e políticos (juntos de la manooo se les ve por el jardíiiiinnnn…) por denunciar as tramas de pederastia e pornografía infantil no seu país. Isto é o que di a nota da organización:

“Un grupo de avogados internacionalistas levarán o caso de Lydia Cacho, xornalista e escritora mexicana, diante do Tribunal Internacional de La Haya en febreiro do 2009. Ela será a primeira persoa a quen a Fundación Lydia Cacho apoie na súa batalla legal contra un Gobernador e un empresario que pactaron a súa detención ilegal e a súa violación a cambio de dúas botellas de brandy. O seu delito: ter denunciado unha rede de pederastas con empresarios e políticos mexicanos implicados. A súa vida hoxe aínda corre perigo”.

“Axúdanos a financiar a súa defensa. O traballo de quen se arrisca para informar de asuntos infames cómpre ser defendido. A FLC dá apoio económico e legal a persoas e colectivos que tras denunciar delitos de corrupción e impunidade contra dereitos humanos, son ameazados e as súas vidas corren perigo”.

Naturalmente, nós habemos estar, tocando, claro, e tamén The Ellas, Kimuru e Quico Cadaval. Máis información sobre o concerto, entradas e demais aquí.

22 de xaneiro 2009 (xov): Sala Nasa, Santiago D.C. 21.30h. Concerto solidario con Lydia Cacho. Con The Ellas, Kimuru e Quico Cadaval.

6 febreiro 2009 (ven): Sala 600, Melide. 00:30h.
15 de febreiro 2009 (dom): Sala Nasa, Santiago DC. En principio con Os da Ria, Quempallou e Dakídarria, organizado pola plataforma Galiza non se vende.
27 febreiro 2009 (ven): El Ensanche, Vigo. 23:00h.
7 marzo 2009 (sab): La2, Barcelona. Con Samesugas. 22.00h.
21 marzo 2009 (sab): Babel, Lugo. 23:30h.
5 abril 2009 (dom): Aturuxo, Bueu. 21.30h.
17 abril 2009 (ven): Liceum, Porriño. 23.00h.
30 Abril 2009 (xoves): Fábrica de Chocolate, Vigo, 22.00h.

La bola que a todo el mundo le molaaarl...

(A foto, tomada en novembro no Ultramarinos, é mangada do Facebook do grupo, vía Keko).

De acordo, xa logo vai aló unha semana do 2009, pero estivemos moi ocupados tocándonos as narices, como corresponde a estas datas… En pasando o día de Reis empezaremos en serio un ano no que van pasar moitas cousas, algunhas moi gordas… Entre elas, se todo vai segundo o previsto, gravaremos e probablemente editaremos o noso segundo disco longo (temos vez de novo con Santi García aló por agosto, e xa tarda), e seguiremos facéndolle quilómetros á carriña, cantos máis mellor. De momento, estas son as datas que temos máis ou menos aseguradas: