Para o 14 de febreiro está prevista a nosa aparición tocando en directo en Banda Curta, o programa de música que a TVG vai emitir os sábados pola tarde a partir do día 31. Na edición na que saímos nós aparecen tamén Catpeople. Presenta o asunto un dos nosos ídolos composteláns, Luis Pardo, que con Gabi Davila comanda o Zona Nueva de Radio Galicia.

Picheleiro tamén é Álvaro Veiga, que nos fixo unha entrevista no noso local para CorreoTV que aínda podedes ver en varias repeticións esta semana na propia cadea ou picando neste enlace con youtube. Atención ás entrevistas finais na rúa, nas que se comproba que a nosa fama é planetaria.

Por outra parte, Boy Elliott & the Plastic Bags, compañeiros de batalla, representantes de Galicia no Liet-Lavlut, grupazo onde os haxa e amigos para sempre, anunciaron a través do Facebook que o deixan. A nós dános pena, moita, pero seguro que o que nos ofrecerán no futuro será polo menos tan bo coma o Planeta 19 e todos eses temazos que deixan gravados. Farewell, my friends!

Advertisements