You are currently browsing the monthly archive for Novembro 2008.

Máis datas para os próximos meses! Como aínda queda bastante para todas elas, os horarios e incluso os días poden variar; seguiremos actualizando. Haberá ademais algunha sorpresa televisiva, esperamos.

6 decembro 2008 (sab): Palexco, Coruña. Music.gal – Cultur.gal. 21.30h.
14 decembro 2008 (dom): Teatro Principal, Santiago DC. Implícate, a noite solidaria. 20.30h.
6 febreiro 2009 (ven): Sala 600, Melide. 00:30h.
27 febreiro 2009 (ven): El Ensanche, Vigo. 23:00h.
7 marzo 2009 (sab): La2, Barcelona. Con Samesugas. 22.00h.
21 marzo 2009 (sab): Babel, Lugo. 23:30h.
5 abril 2009 (dom): Aturuxo, Bueu. 21.30h.
17 abril 2009 (ven): Liceum, Porriño. 23.00h.
30 Abril 2009 (xoves): Fábrica de Chocolate, Vigo, 22.00h.

E, aquí abaixo, máis exemplos de como perde o tempo Le Roi AKA Le Trutis AKA Das Peatón AKA O Opie da rúa das Hortas. Neste caso, a referencia está clara, non?

Opie Homens

Opie Homens

Estamos flasheados polo montón de xente que veu onte escoitarnos en DC… Moitas gracias a tod@s @s que conseguistes entrar, e mil disculpas para quen quedou fóra (Mourente, hai que vir á hora! :p). A quen non o coñeza recomendámoslle que pase algún día polo Ultramarinos; é un sitio ben chulo, e Noa, Zalo, Xurxo e os demais son moi moi boa xente!

Por certo, como é habitual, quedounos a cámara na casa, así que quen teña fotos do bolo que faiga o favor de mandalas a thehomens@gmail.com , por favor! Quedaremos agradecidos!

E que ninguén se esqueza da Noite Hardcore do sábado, que volven os Pollegros!!!

NOITE HARDCORE

POLLEGROS + ZAIRUS

Sábado, 22 de Novembro de 2008

Hora: 20:00

Lugar: CSC do Castiñeiriño – Santiago DC

Pollegros + Zairus

Pollegros + Zairus

The Homens no Ultramarinos

The Homens no Ultramarinos

Recoméndase vir á hora, que o sitio é pequeno e agora ocupamos máis…

THE HOMENS

Pub Ultramarinos, Santiago DC

Mércores 19 de novembro
22.00h – 3€

Coa coña, levamos xa mes e medio sen tocar por aí adiante. Pode que non sexa moito tempo, pero tendo en conta que os tres (agora catro) levabamos algo así como tres anos citándonos na carriña practicamente cada fin de semana, pódese entender que teñamos mono.

Tamén é certo que cada vez que nos decidimos a parar un pouco para facer cancións nos dá o fervello de probalas fóra da casa, e abofé que habemos facelo. Estas son algunhas das datas que temos para os próximos meses, aínda que haberá moitas máis ás que só lles falta a confirmación. Algunhas destas poden sufrir tamén modificacións…

..así que mellor non pestenexar!!!

19 novembro 2008 (merc): Ultramarinos, Santiago DC. 22.30h. 3 euros.

6 decembro 2008 (sab): Palexco, Coruña. Culturgal.

14 decembro 2008 (dom): Teatro Principal, Santiago DC. Implícate, a noite solidaria.

7 marzo 2009 (sab): La2, Barcelona. Con Samesugas. 22.00h.

E recordade que o sábado 22 de novembro o Centro Socio Cultural do Castiñeiriño acollerá a máis grande reunión e a máis grande visita que vivirá DC en moitos meses: Pollegros e Zairus, man a man, nunha noite que empezará ás 20.00 con cea vegana e proxección de películas hardcoriles.

A cea cobrarase a prezos populares; o concerto é gratis con bono axuda; as equis nas mans pintámosvolas gratis.

Querid@s amig@s e supporters do punk de DC:

A Vanette de Alberte petou.

Ante tan triste suceso (e non vai con coña, que somos uns sentimentais), copio e pego directamente do fotolog do seu xa ex dono. A verdade é que, parándose a pensar, son un huevo de recordos, e todos bos…

Vanette, vai cara a luz…

“Alá quedou para fazer chatarra despois de 18 anos de vida e máis de 11 anos fazendo todo tipo de trabalhos: mudanças e transportes vários, viagens interminaveis a Paris e Londres coas raparigas da Curuxa e Lunario, levando-nos de campismo, transportando hectolitros de vinho e feixes de discos e carregando o backline de bandas como Pesadelo em Mouronçom, Por Teléfono, Fame Neghra, Fulsomes, Xenreira, Samesugas, Street Fighter, Redullos, Pollegros, The Homens,…

Adeus para sempre!”

vanete