Coa coña, levamos xa mes e medio sen tocar por aí adiante. Pode que non sexa moito tempo, pero tendo en conta que os tres (agora catro) levabamos algo así como tres anos citándonos na carriña practicamente cada fin de semana, pódese entender que teñamos mono.

Tamén é certo que cada vez que nos decidimos a parar un pouco para facer cancións nos dá o fervello de probalas fóra da casa, e abofé que habemos facelo. Estas son algunhas das datas que temos para os próximos meses, aínda que haberá moitas máis ás que só lles falta a confirmación. Algunhas destas poden sufrir tamén modificacións…

..así que mellor non pestenexar!!!

19 novembro 2008 (merc): Ultramarinos, Santiago DC. 22.30h. 3 euros.

6 decembro 2008 (sab): Palexco, Coruña. Culturgal.

14 decembro 2008 (dom): Teatro Principal, Santiago DC. Implícate, a noite solidaria.

7 marzo 2009 (sab): La2, Barcelona. Con Samesugas. 22.00h.

E recordade que o sábado 22 de novembro o Centro Socio Cultural do Castiñeiriño acollerá a máis grande reunión e a máis grande visita que vivirá DC en moitos meses: Pollegros e Zairus, man a man, nunha noite que empezará ás 20.00 con cea vegana e proxección de películas hardcoriles.

A cea cobrarase a prezos populares; o concerto é gratis con bono axuda; as equis nas mans pintámosvolas gratis.

Advertisements