You are currently browsing the monthly archive for Outubro 2008.

Vaia, por fin unha foto na que se nos ve en Formación Diamante… Foi tomada o 27 de setembro en Corcubión, nas festas das Mercedes. Agora mesmo andamos os catro facendo cancións novas, iso que os pedantes chaman “compoñer”, que a min me soa ao que facía o compoñedor de San Román coas vértebras, as pernas e as ‘paletillas’, sexa o que sexa iso. Estamos nese momento do proceso no que as músicas teñen nomes ridículos como Niuniuniu (porque o teclado soa así), Me cagon teu pai (recentemente rebautizada, por fortuna, como A liña verde), Reverb (porque a guitarra leva ídem) ou Chafullas (porque de momento tocámola chafulleiramente). Algunhas han poder oírse (é de supoñer que máis completas) o día 19 de novembro, no Ultramarinos de Santiago DC. Alguén se apunta?

(Ah, aqueles tempos dos Fame Neghra, nos que as cancións empezaban chamándose Pon o garsé ou René Ponk e acababan sendo Nom significa nom ou Airgamboy…)

The Homens en Corcubión

The Homens en Corcubión

Facer unha pausa nun intenso calendario de actuacións ten sempre efectos secundarios: o queridísimo baixista dos The Homens abúrrese, e dedícase ao debuxo de mangas.

LeRoi, Patrón, Gus e Wu

LeRoi, Patrón, Gus e Wu

(Non sei por que, pero recorda a isto e ten gracia!)

Quen non adora a Boy Elliott and the Plastic Bags? Se é imposible! Mañá sábado, a última hora da tarde (a Radio Galega retransmíteo desde as 18.30), Dani e a súa superbanda representarán a Galicia, co tema Planeta 19, no Festival Liet-Lavlut, que se celebra en Laponia e ao que concorren cancións en idiomas minoritarios e minorizados. Para votar por eles podedes entrar nesta páxina.

Sorte, cracks, e abrigarse!

(Por certo, non ten nada que ver pero palmou Alton Ellis… we’re still in love with him).

Vai aló un ano desde que se editou Tres, e desde aquela pasaron unhas cantas cousas… Gracias a todos os que viñestes vernos nestes meses de presentación, aos que mercastes o disco, aos que o baixastes de interné e tamén a todos os demais!

Por certo, se queredes que toquemos na vosa sala, salón, festa, festi, chigre ou tigre podedes poñervos en contacto desde xa coa nosa nova oficina de contratación, Morcego Management!

Morcego Management
Contacto: Alberte Leis
tlf/fax. (+34) 619 535 692
morcegorabudo (arroba) gmail.com

Autoparabéns

Autoparabéns

Detrás desta portada pelín grimosa atópase o último esforzo internacional do mellor grupo que hai neste país e na maior parte do estranxeiro. O selo Rastrillo Records, de Buenos Aires, acáballes de editar aos nosos irmaos os Samesugas un split co mítico roqueiro arxentino Marcelo Pocavida, e o disco está xa á venda en Gong Discos Compostela e nos concertos de Samesugas. E tédelo fácil: o día 1 de novembro Samesugas van estar na Sala Nasa de Santiago DC con Los Chicos (Madrid) e The Act-Ups (Barreiro-Portugal).

Samesugas + Marcelo Pocavida

Samesugas + Marcelo Pocavida

Ademais de convidarnos a tocar na praza da súa preciosa vila na fin de semana das festas, a xente de Corcubión regálanos unha entrevista con fotos e vídeos da actuación. Se picades aquí poderedes ver como soan os The Homens en formación de catro, e tamén comprobar que CORCUBIÓN MOLA!

Gracias! Esperamos vervos outra vez máis cedo que tarde!

Posdata. Esta foto, quitada por Cristovo nun bar en Corcubión (pode ser o Gavillas?), demostra que ser batería punk e coidarse con cremas, leites hidratantes e afeites varios non é incompatible.

Ramón Samesugas e Xocas comparten segredos cosméticos

Ramón Samesugas e Xocas comparten segredos cosméticos