You are currently browsing the monthly archive for Xullo 2008.

Cando está a punto de rematar este mes de xuño estraño (un mes sen tocar xa nos dá mono de escenario!), xa temos unhas cantas citas para agosto que vos podemos avanzar.

xov 7 ago, A Coruña (escalinata do Domus)

ven 22 ago, Ribadeo + Siniestro Total + Cornelius

sab 23 ago, Dolorock (Mosteiro, Meis) + Vestusta Morla + Lagartija Nick + Catpeople + X-Wife

Alameda de Santiago DC, maio do 2008
Alameda de Santiago DC, maio do 2008
Advertisements

Estamos folgazáns. Tanto que, case mediado o mes de xullo, resulta un pouco curioso poñer aquí que cos concertos de Ferrol e Vigo coas Charades, en xuño, rematou a xira de inverno de Tres, non? Foron cerca de dez meses sen tregua, desde que alá por outubro saíra o disco, nos que coñecemos ducias de persoas fantásticas, chupamos varios milleiros de quilómetros de carriña (moitos milleiros…), arruinámonos e saímos a flote en incontables ocasións, fastidiamos a saúde en varias ocasións, aprendemos tres ou catro lecciós e, sobre todo, pasámolo xenial con toda a xente que veu vernos. Moitísimas gracias a todos e todas. Agora chega o verán, que é o mellor que hai, e nesta páxina iremos colocando as datas que vaian aparecendo. Esperamos vervos de novo moi pronto!

En todo caso, tampouco é que no último mes estivésemos exactamente ociosos. Hai xa unhas semanas que empezamos a traballar no que, se os axentes do fisco ou a saúde non o impiden, debería ser o próximo que gravemos. A cousa aínda está en fase moi embrionaria, pero polo que parece o material vai ser un cruce entre Eskorbuto e o Piper at the gates of the dawn hahahaha… E sospeito que vai haber grandes sorpresas!

Falamos!

Esperando o Bus en Bebenhausen (a foto é de Ber).

Esperando o Bus en Bebenhausen (a foto é de Ber).