You are currently browsing the monthly archive for Outubro 2009.

Non se sabe ben por que, pero contra final de ano sempre facemos uns cantos concertos ben curiosos, en lugares e con motivos diferentes aos habituais, e iso está moi ben. Antes da presentación da Cuarta potencia (recordade, o 17 de decembro na Nasa, en Santiago DC) andaremos por estes escenarios:

– O 7 de novembro tocaremos no Bacalhoeiro COOLectivo COOLtural, en Lisboa, no marco da primeira Xuntanza da Xuventude Galega. Compartiremos palco con Miguel Harguindey e Gran Purismo (grande!), pero a cita ten un programa moi extenso durante toda a fin de semana. Podedes consultalo aquí.

– O 11 de novembro faremos un par de temas nunha homenaxe aos Beatles que vai haber na Sala Capitol, en Santiago DC. Seguiremos informando en canto vaiamos sabendo máis cousas. Que ninguén espere Yesterday, iso si.

– O 3 de decembro participaremos nunhas xornadas sobre música galega que organiza a AS-PG en Lugo. Tocamos pola tarde no Museo Provincial, penso. Sigan atentos á pantalla.

– Finalmente, o 17 de decembro presentaremos na Nasa, en DC, Cuarta potencia, ao tempo que Novedades Carminha fan o propio con Te vas con cualquiera. Festón de Lixo Urbano, xente, a non perder.

Espectadora (nun día de público máis ben escaso) a Wu: “Oye, ¿tú eres el que canta?”
Wu: “Sí, sí”.
Espectadora: “¿Y no tendrías que ir enmedio? ¿Por qué te pones a un lado del escenario? ¿No es peor para el sonido?”
Wu: “Es que enmedio el que va es el guapo”.

Algunha cousa máis da nosa Cuarta potencia, que xa está en proceso de gratinado: se en Tres tivemos dúas colaboracións fantásticas (Eugeni Bigas, que tocou a trompeta, e Cristina Pujol, que nos fixo os acordeóns), desta vez tampouco temos queixa ningunha. Ademais de Santi García, que taraboulou en cantas maracas, panderetas e trebellos ten no estudio, tamén nos botou unha man (literalmente) coas percusións Roger Ortega (No More Lies e agora Vista Alegre, ollo con este grupazo!). E, por encima, Isa, das Charades, cantounos un pedaciño de ‘Costa Brava’ e, coma todo o que fai, bordouno. Naturalmente, estes detalles son o mellor do disco.

GRACIAS!!!!!!!!!!!!!!

Mentres conduciamos camiño de Lleida (preciosa sala, estupenda xente, superior xantar do que xa falaremos), o máster de Cuarta potencia chegou a Santiago DC. Escoitarémolo (só un pouquiño) e, inmediatamente, partirá camiño da República Checa, onde se farán as copias de vinilo e cedé correspondentes. Calculamos que nun mesiño a operación estará rematada.

Este venres tocamos no Café del Teatre, en Lleida, ás 22.30 horas. A entrada custa 8 euros (6 a anticipada e reducida). E van ser unhas risas!

The Homens en plan psych, en Barcelona, o pasado mes de marzo

The Homens en plan psych, en Barcelona, o pasado mes de marzo

O texto de máis abaixo ilustra como quedamos para ensaiar The Homens. Facilísimo, vamos.

de    Martin Wu
para    LeRoi, Morcego Mngmnt, Xocas López, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 10:28
asunto    Re: Deseño final

Que pasaba o 11 de abril? Que pasou cos amplis? A que hora vamos hoxe?

de    Xocas López
para    Martin Wu, LeRoi, Morcego Mngmnt, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 10:33
asunto    Re: Deseño final

O 10 de abril temos unha reserva feita para a Sala Son. O ampli de Alberte debe ter mal os chumbos, a pantalla de Roi está jodida. E hoxe dirá Roi a que hora vamos, tiña que falar con Mr. Silveiras.

de    Xocas López
para    Martin Wu, LeRoi, Morcego Mngmnt, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 10:34
asunto    Re: Deseño final

E por certo como é venres podíades chuparma un pouco se queredes!!!!

de    Martin Wu
para    LeRoi, Morcego Mngmnt, Xocas López, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 10:36
asunto    Re: Deseño final

Hai que chombar ben os amplis, coma a herba seca

de    Martin Wu
para    LeRoi, Morcego Mngmnt, Xocas López, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 10:36
asunto    Re: Deseño final

Podíamoslles inundar o correo de chorradas a estes tres para que se entreteñan cando desperten


de    Xocas López
para    Martin Wu, LeRoi, Morcego Mngmnt, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 10:39
asunto    Re: Deseño final

Alo resaca LeTrutis!!!!!!

de    Martin Wu
para    LeRoi, Morcego Mngmnt, Xocas López, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 10:41
asunto    Re: Deseño final

Trutís, sales os jueves par air ás festas de matemáticas, e vas acabar mal que cho digo eu que sei do que falo

de    Xocas López
para    Martin Wu, LeRoi, Morcego Mngmnt, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 10:57
asunto    Re: Deseño final

Trutis como onte lle deron o Nobel a unha rumana e non teñen en conta a miña sensibilide poética, vouche dedicar unha composición libre coa que convido ao Sr Wu a que complete. Vai por ti querido.

A LO RESACA

Saes da casa pensando en voltar cedo,
as boas intencións son o teu credo.

Tómaslle a primeira no miúdo
e a segunda…
ata que a mahou te sale por el culo.

Ese culo que ao día seguinte,
a lo resaca extrema,
bótase fóra porque se resinte.

Ahhh Le Trutis e a noite compostelana!!!
Que sería de ti!!!
Que sería, sen ti, da jarana!!!

de    Martin Wu
para    LeRoi, Morcego Mngmnt, Xocas López, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 11:07
asunto    Re: Deseño final

Mío Trutís Roi Fernández / por el Ruta entrove,
van en su compañía / Papa Piticli y otros pendones;
taberneros y camareras / birras a pares les ponen.
Llorando luego del ojete / tan grande era su dolor,
de las sus bocas / todos decían una razón:
“Trutis, qué buen godallo / si tuviese buen licor!”

de    Xocas López
para    Martin Wu, LeRoi, Morcego Mngmnt, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 11:46
asunto    Re: Deseño final

uhuhuhuhuuhuuuhuhuhuuuuhuhuhuhuhuhuhuhuh!!!!!!!!!!!
sisisisisisisiisisisisisisisi!!!!!!

de    Xocas López
para    Martin Wu, LeRoi, Morcego Mngmnt, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 12:10
asunto    Re: Deseño final

Remítovos un interesante correo que enviou *********

(Por deferencia aos lectores e ás lectoras, omítese aquí un aburridísimo texto coa programación dunha sala de concertos que ocupa 8 folios en Word).


de    Martin Wu
para    LeRoi, Morcego Mngmnt, Xocas López, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 12:35
asunto    Re: Deseño final

Breve, claro e conciso, as claves dun bo texto xornalístico. Case tanto como este romance castellano:

Roi Fernández, Roi Fernández,
trutis de la trutería,
el día que no saliste
grandes señales había.

Estaban los futbolines en calma,
las tascas quedaban tranquilas;
noche que Trutis no sale,
noche que queda perdida.

de    Xocas López
para    Martin Wu, LeRoi, Morcego Mngmnt, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 12:48
asunto    Re: Deseño final

Las barras estaban tristes,
conmovidas las chavalas,
los camellos desconsolados,
pues tú, oh Trutís, no te hallabas.

La noche se hizo día,
se acabó la carallada.
Los gatos ya no son pardos,
pues tú, oh líder de noche, estás de resaca.

de    Martin Wu
para    LeRoi, Morcego Mngmnt, Xocas López, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 12:49
asunto    Re: Deseño final

Dios, somos buenísimos!!!!!!! Vannos dar o Nobel, coma a Obama!
Iso si, seguimos sen saber a que hora entrenamos :D:D:D

de    Xocas López
para    Martin Wu, LeRoi, Morcego Mngmnt, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 12:51
asunto    Re: Deseño final

El entreno es lo de menos,
con esta lírica fluída,
venerando a nuestro lider,
la vida bien nos ganaremos!

de    Martin Wu

para    LeRoi, Morcego Mngmnt, Xocas López, Cristovo Patiño Rodríguez

fecha    9 de octubre de 2009 12:52
asunto    Re: Deseño final

Con estes últimos versos
destiérrasme los temores;
larga vida tenga pues
el terror de los amplificadores!

de    Xocas López
para    Martin Wu, LeRoi, Morcego Mngmnt, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 12:53
asunto    Re: Deseño final

Lo de menos es lo de Obama,
-estos Suecos están locos:
le han dado el premio,
a una gitana rumana!!!

de    Martin Wu
para    LeRoi, Morcego Mngmnt, Xocas López, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 12:55
asunto    Re: Deseño final

A tan paradójico premio
sólo una explicación se le halla:
qué es la vida sino un pedal de boutique
recubierto de baballa?

de    Xocas López
para    Martin Wu, LeRoi, Morcego Mngmnt, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 13:00
asunto    Re: Deseño final

Con esta fluída rima,
reclamo un cambio en la portada.
Todos vestidos bardos
con pluma, estilo y mallas.

de    Martin Wu
para    LeRoi, Morcego Mngmnt, Xocas López, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 13:06
asunto    Re: Deseño final

Hállase confusa mi mente,
y ni aplicándome me explico
que nos deje por Eduardico
nuestra Luz de Occidente!!!

Y me pregunto: será posible
que le hayan dejado doliente
eses enojos circunferentes
denominados fusibles?


de    Xocas López
para    Martin Wu, LeRoi, Morcego Mngmnt, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 13:17
asunto    Re: Deseño final

Comprendido he tu duda
y solucionarla quiero.
Pues atraen más los plomos
quemados de Alberte
y las cervezas con un quente
que dos increíbles poetas
que despejan y cultivan mentes!!

de    Martin Wu
para    LeRoi, Morcego Mngmnt, Xocas López, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 13:20
asunto    Re: Deseño final

Permíteme, oh, Patronis!
que me ponga de tu parte,
pues estos malditos cabronis
con desprecio miran nuestro arte.

Mas respuestas necesito
de nuestro amado tinallas:
no digas que no molaría
saber a que hora se ensaya!

de    Xocas López
para    Martin Wu, LeRoi, Morcego Mngmnt, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 13:25
asunto    Re: Deseño final

Molar, estimado Wu, molaría
mas me temo, con certeteza,
que el gran bebedor de ceverza
atendiendo está su dolencia de la trasería.


(Neste punto, LeRoi acorda, chama por teléfono e queda para ensaiar ás cinco).

de    Martin Wu
para    LeRoi, Morcego Mngmnt, Xocas López, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 13:48
asunto    Re: Deseño final

Amanecido el prócer bajista,
nos convoca a las cinco
el que no venga que coja pista
y por el culo se la hinco

de    Xocas López
para    Martin Wu, LeRoi, Morcego Mngmnt, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 13:52
asunto    Re: Deseño final

Con esta última rima vulgar
me has decepcionado.
Nos veremos a las cinco
tal y como hemos pactado.

de    Martin Wu
para    LeRoi, Morcego Mngmnt, Xocas López, Cristovo Patiño Rodríguez
fecha    9 de octubre de 2009 13:55
asunto    Re: Deseño final

Siento su decepción,
mi amado Garcilaso,
apellidado De la Verga
y del carallo como un brazo.

Y quiero además que sepas,
doquiera que tú estés,
que parto raudo hacia Cacheiras
a freír unos bistés.

Ata as cinco, bardo pontés (e musa alcohólica!)

‘Llamada del respetito‘: Chamada categórica que se fai a quen lle debe pasta a un. Sinónimo perfecto da entrada XIX.

‘Llamada del ahorro’: Chamada á orde que se fai a alguén que lle debe pasta a un. Sinónimo perfecto da entrada XX.

Xa están á venda entradas para a presentación do Te vas con cualquiera dos Novedades Carminha e do noso Cuarta potencia, que se vai levar a cabo o día 17 de decembro na sala Nasa de Santiago DC, ás 21.00. Poden reservarse na web da propia sala, e hanse poñer á venda anticipada nos puntos habituais da cidade (Gong, Bar Tolo, A Reixa Tenda…). Custan 8 euros anticipadas, e 10 o mesmo día.

Como Alberte xa subiu a data ao seu calendario, nós tamén o vamos facer: a presentación oficial de Cuarta potencia vai levarse a cabo o xoves 17 de decembro na sala Nasa, en Santiago DC, ás 21.00 horas. No mesmo concerto, os Novedades Carminha presentarán Te vas con cualquiera, un cedé que tamén edita Lixo Urbano.

Vai ser un festón.