You are currently browsing the monthly archive for Maio 2008.

Xa nos tocaba: esta fin de semana tomaremos un descanso na xira sen final nin fondo. A razón non pode ser máis feliz: mañá sábado 31 é o Rock en Costa 2008! Así que cambiamos as chaves da carriña polos tiques e os vasos de plástico, e en lugar de cargar cos nosos baqueteados amplis botamos ao lombo o equipo novo do paquete do querido Bandín para convidarvos a pasar a partir das nove polo campo da festa do Castiñeiriño, en Santiago DC, e ver cinco grupazos.

Ía dicir “vide e celebraremos que por fin deixou de chover”, pero acabo de mirar pola ventá, grrrrr… Cambio polo tanto de discurso: vide, que hai carpa!

ROCK EN COSTA 2008
 
BLACK PANDA
BUNNYRANCH
LOS PANIKS
SIZO
DR.GRINGO

 
31 de maio, 21 horas. Campo da festa do Castiñeiriño, Compostela
Entrada de balde
 
myspace.com/rockencostafestival
rockencostafestival.wordpress.com
www.xurasica.com

O videoclip do Calamar que nos fixeron Roi Fernández e Isaac Cordal, da Fundación Intemperie, segue facéndonos felices coma cucos: onte pola noite gañou o premio do xurado do Festival de Cans!!! Gracias eternas a eses dous cracks audiovisuais!

Despois do festón do sábado na Alameda (gracias a todos os que fostes, sobre todo a Mourente, que case queda pechado na carriña coma López Vázquez en La Cabina), esta fin de semana temos dobre cita. Parar é de covardes!

The Homens
+ Banda Potemkin + Som do Galpom

Festival Manguelo Mestizo – Orazo, A Estrada
Venres 23 de maio, 23.00h
 

———————————

The Homens + Samesugas

Festa de presentación do Festival Rock en Costa
Presentación do EP compartido para Lixo Urbano
Centro Sociocultural do Castiñeiriño, Santiago DC
Sábado 24 de maio. 21h.

 

Por certo, o noso estimado Xesús Fraga, inspirador, crítico e sobre todo amigo, vén de gañar o Premio de Artigos Normalizadores do Concello de Carballo cun artigo ben interesante sobre a música pop galega. Podedes lelo aquí. Parabens!

Por último, e para acabar de abrasarvos, podedes ver aquí o programa Miraxes que a TVG emitiu o sábado 17, no que aparece o vídeo do Calamar. Nótese o nome que lle dan no programa a Martin Wu, transformado en Martiño Santos, sen dúbida pola admiración que profesamos hacia o conxunto sadense de tal denominación 🙂

Mañá sábado estaremos na Alameda de Santiago DC, na Festa do Dezassete da Gentalha do Pichel, con Ataque Escampe, Sacha na Horta e os nosos estimadísimos Os da Ría, a resposta galega a Eros Ramazotti. Iso si, se non queredes perdervos nada, ide á hora (empeza ás oito, pero alí hai onde cear): o Concello de Santiago, sempre sensible ás iniciativas cidadás, obriga a que o festival remate supercedo. Gustaríanos saber se hai algunha ordenanza municipal que só permita que acaben máis alá da medianoite concertos de tipos como MClan ou a basura que Bugalletti e compañía traen ás festas. Gracias por matar esta cidade!

Por outra parte, o vídeo do Calamar, da Fundación Intemperie, segue dándonos sorpresas moi gratas. Ademais de ser finalista no Festival Musiclip de Barcelona, agora vai proxectarse no Festival de Cans, e mañá sábado 17 aparecerá, con entrevista incluída, no programa da TVG Miraxes, no que tamén sairán os últimos vídeos de Ruxe Ruxe e Lamatumbá. O domingo pasado, o clip do Calamar apareceu en Onda Curta; podedes velo aquí.

…chámase Karaoke e é impresionante. Pero MOI impresionante de dios. E encima leva unha versión flipante do noso Non podo máis que lle agradeceremos sempre. Xa podedes descargar o disco enteiro picando aquí.

Seis meses e medio e un monte de concertos despois, volvemos á casa. O sábado 17 estaremos na Alameda de Santiago DC, na Festa do Dezassete da Gentalha do Pichel. O venres 23 actuaremos no Festival Manguelo Mestizo, en Orazo (A Estrada), e o 24 volveremos a Santiago para tocar con Samesugas no Centro Sociocultural do Castiñeiriño, na festa de presentación do Festival Rock en Costa (que se vai celebrar o día 31) e do single que compartimos con Samesugas e que vén de editar Lixo Urbano.
Vémonos! 

The Homens
+ Os da Ría + Ataque Escampe + Sacha na horta

Festa do Dezassete. Alameda, Santiago DC
Sábado 17 de maio
 

——————————–
The Homens
+ Banda Potemkin + Som do Galpom

Orazo, A Estrada
Venres 23 de maio, 23.00h
 

———————————
The Homens + Samesugas

Festa de presentación do Festival Rock en Costa
Presentación do EP compartido para Lixo Urbano
Centro Sociocultural do Castiñeiriño, Santiago DC
Sábado 24 de maio. 21h.

Batería dobre na Discoteca Ogmios de Cariño… Mmmm, só unha idea do que vai pasar nos próximos días…

Parar é de covardes!

The Homens
Discoteca Ogmios, Cariño
Venres, 9 de maio. 00.30horas. 3 euros.