You are currently browsing the monthly archive for Febreiro 2011.

Velaquí unha imaxe e unha reseña dun dos nosos concertos máis bonitos.

Mañá venres estamos con Detrás da canción en Vigo.

DETRÁS DA CANCIÓN en VIGO
Obradoiro: Telecentro, 18.00h.
Concerto: MARCO, 20.00h.

Advertisements

Fiambreira: contentor de plástico para cables, quizá polo seu parecido aos espaguetis (aínda que en lugar de salsa de tomate leven restos de cubata).

Hoxe venres levaremos a nosa a Viveiro con Detrás da canción (o obradoiro, no Telecentro ás 18:00; o concerto, no Teatro Municipal ás 20:00).

Un homem a outro homem: O indie é o mesmo que o mainstream, pero a escala. Porque me nego a considerar os peinados como unha diferencia.

O outro homem ao primeiro homem: Si, tio. Quiero ser califa en lugar del califa.

Diversas actividades relacionadas con The Homens van ternos ocupados mañá xoves, aínda que por separado. Xocas predicará xunto con xente como Xurxo Souto no foro musical Percebe Son, organizado polos alumnos do IES Audiovisual de Vigo. Mentres, Roi e Wu tentarán convencer aos nenos da gardería á que vai o fillo do último deles de que o rocanrol é un atraso e, polo tanto, deben dedicarse a outra cousa; de paso, levaranlles unhas cantas guitarras e trebellos de percusión para que enreden. Cristovo, pola súa parte, quedará no Porriño revisando o Excel, que xa está desbordado.

The Homens, un grupo comprometido coa comunidade.

Véseche a ucha – Toca o pito – Straight edge. Foto de Chou no Auditorio de Ribeira, 5 de febreiro do 2011.

Excel: medida disciplinaria que se aplica en certos conxuntos de rocanrol, consistente en anotar nunha táboa as faltas de cada un dos seus integrantes, a saber: fumarse a carga e descarga de instrumentos (algún día falaremos das diversas técnicas para isto), pulsar o arpexiador insospeitadamente, esquecer a letra dunha canción que se cantou 240 veces, perder a carteira común, bater coa furgo nun bolardo, chegar a un bolo cunha resaca inhabilitante, etcétera. Hai quen di que as faltas anotadas acaban pagándose, pero iso está por comprobar, polo menos no noso caso. Oyistis?

‘Bandinizer’ (palabra coñecida vía Chou): Plug-in actualmente en desenvolvemento, baseado nos presupostos estéticos do máis grande técnico de son do país, pensado para conseguir ante calquer auditorio as súas sonoridades máis características (carpa-pavillón-curro de Sabucedo).

O venres estamos con Detrás da canción en Viveiro, nun teatro precioso.

DETRÁS DA CANCIÓN en VIVEIRO
Obradoiro: Telecentro, 18.00h.
Concerto: Teatro Municipal, 20.00h.

Aí, sentadiños e atendendo, e con Chou de vixilante de pasillo… (Santiago DC, 4 de febreiro do 2011)

Xa sabía eu que tiña que haber unha razón poderosa para que non fosemos case nunca ao local… Onte, mentres LeRoi e máis un servidor (Wu) se esforzaban por meter máis de dezasete acordes distintos na mesma canción, o Twin Reverb ao que estaba conectada a guitarra acústica empezou a queixarse, desde moi fondo, con melancolía insondable, cun son estarrecedor entre vento da estepa, muecín enfebrecido e gaita de xoguete ‘Recuerdo de Santiago’. Aínda conservamos o medo nos ósos…

Esta fin de semana vai ser movida: pasaremos por todos estes sitios con Detrás da canción!

Venres 11: VILAGARCÍA DE AROUSA
Obradoiro: Telecentro, Obradoiro Municipal de Emprego, 18.00h. Concerto: Praza Peixería, 20.00h.

Sábado 12: BOIRO
Obradoiro: Telecentro, Centro Sociocultural, 18.00h. Concerto: Salón de Actos, Centro Sociocultural, 20.00h.

Domingo 13: MUROS
Obradoiro: Telecentro, Casa da Cultura, 18.00h. Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.

Se nada se torce (cousa que habitualmente nos pasa), hoxe iremos probar material novo por primeira vez en meses. Para celebralo, queda inaugurada unha nova categoría deste blog na que iremos contando as posibles novidades das presuntas cancións que probablemente conformen o noso hipotético próximo disco, se é que o hai. Que iso esperamos…

Menos mal que temos fotos do local, porque senón non nos acordariamos de como é…

Seguimos co Detrás da canción, despois dunha fin de semana ben chula tocando na casa e arredores. A próxima fin de semana vamos a Vilagarcía, Boiro e Muros, tres vilas nas que aínda non tocamos nunca.

Venres 11: VILAGARCÍA DE AROUSA
Obradoiro: Telecentro, Obradoiro Municipal de Emprego, 18.00h. Concerto: Praza Peixería, 20.00h.

Sábado 12: BOIRO
Obradoiro: Telecentro, Centro Sociocultural, 18.00h. Concerto: Salón de Actos, Centro Sociocultural, 20.00h.

Domingo 13: MUROS
Obradoiro: Telecentro, Casa da Cultura, 18.00h. Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.

Martin Wu aparece estes días facéndose o interesante nunha entrevista que lle fixo o amigo Antón Papaqueixos (agora nos Tres Trebóns e en Ulträqäns). Pode lerse aquí. Moitas gracias outra vez a Antón e á xente do Diário Liberdade!

Esta fin de semana vai ser de traca: mañá estamos, nós e máis o Projecto Mourente, con Detrás da canción no Centro Social do Ensanche de DC, o sábado vamos a Ribeira, de onde é o máis importante dos Homens, e o domingo tocamos en Negreira. Esperamos vervos!

Venres 4: SANTIAGO DE COMPOSTELA
Obradoiro: Telecentro, Facultade de Xornalismo, 18.00h. Concerto: Centro Cultural do Ensanche, 20.00h.

Sábado 5: RIBEIRA
Obradoiro: Telecentro, Confraría de Pescadores, 18.00h. Concerto: Auditorio Municipal, 20.00h.

Domingo 6: NEGREIRA
Obradoiro: Telecentro, Casa da Cultura, 18.00h. Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.

 

Wu e o Tigre, en 2010 nas Crechas, en DC. A foto, creo recordar, é de Ana Couceiro.