You are currently browsing the monthly archive for Decembro 2019.

Foi un pracer e unha honra participar o sábado no primeiro aniversario da sala Krazzy Kray en Cambados, co grandísimo Gus, que nos tratou a corpo de rei (grazas!!). Tamén estivo moi ben compartir mesa, mantel e escenario con Las Hijas de ZP AKA Agoraphobia, boa xente, grandes músicas e insuperables aparcando diante do bar, unha habilidade que se ten que apreciar máis 😉

No vídeo, a nosa versión do Abdul de Os Resentidos.

Os The Homens volvemos ás salas, o territorio que nos é máis querido. Este sábado estaremos celebrando o aniversario da Krazzy Kray, en Cambados (23.55). Despois poñerán discos as djs Las Hijas de ZP.

Nunca tocamos en Cambados, así que a ilusión é dobre.