You are currently browsing the category archive for the ‘Vocabulario urxente’ category.

Enfermar: o que che vai pasar se non cambias as cordas XA.

Exemplo:

– Homem cagado de medo ante a perspectiva do seu regreso aos escenarios despois de moitos anos: Quíntame a Ric, dálle un repaso, míralle a alma, sóldalle a entrada, ínchalle as rodas, pélalle a tona.
Luthier: E cambiareiche as cordas, ou? Que como te cortes con elas enfermas.

Abrirlle á quente: darlle volume ao equipo de son ata que o público perda a cría.

Exemplo:
Homem cagado de medo ante a perspectiva do seu regreso aos escenarios despois de moitos anos: Puf, a ver como nos fas o son, que estamos moi desentrenados.
– Homem técnico máster: Nin que fora tan difísil, dous cincuenta e setes, ábreselle á quente e andando.

Se atormenta una vecina / se masca la tragedia: Non vai vir nin Dios ao concerto.

Mastigar: é de covardes (aserto atribuído aos Ulträqäns ante un churrasco).

Fiambreira: contentor de plástico para cables, quizá polo seu parecido aos espaguetis (aínda que en lugar de salsa de tomate leven restos de cubata).

Hoxe venres levaremos a nosa a Viveiro con Detrás da canción (o obradoiro, no Telecentro ás 18:00; o concerto, no Teatro Municipal ás 20:00).

Excel: medida disciplinaria que se aplica en certos conxuntos de rocanrol, consistente en anotar nunha táboa as faltas de cada un dos seus integrantes, a saber: fumarse a carga e descarga de instrumentos (algún día falaremos das diversas técnicas para isto), pulsar o arpexiador insospeitadamente, esquecer a letra dunha canción que se cantou 240 veces, perder a carteira común, bater coa furgo nun bolardo, chegar a un bolo cunha resaca inhabilitante, etcétera. Hai quen di que as faltas anotadas acaban pagándose, pero iso está por comprobar, polo menos no noso caso. Oyistis?

‘Bandinizer’ (palabra coñecida vía Chou): Plug-in actualmente en desenvolvemento, baseado nos presupostos estéticos do máis grande técnico de son do país, pensado para conseguir ante calquer auditorio as súas sonoridades máis características (carpa-pavillón-curro de Sabucedo).

O venres estamos con Detrás da canción en Viveiro, nun teatro precioso.

DETRÁS DA CANCIÓN en VIVEIRO
Obradoiro: Telecentro, 18.00h.
Concerto: Teatro Municipal, 20.00h.

Aí, sentadiños e atendendo, e con Chou de vixilante de pasillo… (Santiago DC, 4 de febreiro do 2011)

Defecar: Por algunha razón que se escapa, os que tocamos en grupos, xente culta e preparada, pasamos un montón de tempo falando de necesidades fisiolóxicas básicas, a saber: comer, beber, foder e cagar. A este último e esquecido tema de conversa dedicaremos este pequeno vocabulario de sinónimos de defecar, atribuído cada un ao seu músico autor. Agradécense aportacións a maiores.

Estame tocando tela: teño moitas ganas de cagar. Paul Mellish, batería dos Fulsomes.

Liberar a Nelson Mandela: cagar. Santi García, Vistalegre. (Existen variacións como liberar a Willy ou liberar al soldado Ryan).

Asomar la tortuguita: ter moitas ganas. Álex García, Samesugas.

Darle sabor al caldo: cagar. Roger Ortega, Vistalegre.

Facer a de ***, sendo *** o nome dun músico que non vamos mencionar: cagar xusto antes de saír tocar. Varios.

Alternativa gráfica: pinzar o índice e o pulgar deixando asomar a punta do nariz: ter moitas ganas de cagar. LeRoi, baixista de The Homens e de L’uomo di Gomma.

Poñer unha conferencia con Lima ou capital mundial a distancia similar: cagar. Martin Wu, The Homens.

Vou facer algo que ninguén pode facer por min: vou cagar. Seve, Iribarnes

La de Chiquetete (se va a montar): A gorda, a mai de todas as festas, unha tan grande que poñerán placas nos bares nos que pararon os que participaron nela, tan enorme que están prevenidos ata os do 061. Vamos, parecida á que se vai montar o martes 28 cando veñan tocar os Vistalegre (Sala Moon, Santiago DC, 21.00h, 5 euros). Podédeslles escoitar completo o seu discazo no myspace.

Vistalegre, Sant Feliu superband

Vistalegre, Sant Feliu superband

Da web de BCore, que lles edita o disco:

“Muchos estábamos esperando que estos chicos de Sant Feliu de Guixols dieran señales de vida musicales tras la ya lejana disolución de No More Lies. Realmente no podiamos concebir que una banda con tanto talento no tuviera ningun tipo de continuidad. Por fin, la espera ha terminado y ya los tenemos aquí con su nuevo proyecto, Vistalegre.

Por otra parte sería un error pensar que se trata únicamente del proyecto de Santi Garcia. Ha sido la conexión musical y de amistad con Marc Clos (cuarto miembro de Nueva Vulcano y ex-Virtual Noise, además de reputado músico multiinstrumentista) la que ha motivado la creación de esta nueva y refrescante banda, completada con la inestimable y carismática presencia de Roger Ortega (también ex-No More Lies) a la batería. Después de este largo periodo inactivos estos tres “culos inquietos” vuelven con mucha fuerza y muchas ganas de hacer cosas. Este nuevo proyecto es la forma en la que pueden dar rienda suelta a su actitud mas punk, su hambre de furgoneta y carretera, el reencuentro con locales pequeños donde poder transmitir toda su energía y conectar con su público. La fijación por los noventa esta latente en su música que a modo de tributo traducen en un puñado de buenas canciones con estructuras redondas, donde predomina la melodía, la vitalidad, la potencia y donde la voz asume un papel fundamental, son la fórmula perfecta para que este trio funcione a la perfección. Un punto de unión donde electricidad y honestidad, encuentran su razón de ser.

Y como carta de presentación, se han sacado de la manga un disco tremendamente adictivo, de punk-rock directo a la vez que complejo armónica y rítmicamente, que hará disfrutar como locos a los amantes de bandas como Kepone, Nada Surf, Replacements o los primeros Posies”.

‘Trembling hands’ (de ‘Trembling hands’, canción dos gloriosos Samesugas, moi pronto nos quioscos vía El Beasto): estado de desacougo e destemple no que se queda despois de recibir unha terrible descarga eléctrica no local de ensaio, ao tocar un micro, unha guitarra ou mesmo unha parede electrificada non se sabe ben por que.