You are currently browsing the monthly archive for Marzo 2011.
Homem (mentres acumula material de percusión nas dúas mans): E agora chega ese momento do concerto no que as paso putas.
Espectadora moi nova aos Homens, despois dun concerto: Non é por nada, pero parecédesvos moito ás cancións do Xabarín que escoitaba cando era pequena.
Homem: Si, si, de algún sitio hai que copiar.
Esta foi unha fin de semana fantástica de concertos, amigos, decisións trascendentais, reflexións colectivas e churrascadas extremas (prégase a quen as teña que engada fotos). Estamos encarando o tramo final da xira Detrás da canción, e escribindo por fin cancións novas (co Patrón ao tamboril, Cristovo en modo cyborg, LeRoi convertido en maestro do chifre e Wu atrapado pola maxia do flanger, ai mi má); o que queda do noso espectáculo semiacústico podédelo seguir na web de Detrás da canción, ou no Facebook do grupo.
Como aquelarre no que queimaremos as guitarras acústicas e as greñas jipis que nos medraron nestes longos meses de furgoneta vamos tocar o día 24 de maio, martes, no pub Ultramarinos de Santiago DC; absterse concelleiros electos.
Ilustramos este post cun vídeo fantástico que nos gravou Laura Gracía Andrade o sábado en Carballo, onde se nos ve lidiar a Roi e a Wu cunha avaría técnica. Menos mal que o máster Tomás Ageitos aparece despois, á dereita da imaxe, para reconducir o bochorno…
Esta fin de semana vamos a Carballo, Betanzos e Foz con Detrás da canción.
Venres 25: BETANZOS
Obradoiro: Aula de Teleformación – Centro Cultural Santo Domingo, 18.00h. Concerto: Aula de Culturla – Edificio Liceo, 20.00h.
Sábado 26: CARBALLO
Obradoiro: Telecentro, Pazo da Cultura. 18.00h. Concerto: Pazo da Cultura, 20.00h.
Domingo 27: FOZ
Obradoiro: Telecentro – Casa da Xuventude. 18.00h. Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.
Mastigar: é de covardes (aserto atribuído aos Ulträqäns ante un churrasco).
Coa voz algo cascada (ah, doe!), seguimos buscando o que hai detrás da canción. A fin de semana que vén vamos a Carballo, Betanzos e Foz.
Venres 25: BETANZOS
Obradoiro: Aula de Teleformación – Centro Cultural Santo Domingo, 18.00h. Concerto: Aula de Culturla – Edificio Liceo, 20.00h.
Sábado 26: CARBALLO
Obradoiro: Telecentro, Pazo da Cultura. 18.00h. Concerto: Pazo da Cultura, 20.00h.
Domingo 27: FOZ
Obradoiro: Telecentro – Casa da Xuventude. 18.00h. Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.
Iso, que esta fin de semana nos vamos de bolos. Igual non comentamos que temos a intención de editar, publicar, regalar ou o que sexa unha gravación coa reinterpretación acústica que andamos facendo dos nosos temas, antes de que acabe o ano; pois xa queda dito, entón.
Venres 18: A CORUÑA
Obradoiro: Telecentro, Biblioteca Municipal. 18.00h. Concerto: Fórum Metropolitano, 20.00h.
Sábado 19: VIMIANZO
Obradoiro: Telecentro, Centro Social. 18.00h. Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.
Domingo 20: SANTA COMBA
Obradoiro: Telecentro, Centro Multiusos. 18.00h. Concerto: Centro Multiusos, 20.00h.
(Por certo, aquí podedes del a entrevista a The Brosas, un grupazo, e aquí escoitarlles dous temas).
Despois dun par de semanas de folganza, collemos carreira para o tramo final de Detrás da canción, á que lle quedan quince concertos. Esta fin de semana estaremos na Coruña, en Vimianzo e en Santa Comba. O que queda de calendario pódese ver na web da xira. Estamos pensando en facer unha especie de despedida acústica ao remate da experiencia, así que a ver o que argallamos.
Venres 18: A CORUÑA
Obradoiro: Telecentro, Biblioteca Municipal. 18.00h. Concerto: Fórum Metropolitano, 20.00h.
Sábado 19: VIMIANZO
Obradoiro: Telecentro, Centro Social. 18.00h. Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.
Domingo 20: SANTA COMBA
Obradoiro: Telecentro, Centro Multiusos. 18.00h. Concerto: Centro Multiusos, 20.00h.
O Ruta 66 ten a xentileza de dedicarnos nada menos que UNHA PÁXINA ENTEIRA da súa sección ‘Encuentros’ no número do mes de marzo!!!!!!! Carlos Rego (outra vez, moitísimas gracias!) entrevístanos a conta da Cuarta potencia. Unha gran alegría!