You are currently browsing the monthly archive for Agosto 2008.

A canción Planeta 19, do noso amigo e admirado Boy Elliott e os seus Plastic Bags, foi seleccionada polo xurado de Apolghit (que este ano contaba con importantísimos xuíces como Rasto Mejillas) para representar a Galicia no Festival Europeo de Linguas Minorizadas Liet Lavlut, que se vai celebrar o 18 de outubro en Laponia (donde hace frío pero yo me río). E que queredes que vos digamos, iso fainos moi felices, porque aos Plastic Bags adorámolos, e porque o merecen, como tamén o merecían este ano os Royalties, Projecto Mourente, QuantRoger de Flor, o Zimmer 103, etcétera. Desexámoslle moita sorte a Dani e compañía, e aproveitamos para recordarlles que se precisan dalgún carriñista experto para ir ata alá do cabo do mundo, aquí nos teñen, hehehehe…

Ah, que marchamos a Ribadeo e a Mosteiro!

ven 22 ago, Ribadeo + Siniestro Total + Cornelius

sab 23 ago, Dolorock (Mosteiro, Meis) + Vestusta Morla + Lagartija Nick + Catpeople + X-Wife

 

The Homens na Domus da Coruña

The Homens na Domus da Coruña

Advertisements

Mmm, que chulo foi onte o da Coruña! Mola tocar antes de cear, mola ver ben a toda a xente para a que tocas (nesta ocasión, sentada nas escalinatas da Domus), e mola que, ao darse a volta para mirar aos outros homens, un se atope co mar de fronte. Moitas gracias a todos os que estivestes alá; espero que o pasásedes como mínimo a metade de ben que nós!

(Por certo, se tedes fotos do concerto, enviádenolas, por favor, a thehomens@gmail.com . Nós, coma case sempre, esquecimos a cámara na casa…).

Agora tocan Ribadeo e Mosteiro!

ven 22 ago, Ribadeo + Siniestro Total + Cornelius

sab 23 ago, Dolorock (Mosteiro, Meis) + Vestusta Morla + Lagartija Nick + Catpeople + X-Wife

Por certo, é ab-so-lu-ta-men-te ineludible a cita desta fin de semana co Artenativa de Valga. O venres (hoxe) teñen un pedazo de programa (Blows, Franc3s, Austria e Mequetrefe), pero é que o do sábado (Projecto Mourente, Niño y Pistola, Nadadora, Fanny+Alexander, Yoplay e pedazo dilleis) non hai quen o supere. Impresionante! E ademais os do Artenativa son moi bos chavales, cumplidores, aseados e boa xente… Alí nos vemos!

Vaia, levamos mes e pouco fóra de circulación e xa parece que hai anos que non nos vemos… Para curarnos da distancia, o xoves comezan as nosas citas de verán, cun concerto nas escalinatas da Domus da Coruña, que está en festas. Vémonos alí, ou?

The Homens

Escalinatas da Domus, A Coruña

Xoves 7 de agosto. 20.00 horas