You are currently browsing the monthly archive for Marzo 2008.

Tendo en conta que un dos pasatempos favoritos de servidor (Wu) é fozar na wikipedia saltando dun artigo a outro, isto é toda unha honra. Gracias a quen corresponda!

Mmm, non sabedes as ganas que temos de que empece o próximo trimestre no calendario dos Homens… Non é só que o Patroni o afronte con un ano máis na súa conta (hoxe é o seu aniversario, podedes felicitalo máis abaixo), nin que servidor (Wu) vaia pasar unha presunta fronteira psicolóxica, nin que vaiamos pasar na estrada practicamente todas as fins de semana, nin que teñamos xa o single compartido cos nosos admiradísimos Samesugas. Estou convencido de que entre abril e xuño nos van pasar unhas cantas cousas ben bonitas: volveremos a tocar en Compostela, faremos algunha colaboración curiosa, sairá (aleluia) o videoclip, conduciremos a carriña polas autobahn, tentaremos traer de visita (aínda que sexa arrastro) a grandes amigos e andaremos liados coma sempre axudando a preparar o Rock en Costa 2008.

Que cansado é o rocanrol…

Unha das persoas que máis admiramos no Mundo Mundial, o noso querido Carlos Valcárcel, tamén coñecido coma Projecto Mourente, acábanos de facer este precioso agasallo. Trátase da súa visión do noso Non podo máis, e como ven ocorrendo últimamente, a versión é mellor que o orixinal. Estade atentos porque Mourente está rematando a gravación do seu segundo disco e aseguramos que vades flipar.

mourente_reprise.png

Isto de ser músicos chatolas ten como inconveniente que, cando o traballo de verdade che come o tempo, o resto, como por exemplo este blog, ten que esperar… Tedes que disculparnos por esta escaseza de novas: non é que non pasasen cousas, é que non tivemos tempo de contalas!

Por exemplo, de contarvos que hai un par de semanas saíu á rúa o single que compartimos cos nosos irmáns Samesugas, laranxa coma unha… laranxa (!) e ben bonito co seu deseño tarantiniano. Edítano a medias Crack Records, de Barcelona, e a mítica e revivida Lixo Urbano, de Santiago DC. Na web de Lixo podedes escoitar dous dos catro temas: os Same fan unha canción nova (e psicodélica e preciosa!) e unha versión do noso Desaparece, e nós poñemos a inédita Nada que aproveitar e destrozámoslles o seu Sad and lonely (rebautizado como Sara e Loli, non vos digo máis).

O artiluxio custa 6 euretes de nada, e en breve vos contaremos dalgún festexo co que queremos saudar o seu nacemento.

1204486795_f.jpg
(Sabas coloradas non incluídas; son do ajuar do baixista de The Homens).
Por outra parte, velaquí van uns vídeos do youtube ben curiosos.

– Unha entrevista que nos fai Bocixa para A Nosa Terra TV, todos suados despois de tocar na Mardi Gras. Gracias!

– Non podo máis e a entrega da auténtica Nécora d’Ouro a Roi The Trutti Boy no Run Rum de Ferrol. Algún día contaremos como este infeliz marisco xerou graves tensións internas na banda.

Sandra Dee como Original Soundtrack do partido de solteiras contra casadas de Mugardos. The Homens cos deportes de verdade.

 

 

Esta fin de semana volvemos á carriña, esta vez para tocar por primeira vez en Ponteareas, terra que deu voces tan míticas coma a de Terio Carrera. Vémonos no Salón Parroquial!

The Homens

Salón Parroquial, Ponteareas

Sábado 15 de marzo. 00.00 horas