Mmm, non sabedes as ganas que temos de que empece o próximo trimestre no calendario dos Homens… Non é só que o Patroni o afronte con un ano máis na súa conta (hoxe é o seu aniversario, podedes felicitalo máis abaixo), nin que servidor (Wu) vaia pasar unha presunta fronteira psicolóxica, nin que vaiamos pasar na estrada practicamente todas as fins de semana, nin que teñamos xa o single compartido cos nosos admiradísimos Samesugas. Estou convencido de que entre abril e xuño nos van pasar unhas cantas cousas ben bonitas: volveremos a tocar en Compostela, faremos algunha colaboración curiosa, sairá (aleluia) o videoclip, conduciremos a carriña polas autobahn, tentaremos traer de visita (aínda que sexa arrastro) a grandes amigos e andaremos liados coma sempre axudando a preparar o Rock en Costa 2008.

Que cansado é o rocanrol…