You are currently browsing the monthly archive for Febreiro 2008.

1143541502_f.jpg

Despois de esquilmar o couto troiteiro do Tambre, Roi muda hoxe de capullo a ninfa, de niña a mujer, e pasa a mellor vida (ou esa é a intención). Como o queremos moito e xa desistimos de facerlle mobbing (pasa mazo, é imperturbable), queremos celebralo regalándolle FIN DE SEMANA FANTÁSTICA!!!!!! Unídevos, que o merece!

Venres, 29 de febreiro. Sala Clavicémbalo, LUGO. 00.00 h.
THE HOMENS presentan Tres

Sábado, 1 de marzo. Sala DZine. SAN SADURNIÑO. 22.30h.
THE HOMENS Con Boy Elliott and the Plastic Bags e La Cooperativa Pinchadiscos. Con conexións en directo co programa da Radio Galega Máis berberechos

E ademais ESTREAMOS SINGLE COMPARTIDO COS SAMESUGAS! Máis información en próximos capítulos…

 

Andamos a mil, asi que nos dá pouco tempo a actualizar o blog. E iso que cousas hai que contar, como o ben que o pasamos o sábado en Ourense -con Martin Wu e Cao da Molinera en plan Starsky e Hutch carriñistas e un concerto ben divertido no Auriense, gracias mil-, a compra dunha guitarra quebequesa, a infructuosa caza da Vistalite e outras historietas. Pero non nos dá tempo!!!

Conformámonos, polo tanto, con dicirvos cales son os próximos concertos que temos na axenda, así xa vos contamos o que faga falta en directo.

Venres, 29 de febreiro. Sala Clavicémbalo, LUGO.

Sábado, 1 de marzo. Sala DZine. SAN SADURNIÑO. Con Boy Elliott and the Plastic Bags, vivaaaaaa!

… e listos para a próxima, que vén sendo o sábado que vén no Café Cultural Auriense, na nosa adorada Ourense.

Patillas city, there we go again!!!

The Homens

Café Cultural Auriense, Ourense

Sábado 16 de febreiro. 21.00 horas.

 

E os que quededes por Santiago D.C. esta finde, xa sabedes que ás 21.00, de balde e no Centro Social do Castiñeiriño, tedes un novo Concerto Xurásico, esta vez cos fantásticos Royalties e con Uxío Mayo.