You are currently browsing the monthly archive for Xullo 2009.

Fuerza bien: Expresión habitual dos irmáns Santi e Víctor García, tradución directa do catalán “força be”, e que vén significar ‘bastante ben’.

Algunhas das novas cancións soarán mañá en Taragoña, no Festival Antros Pinos, onde estaremos con The Majestics, Yoplay e Machina.

Vémonos!

Festival Antros Pinos, Taragoña 1-8-09

Festival Antros Pinos, Taragoña 1-8-09

The Tiger

By William Blake
1757-1827

TIGER, tiger, burning bright
In the forests of the night,
What immortal hand or eye
Could frame thy fearful symmetry?

In what distant deeps or skies
Burnt the fire of thine eyes?
On what wings dare he aspire?
What the hand dare seize the fire?

And what shoulder and what art
Could twist the sinews of thy heart?
And when thy heart began to beat,
What dread hand and what dread feet?

What the hammer? what the chain?
In what furnace was thy brain?
What the anvil? What dread grasp
Dare its deadly terrors clasp?

When the stars threw down their spears,
And water’d heaven with their tears,
Did He smile His work to see?
Did He who made the lamb make thee?

Tiger, tiger, burning bright
In the forests of the night,
What immortal hand or eye
Dare frame thy fearful symmetry?

Tan nostálxicos xa que algúns estamos escoitando o Mediterráneo de Serrat, estamos de volta, aínda que nos pese. O sábado demos o noso concerto número 100 en Neda, xunto co cantautor Andrés Suárez e cos Combo Dinamo (son boísimos!!!), baixo unha xeada do copón e co escenario e os amplificadores encharcados pola humidade. Estivo ben volver atoparse co escenario despois de dous meses e medio; o sábado que vén estaremos en Taragoña, no festival Antros Pinos, que nos fai moitísima ilusión, e penso que o 5 de setembro tocaremos en Santiago DC, nas festas da rúa de Baixo, nos Basquiños. Xa vos iremos contando.

En canto ao que nos leva ocupando meses, e especialmente as dúas últimas semanas, o disco, a cousa está repousando. Levedando, máis ben. En nove días, ese monstro que é Santi García gravounos catorce temas cunha sección rítmica que che fai saltar as tripas e unhas guitarras tumbamuros que un flipa só de recordalas. As voces quedaron feitas tamén, a algúns pianos; Cristovo volverá a mediados de agosto para rematar con hammonds, farfisas e demais teclismos, e Santi botará despois os polvos máxicos para rematar as cancións. Se lle ves a folla na que anota o que se lle vai ocorrendo para ambientar cada canción alucinas, porque escribe ‘tímpani’, ‘magneto’, ’12 cuerdas’ ou ‘veu noia’ e só podes pensar que vai quedar xenial. De Sant Feliu de Guíxols non trouxemos nin sequera unha premestura; mellor esperamos a que o asunto vaia decantando, non? Os vídeos poden verse aínda no Ustream; falaron do asunto, por exemplo, aquí, aquí e aquí.

Asunto aparte son eses días que pasamos (algúns máis que outros) na Costa Brava, que nos dan a vida. O momento culminante foi, sen dúbida, a pulpada coa que se coroou Xocas como Patrón en xefe. Quince polbos cociñou no chalet-castell de Joan na praia de Sant Pol. A festaca tivo concerto dos fantásticos We Can’t Be Lovers e intervención etílica dos Homens ata a chegada da policía municipal, e rematou con baño por inmersión no Mediterráneo. O mellor é que estaban todos, ata trinta ganxós que para nós son amigos para sempre.

O que nos tarda volver, nois.

En breve, fotos, vídeos e máis detalles.

Con resaca post pulpada e todo (por que credes que hoxe non houbo Ustream?), quedaron rematadas as voces de Wu, e case todas as de Roi! O disco vai ser un pepinazo de la ostia, e está collendo un punto ochenteiro moi curioso. Seguro que cando entren os teclados, que terá que vir gravar Cristovo a terceira semana de agosto, aínda vai tirar máis pola vía que vai entre Eskorbuto e Nena. Se é que existe…

Mañá empacamos todo e marchamos para Galicia, que o sábado tocamos en Neda con Combo Dinamo e Andrés Suárez. Volvemos outra vez namorados da Costa Brava, o mellor lugar que se nos ocorre do mundo. Volveremos en agosto a rematar o choio e a molestar a Santi mentres mestura e engade eses arranxos que só el sabe facer. Eres el mejor, man.

Xa levamos a metade das voces! Con todo, oitavo día de gravación non será recordado por iso, senón pola espectacular pulpada que se marcou o Patrón no chalet de Joan, en plena praia de Sant Pol, con concerto dos We can’t be lovers (gracias, Agus e compañía!) e masacre de cancións de The Homens. Menos mal que a policía municipal de Sant Feliu chegou ás once para cortar o tema, xusto cando estabamos empezando a dar pena…

Hoxe máis voces e algunha siesta, que fai falta!

Perdoade de novo o retraso. Entre o luns e o martes (e un cachiño desta mañá de mércores) pensamos ter rematadas as guitarras do disco, que están quedando bastante extremas. Basta só con dicir que para tocalas Wu empregou un Vox AC30, un Twin Reverb silverface feito cisco, un Hiwatt, un Marshall plexi, unha SG, unha Telecaster, unha Gibson 333, unha Rickenbacker e unha Martin acústica. En fin, un mazaroco que guitarras que ata a nós nos asusta, pero que tumba de potencia.

Agora toca empezar a cantar, e corre présa, porque esta noite celebraremos a xa tradicional pulpada preparada por Xocas, esta vez co mellor chalet-castell de todo Sant Feliu como escenario. Van flipar.

Seguimos co rollo do Ustream, emitindo en directo. O outro día fixeron unha reportaxe sobre o tema en Galicia Hoxe. Merci.

Perdón polo retraso.

Como poderiades ver na xa popular The Homens TV (que non The Homens en Popular TV), a semana rematou coa batería e os baixos feitos. Roi namorou dun mustang que lle prestou Santi para facer as cancións máis soul do disco, e promete (prométeme a min, Wu, que non chego ata luns e estou doente por escoitar) que o que vai gravado ata agora soa a pepinazo inmenso. Viva o punk!

Tiger (sobrenome xa oficial de Cristovo) empezou tamén a súa faena. De momento gravou os pianos, cun aparello de parede do ano da castaña. Entretanto, o Patrón lograba entrar nos arquivos das triunfadas mundiais ao saber que a pulpada que fará a próxima semana vai levarse a cabo nun chalet-castelo na praia de Sant Pol, se todo vai ben. O domingo voará a Barcelona servidor, cunhas ganas tolas de empezar a gravar guitarras. Debe ser que levamos dous meses e medio sen pisar o escenario que me pide o corpo chicharrón e Hiwatt en vena. É o que ten o pop extremo.

Boa fin de semana e gracias por soportarnos (thanks for supporting us).

Empurrón á gravación: hoxe quedaron listas as baterías e empezamos co baixo. A pulpada da semana que vén promete ser nun castelo (xa será menos), Cristovao xa se incorporou ao grupo de produción e Wu segue espiando a través das conexións polo Ustream.

Mañá máis (baixos e teclados) e máis bonito.

Seguimos nas mesmas: The Homens TV está a punto de converterse na televisión máis aburrida do planeta (máis que Telecinco sen Evaristo Meixide, ese produto), Xocas anda gravando baterías e Santi García fai todo o posible por que o resuultado sexa perfecto, que o vai ser. Mentres, se todo vai ben, Cristovo voa para Barcelona, onde os dous homens xa expatriados irán buscalo. O traballo vai cun pouco de retraso, pero é por ben. Seguro.

Mañá pola mañá, máis gravación en directo a través de Ustream. No que xa hai gardado podedes ver a magnífica colección de guitarras de Santi, escoitar horribles chistes do baixista e aprender como se organiza unha macropulpada. Lástima que ese día non vaia haber wifi. Por favor que non a haxa.