You are currently browsing the monthly archive for Agosto 2009.

O noso próximo disco vai quedar practicamente listo nesta semana, e non só porque xa teñamos máis ou menos decidido o nome e a imaxe e por que xa saibamos como o imos editar, e demais traballos subterráneos. Desde hoxe, Cristovo está de novo en Sant Feliu de Guíxols gravando (sen Ustream polo medio, era moito lío) o que queda de música; no seu primeiro día de farfiseo deulle unha boa dentada aos temas, e mañá rematará a media ducia que lle quedan. Despois, o máster Santi García porase ás mesturas e engadirá a maxia que el lle sabe dar aos discos. É de esperar que, se todo sae ben, o asunto estea listo alá por novembro.

O resto, desde a casa, rajamos do de sempre.

O sábado 5 de setembro tocamos nas festas da rúa de Baixo, en Santiago DC.

Hai ganas!

cartaz 2009(2)

Non estamos desaparecidos, non. Simplemente andamos un pouco de vacacións e outro pouco traballando, montando un repertorio novo (xa case está, agora hai que saber tocalo), acabando coa gravación do disco (para a semana van os detalles de calidade de Cristovao e de Santi García) e pensando na portada e demais historias para envolver as cancións.

Non cambien de canal!

Lendo cousas como esta, a un quédalle pena de que o do outro día de Springsteen no Monte do Gozo non acabase en plan Heysel. Claro que despois se arrepinte.

Puta cidade de paletos

Na horrible tenda de discos dun centro comercial de DC, mentres soa I can see for miles dos Who, un dependente a un vello:

-…y aquí tiene su cedé con el himno de la Legión.

Si si, cazados polo radar da Guardia Civil, o outro día camiño de Neda… Agora mesmo vou aboar os 70 euracos!

Cazados polo radar

Cazados polo radar

O soño de calquera hardcoreta (porque iso nunca se deixa de ser) é o que nós chamamos “facer a de Fugazi“, que é, tal e como aparece na entrada XV do noso Vocabulario Urxente do Rocanrol, tocar a pelo, como dicía o abuelo, sen repertorio anotado nin nada que se lle pareza. Nós, que somos bastante pouco disciplinados, estivemos bastantes veces a un par de minutos de ter que facelo. Esquecernos da folla na que anotamos as cancións é bastante habitual; bon é que nunca nos deixásemos na casa as camisetas de raias, que todo pode pasar. As máis próximas a tocar a pelo foron actuacións nas que, no último minuto, aparecía unha servilleta con algunhas cancións anotadas, e un de nós ía berrándolles aos demais o que ía xusto despois. En Neda, hai uns días, chegamos a anotar o listado nas blondas das empanadas que a organización amablemente nos dispuxera para cear.

Todo isto vén a conta de que, despois de case dous anos de uso e abuso, o noso repertorio vello e clásico vai pasar á historia. É dicir, queridos amigos que nos levades seguindo durante varios concertos, que o noso típico sota-cabalo-rei acabou; no próximo concerto (creo que é en DC o 5 de setembro, confirmarémosvolo) teremos moitas cancións novas, ordenadas de distinto xeito, tocadas con folgos (e pedais!) renovados, e adornadas con chistes distintos (isto último urxía, si…). Seguro que nos sae peor, pero vai ser máis divertido.

Ou iso esperamos!

Repertorios

Repertorios

Facer a de Fugazi: Tocar todo un concerto sen ter o repertorio nin escrito nin decidido, tal e como fan os máis grandes, guiándose unicamente pola química entre os músicos do grupo.

Coros del tontico. Mestura perfecta dos ‘coros Cobretti’ e dos ‘coros de Borjita’, refírese aos coros realizados con moitash eshesh e vocecilla anxelical. A expresión vén da famosa canción ‘Es el lirio y la rosa’.

Máis información aquí. Ieha!

Aquí vai un pequeno reconto fotográfico da nosa actuación no fantástico Festival Antros Pinos 2009, o sábado pasado en Taragoña. Ok, a montaxe é da cutrez habitual cando as faigo eu (Wu), pero é que nin son profesional nin dou para máis. As fotos fíxoas Aitor Rivas von Tübingen con moita moral (eran as 4 da mañá) e unha cámara (miña) que non lle deu demasiada chance. Gracias pola paciencia, man! E gracias tamén a Iago, a Katia, a Alberte, a Themis, a Pedro e a Mario, que aguantaron ata as mil para vernos, á organización, que nos deu uns mexillóns e un churrasco antolóxicos, e á xente de San Valentín, que aparece onde un menos o espera!

Ah, para quen, coma os de San Valentín, nos veu varias veces desde que apareceu Tres: prometemos ensaiar as cancións novas e, a partir de setembro, renovar o repertorio, que xa está algo sobado. Recoñecemos que ás veces nos sentimos tentados a preguntarvos que canción ía despois, porque seguro que o sabíades mellor que nós…

The Homens no Festival Antros Pinos. Taragoña, 1-8-09

The Homens no Festival Antros Pinos. Taragoña, 1-8-09

(Si si, o que canta Non poido máis con tal estilo e O Artista Anteriormente Coñecido Como O Leo, agora En-Riquinho…)