O noso próximo disco vai quedar practicamente listo nesta semana, e non só porque xa teñamos máis ou menos decidido o nome e a imaxe e por que xa saibamos como o imos editar, e demais traballos subterráneos. Desde hoxe, Cristovo está de novo en Sant Feliu de Guíxols gravando (sen Ustream polo medio, era moito lío) o que queda de música; no seu primeiro día de farfiseo deulle unha boa dentada aos temas, e mañá rematará a media ducia que lle quedan. Despois, o máster Santi García porase ás mesturas e engadirá a maxia que el lle sabe dar aos discos. É de esperar que, se todo sae ben, o asunto estea listo alá por novembro.

O resto, desde a casa, rajamos do de sempre.