Aquí vai un pequeno reconto fotográfico da nosa actuación no fantástico Festival Antros Pinos 2009, o sábado pasado en Taragoña. Ok, a montaxe é da cutrez habitual cando as faigo eu (Wu), pero é que nin son profesional nin dou para máis. As fotos fíxoas Aitor Rivas von Tübingen con moita moral (eran as 4 da mañá) e unha cámara (miña) que non lle deu demasiada chance. Gracias pola paciencia, man! E gracias tamén a Iago, a Katia, a Alberte, a Themis, a Pedro e a Mario, que aguantaron ata as mil para vernos, á organización, que nos deu uns mexillóns e un churrasco antolóxicos, e á xente de San Valentín, que aparece onde un menos o espera!

Ah, para quen, coma os de San Valentín, nos veu varias veces desde que apareceu Tres: prometemos ensaiar as cancións novas e, a partir de setembro, renovar o repertorio, que xa está algo sobado. Recoñecemos que ás veces nos sentimos tentados a preguntarvos que canción ía despois, porque seguro que o sabíades mellor que nós…

The Homens no Festival Antros Pinos. Taragoña, 1-8-09

The Homens no Festival Antros Pinos. Taragoña, 1-8-09

(Si si, o que canta Non poido máis con tal estilo e O Artista Anteriormente Coñecido Como O Leo, agora En-Riquinho…)