Isto de ser músicos chatolas ten como inconveniente que, cando o traballo de verdade che come o tempo, o resto, como por exemplo este blog, ten que esperar… Tedes que disculparnos por esta escaseza de novas: non é que non pasasen cousas, é que non tivemos tempo de contalas!

Por exemplo, de contarvos que hai un par de semanas saíu á rúa o single que compartimos cos nosos irmáns Samesugas, laranxa coma unha… laranxa (!) e ben bonito co seu deseño tarantiniano. Edítano a medias Crack Records, de Barcelona, e a mítica e revivida Lixo Urbano, de Santiago DC. Na web de Lixo podedes escoitar dous dos catro temas: os Same fan unha canción nova (e psicodélica e preciosa!) e unha versión do noso Desaparece, e nós poñemos a inédita Nada que aproveitar e destrozámoslles o seu Sad and lonely (rebautizado como Sara e Loli, non vos digo máis).

O artiluxio custa 6 euretes de nada, e en breve vos contaremos dalgún festexo co que queremos saudar o seu nacemento.

1204486795_f.jpg
(Sabas coloradas non incluídas; son do ajuar do baixista de The Homens).
Por outra parte, velaquí van uns vídeos do youtube ben curiosos.

– Unha entrevista que nos fai Bocixa para A Nosa Terra TV, todos suados despois de tocar na Mardi Gras. Gracias!

– Non podo máis e a entrega da auténtica Nécora d’Ouro a Roi The Trutti Boy no Run Rum de Ferrol. Algún día contaremos como este infeliz marisco xerou graves tensións internas na banda.

Sandra Dee como Original Soundtrack do partido de solteiras contra casadas de Mugardos. The Homens cos deportes de verdade.

 

 

Advertisements