Vaia, por fin unha foto na que se nos ve en Formación Diamante… Foi tomada o 27 de setembro en Corcubión, nas festas das Mercedes. Agora mesmo andamos os catro facendo cancións novas, iso que os pedantes chaman “compoñer”, que a min me soa ao que facía o compoñedor de San Román coas vértebras, as pernas e as ‘paletillas’, sexa o que sexa iso. Estamos nese momento do proceso no que as músicas teñen nomes ridículos como Niuniuniu (porque o teclado soa así), Me cagon teu pai (recentemente rebautizada, por fortuna, como A liña verde), Reverb (porque a guitarra leva ídem) ou Chafullas (porque de momento tocámola chafulleiramente). Algunhas han poder oírse (é de supoñer que máis completas) o día 19 de novembro, no Ultramarinos de Santiago DC. Alguén se apunta?

(Ah, aqueles tempos dos Fame Neghra, nos que as cancións empezaban chamándose Pon o garsé ou René Ponk e acababan sendo Nom significa nom ou Airgamboy…)

The Homens en Corcubión

The Homens en Corcubión