Como unha vez que se toma carreira xa non se pode parar, aquí van unha novidade que vai facer que o bolo do venres 6 na sala 600 de Melide se convirta nunha festa por todo o alto: se nada se torce, hanos de acompañar no cartel o Projecto Mourente ao completo!Ademais, esa mesma fin de semana temos pensado ir ao estudio de Tomás Ageitos a facer unhas demos cos temas que manexamos ata agora, para escoitarnos e comernos un pouco a cabeza, que falta nos fai.

O que vén xusto despois tamén ten boa pinta: contannos os Samesugas, que estiveron o sábado pasado no concerto de Galiza non se vende na okupa das Atochas da Coruña, que a resposta da xente resultou xenial e o ambiente foi perfecto. Parabéns!

Do que pasou o xoves na Nasa podedes ter algunha idea botándolle un ollo aos vídeos que LeRoi colgou no youtube, aquí e aquí (gracias por gravarnos, Laura!), nos que se ven e se escoitan cancións moi novas e moi vellas. Desde logo, e pese ao vendaval (ao día seguinte sería moito peor, pero o xoves xa apuntaba maneiras), creo que na platea se pasou ben, e no escenario desde logo que foi divertido… Para quen nunca vise a Kimuru en directo, que o faiga, merece moito a pena!

O PRÓXIMO:

6 febreiro 2009 (ven): Sala 600, Melide. 00:30h.

OS DE MÁIS ALÁ:

15 de febreiro 2009 (dom): Sala Nasa, Santiago DC. En principio con Os da Ria, Quempallou e Dakídarria, organizado pola plataforma Galiza non se vende.

27 febreiro 2009 (ven): El Ensanche, Vigo. 23:00h.

6 marzo 2009 (ven): Sant Feliu de Guíxols, lugar e hora por confirmar. Con Samesugas.

7 marzo 2009 (sab): La2, Barcelona. Con Samesugas. 22.00h.

21 marzo 2009 (sab): Babel, Lugo. 23:30h.

5 abril 2009 (dom): Aturuxo, Bueu. 21.30h.

17 abril 2009 (ven): Liceum, Porriño. 23.00h.

30 Abril 2009 (xoves): Fábrica de Chocolate, Vigo, 22.00h.