Os lectores do Xornal de Galicia consideraron que o noso Tres foi o mellor disco do 2008. Gracias a miles!!! Podedes ver a reportaxe no suplemento Exit picando aquí.

Xa pensando no 2009, non se pode dicir que non choiemos. O xoves 22 deste mes vai haber na sala Nasa de Santiago DC un concerto solidario con Lydia Cacho, unha xornalista mexicana perseguida por mafiosos e políticos (juntos de la manooo se les ve por el jardíiiiinnnn…) por denunciar as tramas de pederastia e pornografía infantil no seu país. Isto é o que di a nota da organización:

“Un grupo de avogados internacionalistas levarán o caso de Lydia Cacho, xornalista e escritora mexicana, diante do Tribunal Internacional de La Haya en febreiro do 2009. Ela será a primeira persoa a quen a Fundación Lydia Cacho apoie na súa batalla legal contra un Gobernador e un empresario que pactaron a súa detención ilegal e a súa violación a cambio de dúas botellas de brandy. O seu delito: ter denunciado unha rede de pederastas con empresarios e políticos mexicanos implicados. A súa vida hoxe aínda corre perigo”.

“Axúdanos a financiar a súa defensa. O traballo de quen se arrisca para informar de asuntos infames cómpre ser defendido. A FLC dá apoio económico e legal a persoas e colectivos que tras denunciar delitos de corrupción e impunidade contra dereitos humanos, son ameazados e as súas vidas corren perigo”.

Naturalmente, nós habemos estar, tocando, claro, e tamén The Ellas, Kimuru e Quico Cadaval. Máis información sobre o concerto, entradas e demais aquí.

22 de xaneiro 2009 (xov): Sala Nasa, Santiago D.C. 21.30h. Concerto solidario con Lydia Cacho. Con The Ellas, Kimuru e Quico Cadaval.

6 febreiro 2009 (ven): Sala 600, Melide. 00:30h.
15 de febreiro 2009 (dom): Sala Nasa, Santiago DC. En principio con Os da Ria, Quempallou e Dakídarria, organizado pola plataforma Galiza non se vende.
27 febreiro 2009 (ven): El Ensanche, Vigo. 23:00h.
7 marzo 2009 (sab): La2, Barcelona. Con Samesugas. 22.00h.
21 marzo 2009 (sab): Babel, Lugo. 23:30h.
5 abril 2009 (dom): Aturuxo, Bueu. 21.30h.
17 abril 2009 (ven): Liceum, Porriño. 23.00h.
30 Abril 2009 (xoves): Fábrica de Chocolate, Vigo, 22.00h.

La bola que a todo el mundo le molaaarl...

(A foto, tomada en novembro no Ultramarinos, é mangada do Facebook do grupo, vía Keko).