Perdoade a falta de noticias; nada máis aterramos (de milagro, o pollo dos controladores cazounos nada máis saír do avión) de Varsovia, xa nos puxemos coa semana fantástica de Detrás da canción, a saber: onte luns estivemos en Chantada, hoxe en Sarria (desde onde escribo) e mañá en Quiroga. O xoves libramos, e venres, sábado e domingo pasaremos por Ourense, O Carballiño e Celanova, respectivamente.

Temos gana de contarvos moitas cousas da nosa viaxe a Polonia, e agora mesmo pouco tempo. Quede apuntado xa o noso agradecemento eterno a Ana Garrido, lectora de galego na Universidade de Varsovia, sen quen nunca teriamos chegado tan lonxe, no xeográfico e no figurado. E tamén a nosa admiración por xente coma Abel, vigués-polaco que en tres meses sairá en chancletas á neve; ou Ana Somoza, a anterior lectora, que nos subiu ao pico mesmo do Palacio das Artes e das Ciencias (a casa da cultura da Diputación de Varsovia); ou Tomek, Aitor e toda a xente que coñecimos e que tivo o valor para vir vernos ao Saturator nunha noite de tranvías avariados, metro de neve e 20 graos baixo cero no exterior.

En breve, fotos e historias (esperamos).

Ah! Xa tedes Tea party, o primeiro EP de L’Uomo di Gomma, no Bandcamp. Enjoy!