Aínda que ao final tivemos que ceder á presión popular e tocar dúas ou tres cancións nosas, o noso quinto aniversario foi moi chulo. Presta facer por unha vez cancións realmente boas, das que escoitas no coche cando vas pola autovía, destrozar clásicos sen vergoña e cantar en wachu wachu sen demasiados complexos. Presta ademais compartir escenario coa xente que para nós é importante (Xesús, Tomás, Carlos), e poñer as cousas de novo en perspectiva. Tamén presta perder un par de quilos por concerto vía suor, cousa que xa se está convertendo nun clásico.

Moitas gracias a todos os que viñestes o xoves ás Crechas; erades ben máis dos que esperabamos! Aquí abaixo van unhas fotos que fixo Ana; polo Facebook atoparedes máis.

Outras cantas cousas, antes de que se nos esquezan:

– A fin de semana pasada saíron os amigos dos Bang 74 na prensa, retratados na súa actuación en Liverpool, na Cavern beatlemaníaca. Parabéns, cracks!

– O sábado que vén celébrase en DC o mellor festival do ano, o Rock en Costa 2010. Desta vez van estar Foggy Mental Breakdown (si, están de volta!), Skarmento, Born a Lion e Los Chavales. Tedes máis info aquí e aquí. Miley Cyrus quería vir gratis, pero os de Rock in Río (o festival de rock para toda a familia) pedíronlle exclusividade; outra vez será Miley.

– O día 25 de xuño estaremos tocando nas festas de San Pedro, en DC. Alí nos vemos.

Advertisements