De balde e de luxo, coma sempre, o sábado que vén chega o Rock en Costa 2010. Con esta levamos xa nove edicións, e para esta o cartel é tan atractivo coma sempre: o regreso dos Foggy Mental Breakdown, o rock blueseiro dos portugueses Born a Lion,  os lalinenses Skarmento e o seu punk clásico e os divertidísimos Los Chavales tocarán no Centro Social do Castiñeiriño, en Santiago DC, a partir das 22 horas. Este ano o festival que organizamos na Asociación Xurásica vai ser na cancha de básquet que hai fronte ao edificio (non vos preocupedes por se chove, hai carpa).

Alí estaremos!

ROCK EN COSTA 2010

FOGGY MENTAL BREAKDOWN
BORN A LION
SKARMENTO
LOS CHAVALES

Sábado 12 de xuño. Centro Socio Cultural Agustín Bueno do Castiñeiriño, Compostela
Desde as 21.00h. Entrada de balde
myspace.com/rockencostafestival
www.xurasica.com