Aquí estamos en V Televisión, compartindo programa cos máis grandes. Gracias, Xurxo e demais xente!
O sábado facemos parada en Catoira, no noso último chou ata setembro, se nada o remedia
Tocamos ás 23.00h no Vikinsons, na estación de tren. Despois vai Jabón Blue e unha discoteca móbil.
Cachas (temblor de): Sinal inequívoco que que o amplificador está ao volume correcto.
Perniñas (temblor de): Sinal inequívoco que de que o monitor está ao volume que debe estar.
Pois iso, que o venres se presenta Come on, Pelegrín, o disco que xunta 24 bandas de DC, entre elas nós. O evento celébrase na sala Moon ás 22h, con concerto do Pito de Pikasso e de Metralletas Lecheras e pinchada de Plástico Elástico DJ, outro clásico compostelán felizmente recuperado agora en Radio Kalimera. Marga Tojo, sempre atenta, fixo esta estupenda reportaxe sobre a compilación.
O día 31, sábado, tocamos para os vikingos en Catoira, xa vos contaremos.
Carlangas, de Novedades Carminha, Julián Sobrino e o blog Pista Oculta van editar en breve o recopilatorio Come on, Pelegrín, co máis granado do rocanrol de DC dos últimos anos. O artiluxio preséntase o próximo día 23 na sala Moon compostelá, con concerto do Pito de Pikasso e de Metralletas Lecheras, e unha pinchada de Shy Boy de Los Chavales; pagando os 6 euros da entrada conséguese tamén o disco, un clásico instantáneo no que temos a honra de participar aportando o noso ‘Tigre, tigre!’ (moitas gracias!!!). No disco aparecen tal montón de bandas amigas e irmás (Samesugas, Novedades Carminha, Royalties, Ruxe Ruxe…) que mellor que vexades o listado, impresionante, en Pista Oculta.
Se aparece isto por aí é que por fin, e despois dun mes, funciona a conexión entre WordPress e Facebook.
Si, seguimos vivos, aínda que nos coste
O venres que vén estaremos nas festas de San Pedro, en Santiago DC, con Moita Leria e A Tuna Rastafari. O asunto perpetrarase a partir das 22.00 horas na Porta do Camiño, e entre as probas e o concerto estaremos tomando uns refrescos e vendo o fúmbol.
Nas mesmas festas presentarase o Galeoke, un karaoke con cancións en galego no que temos a honra de participar, como se pode ver nesta demostración.
E picando aquí, o discazo de Fluzo, o novo proxecto do Jevi, absolutamente incrible. Fluzo está in the chousa…
Para acabar, dúas fotos roubadas por aí da nosa visita ao Colexio Martín Códax de Vigo.
De balde e de luxo, coma sempre, o sábado que vén chega o Rock en Costa 2010. Con esta levamos xa nove edicións, e para esta o cartel é tan atractivo coma sempre: o regreso dos Foggy Mental Breakdown, o rock blueseiro dos portugueses Born a Lion, os lalinenses Skarmento e o seu punk clásico e os divertidísimos Los Chavales tocarán no Centro Social do Castiñeiriño, en Santiago DC, a partir das 22 horas. Este ano o festival que organizamos na Asociación Xurásica vai ser na cancha de básquet que hai fronte ao edificio (non vos preocupedes por se chove, hai carpa).
Alí estaremos!
ROCK EN COSTA 2010
FOGGY MENTAL BREAKDOWN
BORN A LION
SKARMENTO
LOS CHAVALES
Sábado 12 de xuño. Centro Socio Cultural Agustín Bueno do Castiñeiriño, Compostela
Desde as 21.00h. Entrada de balde
myspace.com/rockencostafestival
www.xurasica.com
Aínda que ao final tivemos que ceder á presión popular e tocar dúas ou tres cancións nosas, o noso quinto aniversario foi moi chulo. Presta facer por unha vez cancións realmente boas, das que escoitas no coche cando vas pola autovía, destrozar clásicos sen vergoña e cantar en wachu wachu sen demasiados complexos. Presta ademais compartir escenario coa xente que para nós é importante (Xesús, Tomás, Carlos), e poñer as cousas de novo en perspectiva. Tamén presta perder un par de quilos por concerto vía suor, cousa que xa se está convertendo nun clásico.
Moitas gracias a todos os que viñestes o xoves ás Crechas; erades ben máis dos que esperabamos! Aquí abaixo van unhas fotos que fixo Ana; polo Facebook atoparedes máis.
Outras cantas cousas, antes de que se nos esquezan:
- A fin de semana pasada saíron os amigos dos Bang 74 na prensa, retratados na súa actuación en Liverpool, na Cavern beatlemaníaca. Parabéns, cracks!
- O sábado que vén celébrase en DC o mellor festival do ano, o Rock en Costa 2010. Desta vez van estar Foggy Mental Breakdown (si, están de volta!), Skarmento, Born a Lion e Los Chavales. Tedes máis info aquí e aquí. Miley Cyrus quería vir gratis, pero os de Rock in Río (o festival de rock para toda a familia) pedíronlle exclusividade; outra vez será Miley.
- O día 25 de xuño estaremos tocando nas festas de San Pedro, en DC. Alí nos vemos.









